El ciudadano solicitó al Concello de Triacastela la identificación de expedientes de segregación o agrupación de parcelas desde 2003 y entre 2012 y 2019. Ante el silencio administrativo, se interpuso reclamación. La Comisión da Transparencia estima la reclamación debido a que la información es pública y la administración no respondió ni a la solicitud original ni al requerimiento del órgano de control.
Puntos clave de la argumentación
1
La solicitud versa sobre la identificación de expedientes de segregación o agrupación de parcelas, considerándose documentación de naturaleza pública según el art. 24 de la Ley 1/2016.
2
Se admite la reclamación por haber sido interpuesta en plazo, basándose en que contra resoluciones presuntas (silencio administrativo) los recursos pueden interponerse en cualquier momento.
3
El Concello de Triacastela incurrió en una falta de respuesta tanto hacia el ciudadano como hacia la Comisión de Transparencia, a pesar de haber recibido traslado de la documentación.
4
Se recuerda que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo es considerado una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 22 de abril
de 2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 22/04/2019, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición
adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de identificación dos expedientes
de segregación ou agrupación de parcelas para os que o Concello de Triacastela teña emitido
informe ou resolución durante os anos 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018 e 2019, e
identificación dos expedientes de segregación, agrupación ou alteración de parcelas para os
que o Concello teña emitido informe ou resolución desde o 1 de xaneiro de 2003 a petición
de .
O reclamante indicaba que transcorrido o prazo dun mes, o concello non lle proporcionou a
información solicitada nin realizou notificación algunha ao solicitante.
O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude e do seu DNI.
Segundo. Con data 23 de abril de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Triacastela para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.gat
A recepción da solicitude pola administración foi o 29 de abril de 2019, sen que o concello
remitise a copia do expediente e o informe solicitado.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do
)
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
, [email protected] www.comisiondatransparencia.gal
O Concello de Triacastela non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente,
polo que débese admitir a reclamación, por terse interposta en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O Sr. solicitou do Concello de Triacastela o acceso a unha documentación que
debemos considerar como información pública, xa que se trata de obtención de identificación
dos expedientes de segregación ou agrupación de parcelas para os que o Concello de
Triacastela teña emitido informe ou resolución durante os anos 2012, 2013, 2014, 2015, 2016,
2017, 2018 e 2019, e identificación dos expedientes de segregación, agrupación ou alteración
de parcelas para os que o Concello teña emitido informe ou resolución desde o 1 de xaneiro
de 2003 a petición de , e á que, de conformidade co disposto
no artigo 24 da Lei 1/2016, o interesado ten dereito de acceso.
O Concello de Triacastela non resolveu a solicitude de acceso á información do Sr. ,
polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinaria previsto na
correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, o Concello de Triacastela non remitiu o informe e o expediente solicitado por esta
Comisión, polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a
súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto
cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data 22 de abril
de 2019, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de identificación
dos expedientes de segregación ou agrupación de parcelas para os que o Concello de
Triacastela teña emitido informe ou resolución durante os anos 2012, 2013, 2014, 2015, 2016,
2017, 2018 e 2019, e identificación dos expedientes de segregación, agrupación ou alteración
de parcelas para os que o Concello teña emitido informe ou resolución desde o 1 de xaneiro
de 2003 a petición de
Segundo: Instar ao Concello de Triacastela, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
ACoru11a
[email protected] www.cornisiondatransparencia.ga1
Terceiro: Instar a Concello de Triacastela , a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esa Comisión da Transparencia copia do envío e da información solicitada ao reclamante.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019
Presid nta da Comisión da Transparencia
¡·
l