El ciudadano reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia la falta de respuesta del SERGAS a quejas presentadas por el retraso en la realización de un TAC. El organismo decidió inadmitir la reclamación ya que no se trata de una solicitud de acceso a la información pública, sino de una queja sobre la prestación de un servicio sanitario.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación no versa sobre una solicitud de acceso a la información pública no atendida, sino sobre la presentación de quejas por el retraso en un servicio sanitario.
2
El procedimiento iniciado por el interesado se rige por la Ley 1/2015 de garantía de la calidad de los servicios públicos y de buena administración y no por la normativa de transparencia.
3
Se procede a la inadmisión conforme al artículo 116.c de la Ley 39/2015, al no tratarse de un acto susceptible de recurso en materia de acceso a la información pública.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 15 de
maio de 2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o 15/04/2019, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a falla de contestación
de tres reclamacións presentadas ante o Servizo Galego de Saúde por retraso na realización
dun TAC.
O reclamante indicaba que tras presentar tres reclamacións por retraso na realización dun
TAC, non lle fixaron data nin cita.
O escrito viña acompañado de copia do seu DNI, copia da folla de reclamación presentada
ante o SERGAS.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
! 1· A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O interesado presenta unha reclamación en materia de acceso á información pública, por falla
de resposta ás súas reclamacións ate o SERGAS referida ao retraso na realización dun TAC.
Non existe no presente caso unha solicitude de acceso á información pública non atendida
fronte á que o interesado reclame, senón a presentación dunha queixa que inicia un
procedemento e no que o reclamante é interesado, e que se rexe polo disposto na Lei 1/2015,
do 1 de abril de garantía da calidade dos servizos públicos da boa administración e no Decreto
129/2016, do 15 de setembro polo que se regula a atención á cidadanía no sector público
autonómico de Galicia.
De acordo co anterior, ao non ter por obxecto a reclamación presentada polo SR.
impugnar a falta de contestación a unha solicitude de acceso á información, senón a
desconformidade coa contestación dada polo SERGAS a unha reclamación, de conformidade
co disposto no artigo 116.c da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo
Común das Administracións Públicas, procede a inadmisión da reclamación presentada, por
non tratarse dun acto susceptible de recurso en materia de acceso á información pública.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: lnadmitir a reclamación presentada por D. con data do 15
de maio de 2019, contra a falla de contestación á súa reclamación ás súas reclamacións ate o
SERGAS referida ao retraso na realización dun TAC.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
r ¡1 iç1. A Coruña
[email protected]! www.comisiondatransparencia.ga l
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019
Mila ros Otero Parga
Pre identa da Comisión da Transparencia