El ciudadano solicitó a la Secretaría Xeral de Emigración copia de la justificación de gastos del Centro Galego de Londres y la relación de pagos de subvenciones. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración resolvió fuera de plazo, aunque el interesado acabó recibiendo la información.
Puntos clave de la argumentación
1
La Secretaría Xeral de Emigración incumplió el plazo máximo de un mes para contestar la solicitud de acceso a la información según el art. 27.4 de la Ley 1/2016.
2
La resolución de la administración fue extemporánea, ya que se dictó el 20 de mayo de 2019, posterior a la interposición de la reclamación.
3
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo es considerado una infracción grave según el art. 20.6 de la Ley 19/2013.
4
La reclamación se estima por motivos formales debido a la falta de respuesta en tiempo y forma de la administración reclamada.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 15 de maio
de 2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. D. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 15/05/2019, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio
administrativo da súa solicitude de acceso á información á Secretaría Xeral de Emigración
referente á obtención de copia da xustificación. dos gastos aportada polo Centro Galego de
Londres en relación ás subvencións concedidas nos anos 2016 e 2017 e á relación de pagos
feita pola Xunta de Galicia.
O reclamante indicaba que entende que a solicitude foi desestimada, ao non térselle
notificada resolución nin ampliación do prazo para resolver.
O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude e do seu DNI.
Segundo. Con data 20 de maio de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Secretaría Xeral de Emigración para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 22 de maio de 2019.
Terceiro. Con data do 20 de maio de 2019, o interesado remite correo electrónico no que
comunica que recibiu a información solicitada da Secretaría Xeral de Emigración.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
Cuarto. Con data do 31 de maio de 2019, ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o
informe e copia do expediente solicitado á Secretaría Xeral de Emigración. No informe faise
constar que con datado 20 de maio de 2019, resolveuse dar acceso á información requirida
polo solicitante
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do
)
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
¡ ¡t
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
-,
)
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
O interesado presentou a reclamación ante a Comisión da Transparencia unha vez
transcorrido o prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016 para a resolución
dunha solicitude de acceso á información pública sen que a Secretaría Xeral de Emigración
resolvera a súa solicitude, resolución que se produciu o 20 de maio de 2019, polo que debe
admitirse a resolución por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado presentou unha solicitude de acceso á información, que de conformidade co
disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, debe considerarse información pública. A Secretaría Xeral
de Emigración, de acordo co disposto no artigo 27.4 da citada Lei, debería ter contestado no
prazo máximo dun mes, ou no caso de que o volume ou complexidade da información o fixera
necesario, debería ter ampliado o prazo de resolución, notificándoo ao interesado, actuacións
estas que non realizou, polo que procede a estimación, por motivos formais, da reclamación
presentada.
Se ben a Secretaría Xeral de Emigración resolveu concedendo o acceso á información
expresamente, o fixo fora de prazo, polo que debe lembrárselle que segundo o disposto no
artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten
a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime
disciplinaria previsto na correspondente normativa reguladora.
Sexto. Audiencia ao interesado.
O interesado solicita que antes de redactar a proposta de resolución, se lle dea traslado de
todos os documentos incorporados ao expediente e se outorgue trámite de audiencia, de
conformidade co disposto no artigo 82.1 da Lei 39/2015, do Procedemento Administrativo
Común das Administracións Públicas.
Non procede a apertura do trámite de audiencia, de conformidade co disposto no artigo 118
da Lei 39/2015, dado que non se tiveron en conta para a elaboración da proposta de
resolución, novos feitos ou documentos non recollidos no expediente orixinaria.
De acordo co anterior, ao ter acceso o interesado á información solicitada con posterioridade
á presentación da reclamación, procede a súa estimación por motivos formais.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
(•34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
ACORDA
Único: Estimar, por motivos formais, a reclamación presentada por con
data 20 de marzo de 2019, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude
de acceso á información á Secretaría Xeral de Emigración referente á obtención de copia da
xustificación dos gastos aportada polo Centro Galego de Londres en relación ás subvencións
concedidas en 2015 e á relación de pagos feita pola Xunta de Galicia
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019
ro arga
enta da Comisión da Transparencia