Estimada 05/06/2019 · 44 días en resolverse

Acceso a información sobre el Plan de mejora de caminos municipales 2019-2020 del Concello de Triacastela

El ciudadano solicitó al Concello de Triacastela información sobre ayudas solicitadas para el Plan de mejora de caminos municipales 2019-2020. Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación debido a que la información es pública y el ayuntamiento no justificó la denegación ni respondió al procedimiento.

Puntos clave de la argumentación

1 La información solicitada sobre ayudas y proyectos de caminos municipales se considera información pública al estar en poder de la Administración y haber sido elaborada en el ejercicio de sus funciones.
2 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario de la Ley 19/2013.
3 La administración reclamada omitió su deber de colaborar con la Comisión da Transparencia al no remitir el informe ni el expediente solicitado durante el procedimiento.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 22 de abril de 2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 22/04/2019, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante o Concello de Triacastela, referente a se o Concello solicitou algunha axuda relativa ao Pian de mellora de camiños municipais 2019-2020 e en caso afirmativo, se lle indique o camiño ou camiños para os que se solicitou axuda, e se lle proporcione copia íntegra do proxecto ou proxectos relativos a dita solicitude, incluíndo a valoración económica do mesmo, e se o Concello ten previsto solicitar algunha axuda neste pian, proporcionándolle neste caso copia dos acordos que se teñan tomado. O reclamante indicaba que vencido o prazo dun mes dende a presentación da solicitude, o Concello de Triacastela non proporcionou a información solicitada, nin realizou notificación algunha ao solicitante, polo que entende que a solicitude desestimouse por silencio administrativo. O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude e do seu DNI. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga l Segundo. Con data 23 de abril de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Triacastela para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 29 de abril de 2019, sen que o concello remitise a copia do expediente e o informe solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. ¿ (+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.comisiondatransparencía.ga1 Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. (+34)9815697 40 Rúa do Hórreo, 65 ' ¡ A Coruña ; ¡ [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello de Triacastela non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que débese admitir a reclamación, por terse interposta en prazo. Quinto.- Análise do expediente O Sr. solicitou do Concello de Triacastela o acceso a unha documentación que debemos considerar como información pública, xa que se trata de información referente ás axudas solicitadas polo concello relativas ao Pian de mellora de camiños municipais 2019- 2020 e, de ser o caso, o camiño ou camiños para os que se solicitou axuda e se lle proporcione copia íntegra do proxecto ou proxectos relativos a dita solicitude, incluíndo a valoración económica do mesmo, así como no caso de que o Concello tivera previsto solicitar algunha axuda neste pian, se lle proporcione copia dos acordos que se teñan tomado. Trátase por tanto de información que está en poder da Administración e que foi elaborada no exercício das súas funcións, polo que procede e estimación do presente recurso, por ter o solicitante, de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, dereito ao acceso á mesma. O Concello de Triacastela non resolveu a solicitude de acceso á información do Sr. , polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, o Concello de Triacastela non remitiu o informe e o expediente solicitado por esta Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data 22 de abril de 2019, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante o Concello de Triacastela, referente a se o Concello solicitou algunha axuda relativa ao Pian de mellora de camiños municipais 2019-2020 e en caso afirmativo, se lle (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 : ¡ info@comisiondatransparencia,gal www.comisiondatransparencia.ga! indique o camiño ou camiños para os que se solicitou axuda, e se lle proporcione copia íntegra do proxecto ou proxectos relativos a dita solicitude, incluíndo a valoración económica do mesmo, e se o Concello ten previsto solicitar algunha axuda neste pian, proporcionándolle neste caso copia dos acordos que se teñan tomado, Segundo: Instar ao Concello de Triacastela a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Concello de Triacastela a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e da información solicitada ao reclamante. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso­ administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso­ administrativa. Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019 rU1% Mila os Otero Parga Pre denta da Comisión da Transparencia