El ciudadano solicitó información detallada sobre la contratación de títulos universitarios a la Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Alegó que la respuesta fue incompleta. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación porque la administración no proporcionó toda la información ni justificó adecuadamente las omisiones en su resolución inicial.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración no puede limitarse a remitir enlaces a la Plataforma de Contratos si la información solicitada no se encuentra íntegramente en dichos enlaces.
2
La falta de existencia de documentos (como los informes de laboratorios) debe ser expresamente comunicada al interesado en la resolución de acceso.
3
El trámite de audiencia a terceros y la ponderación de intereses para proteger datos personales o propiedad intelectual deben realizarse antes de resolver la solicitud de acceso.
4
La resolución de la administración fue insuficiente al no aclarar datos específicos sobre unidades facturadas y la inexistencia de mejoras ofertadas en ciertos periodos.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 16 de
abril de 2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. D. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 16/04/2019, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a resolución do 15 de abril
de 2019 da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se lle
concede acceso á información solicitada referente a títulos universitarios, pero non se lle da
acceso ao nº de títulos impresos en formato papel de unidades e importe facturado, n º de
unidade e importe facturado de suplementos europeas a títulos impresos en formato papel,
declaración responsable da empresa adxudicataria, outras melloras ofertadas (se procede) e
Informes encargados pola Administración a laboratorios especializados.
O reclamante indicaba que solicitou os datos dende o 1 de xaneiro de 2010 ao 31 de marzo
de 2019 e con data do 15 de abril de 2019, recibiu resolución de concesión de acceso á
información na que se recollen as ligazóns ao perfil do contratante de cada unha das licitacións
dende o 2010, pero non consta nada referente aos número de unidades e importe facturado
dos títulos impresos en formato papel, dos suplementos europeas a títulos impresos en
formato papel, da declaración responsable da empresa adxudicataria, outras melloras e
Informes encargados pola Administración a laboratorios especializados.
O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude e do seu DNI.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected]! www.comisiondatransparencia.ga1
Segundo. Con data 23 de abril de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada
do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 29 de abril de 2019
Terceiro. Con data 22 de Maio de 2019 a Consellería de Educación, Universidade e Formación
Profesional contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, a Consellería fai constar que a información que solicita o
reclamante está accesible a través das ligazóns que se lle facilitaron na resolución do 15 de
abril de 2019, que contén os datas necesarios para responder ás cuestións que suscita.
Respecto á información sobre o número de unidades e o importe facturado por títulos
impresos en formato papel e suplementos europeas a títulos impresos en formato papel,
precisa que ao tratarse dun contrato de subministración, a súa execución se produce coa
entrega e recepción da subministración e o pagamento do prezo, polo que a información que
está dispoñible nos apartados "Resolución" (de adxudicación) e "Formalización" (do contrato)
xunto coa dispoñible no apartado "Documentación" (cláusulas administrativas e condicións
técnicas) responden á cuestión solicitada polo interesado.
Unicamente debe aclararse en relación cos Suplementos Europeas ao Título (SET), que se
licitaron por primeira vez no ano 2016 se contrataron un total de 974 exemplares, dos que só
se recepcionaron 274 no ano 2018, debido a que non foi posible xestionar as correspondentes
propostas de títulos de ensinanzas artísticas que levan o suplemento.
Respecto das declaracións responsables e melloras ofertadas pola empresa adxudicataria
informa a Consellería que ata o ano 2016, ao concurso só se presentaba un único licitador,
polo que na valoración técnica non se tiñan en conta as posibles melloras ofertadas,
limitándose o informe técnico ao relativo ao cumprimento dos requisitos mínimos que
establece a normativa reguladora dos títulos. No ano 2016 e seguintes si se presentaron varias
licitadores, polo que se tiveron en conta as melloras ofertadas.
Respecto deste punto, con data do 16 de maio de 2019, a Consellería informa que concedeuse
un prazo de 15 días hábiles ás empresas adxudicatarias para que realicen as alegacións que
estimen oportunas en relación coa entrega ao solicitante da oferta técnica da súa empresa,
xa que esta pode estar protexida pola lexislación en materia de propiedade intelectual, para
logo da recepción das alegacións ou transcorrido o prazo concedido, realizarase a ponderación
sobre os intereses implicados e resolverase en consecuencia, polo que se solicita da Comisión
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
de Transparencia de Galicia a suspensión da tramitación do recurso, en tanto non se dispoña
de todas as alegacións e se realice a oportuna valoración.
Así mesmo, en relación coa solicitude de acceso ás declaracións responsables presentadas,
dado que conteñen datos de carácter persoal, debe realizarse unha ponderación entre os
intereses públicos implicados, que se realizará xuntamente coa ponderación relativa ao
acceso ás melloras ofertadas.
Respecto da solicitude de informes encargados por la Administración a laboratorios
especializados, informa que o adxudicatario acredita que os títulos reúnen as características
esixidas na normativa específica en materia de títulos, no prego de prescricións técnicas e no
prego cláusulas administrativas a través dunha certificación polo que non se encargou ningún
informe a laboratorio especializado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso administrativa, axustarán a súa
:,
")
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
ACorulia
[email protected]! www.comisiondatransparencia.ga l
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
t¡
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A resolución impugnada ten data do 15 de abril de 2019, e o solicitante presentou a súa
reclamación con data do 16 do mesmo mes, polo que debe admitirse por estar presentada
en prazo.
Quinto.-Análise do expediente.
A Consellería, na súa resolución de 15 de abril de 2019, impugnada por considerar o
reclamante que a información solicitada é incompleta, limítase a resolver concedendo o
acceso mediante a indicación das ligazóns á Plataforma de Contratos de Galicia. A indicación
da ligazón dunha información xa publicada, é conforme co disposto no artigo 22.3 da Lei
19/2013, sen embargo a información que proporcionan esas ligazóns, non contén toda a
información que o interesado solicitou. Por tanto, debería térselle especificado ao interesado,
como agora se explica no informe remitido a esta Comisión, que a información sobre o
número de unidades e o importe facturado por títulos impresos en formato papel e
suplementos europeos, ao ser un contrato de subministración, súa execución se produce coa
entrega e recepción por parte da Administración e o pagamento do prezo. Ademais,
deberíaselle ter aclarado na resolución pola que se concede o acceso, que os Suplementos
Europeos ao Título que se licitaron por primeira vez no ano 2016, se contrataron 974
exemplares, e unicamente se recepcionaron 274 exemplares no ano 2018.
Deberíase tamén terlle aclarado ao interesado que respecto ás declaracións responsables e
melloras ofertadas pola empresa adxudicataria, dado que ata o ano 2016 unicamente se
presentou un licitador ao concurso, na valoración técnica non se tiveron en conta as posibles
melloras ofertadas, e si se tiveron en conta nos anos seguintes, ao presentarse mais de un
licitador.
A Consellería informa que con data do 16.05.2019, é dicir, unha vez resolta a solicitude de
acceso por parte da Consellería e unha vez presentada a reclamación a esta Comisión, abriuse
o prazo de alegacións para as empresas adxudicatarias en relación coa entrega ao solicitante
da oferta técnica da súa empresa, por si estivese protexida en materia de propiedade
intelectual, para posteriormente se realice a ponderación sobre os intereses implicados e
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
resolver en consecuencia. Este trámite, debería terse realizado antes de resolver sobre a
solicitude de acceso, e debería térselle comunicado ao solicitante, sen que proceda acceder
como pide a Consellería, a suspensión da tramitación do recurso, en tanto non se dispoña de
todas as alegacións e se realice a oportuna valoración.
Así mesmo, a ponderación dos intereses implicados respecto do acceso ás declaracións
responsables presentadas, debería terse realizado con anterioridade á resolución da
solicitude de acceso á información.
No referente aos informes encargados a laboratorios especializados, debería térselle
explicado na resolución de acceso, que non existen porque non se encargaron.
De acordo co anterior, a solicitude de acceso resolveuse unicamente de forma parcial, polo
que procede a estimación da reclamación presentada, debendo a Consellería, unha vez
finalizado o trámite de audiencia e realizada a ponderación dos intereses concorrentes de
acordo co disposto no artigo 15 da Lei 19/2013, remitir ao interesado o resto da información
solicitada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data 16 de
abril de 2019, contra a resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación
Profesional pola que se lle concede acceso á información solicitada referente a títulos
universitarios.
Segundo: Instar a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a que,
finalizado o trámite de audiencia iniciado e realizada a ponderación entre os intereses
concorrentes, no prazo máximo de 15 días hábiles, se complete a remisión da información
solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o
artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a que,
realizados os trámites anteriores, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío da
información ao reclamante.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
(+34)981 569740 Rúa do Hórreo, 65
¡ [email protected] www.comisiondatransparencia.gal
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019
Mila ros Otero Parga
Pre identa da Comisión da Transparencia