Una ciudadana reclamó ante la Comisión da Transparencia contra el Servizo Galego de Saúde por el incumplimiento de los tiempos máximos de acceso a prestaciones sanitarias. Tras alegar la administración que no se trataba de una solicitud de acceso a la información, la interesada solicitó el desistimiento. La Comisión acuerda archivar el expediente.
Puntos clave de la argumentación
1
La interesada solicitó el desistimiento de su reclamación mediante escrito el 22 de mayo de 2019.
2
De acuerdo con el artículo 94 de la Ley 39/2015, la administración debe aceptar de plano la desistencia o renuncia del interesado y declarar concluido el procedimiento.
3
Al no existir terceros interesados que instaran la continuación del proceso, procede aceptar la desistencia y archivar la reclamación.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 29 de
abril de 2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 29/04/2019, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a contestación por parte do
Servizo Galego de Saúde, das súas reclamacións sobre prestacións sanitarias.
A reclamante indicaba que tras expedirlle volante preferente por servizo de cirurxía do Servizo
Galego de Saúde, non se respecta o tempo máximo de acceso ás prestacións que establece o
decreto 105/2017, polo que presentou tres reclamacións.
O escrito viña acompañado de copia do seu DNI, copia da folla de reclamación presentada
ante o SERGAS e copia de comunicación do SERGAS.
Segundo. Con data do 28 de maio de 2019 ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo
informe e copia do expediente remitido pola Secretaría Xeral Técnica da Consellería de
Sanidade. No informe a Consellería expón que a interesada presentou unha reclamación pola
demora nunha programación dunha cita médica e que por tanto non é unha solicitude de
acceso á información.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
ACoru,ia
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
info@comisiondatransparencia,gal www.comisiondatransparencia,gal
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
Con data do 22 de maio de 2019, a interesada solicita mediante escrito, o desestimento da
súa solicitude.
De conformidade co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, todo interesado poderá
desistir da súa solicitude por calquera medio que permita a súa constancia e a administración
aceptará de plano a desistencia ou a renuncia, e declarará concluído o procedemento salvo
que, acudíndose no mesmo terceiros interesados, instasen estes a súa continuación no prazo
de dez días desde que foron notificados da desistencia ou renuncia.
De acordo co anterior, e non constando a existencia de terceiros interesados, procede aceptar
a desistencia da reclamación presentada e declarar concluído o procedemento.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Arquivar por desestimento da interesada, a reclamación presentada por
con data 29 de abril de 2019, contra a contestación por parte do Servizo
Galego de Saúde, das súas reclamacións presentadas en referentes a prestacións sanitarias
:,
.)
[email protected]! www.comisiondatransparencia.ga!
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019
Pre identa da Comisión da Transparencia