El ciudadano solicitó a la Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional información sobre requerimientos a universidades gallegas sobre títulos universitarios. Tras alegar silencio administrativo, el interesado renunció a la reclamación al obtener respuesta. La Comisión da Transparencia de Galicia acuerda archivar el expediente por desistimiento.
Puntos clave de la argumentación
1
El interesado presentó renuncia a la reclamación el 23 de mayo de 2019 tras haber obtenido respuesta de la Xunta de Galicia.
2
De acuerdo con el artículo 94 de la Ley 39/2015, la Administración debe aceptar de plano la desistencia o renuncia del interesado y declarar concluido el procedimiento.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 15 de
abril de 2019, a Comisión da Transparencia, considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. D. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 15/04/2019, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio
administrativo da súa solicitude de acceso á información ante Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional, referente aos requirimentos realizados pola Xunta de
Galicia ás universidades galegas e a súa contestación, en relación con títulos universitarios que
poderían ter sido expedidos sen as garantías necesarias.
O reclamante indicaba que non recibira resposta á súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude e do seu DNI.
Segundo: Con data do 23 de maio de 2019, o interesado presenta escrito de renuncia á súa
reclamación por ter obtido resposta por parte da Xunta de Galicia.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
';, 1 [email protected] www.comisiondatransparencia.gal
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previa á impugnación en vía contencioso administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercido das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de contrai público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previa á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional non resolveu a solicitude
de acceso á información expresamente en prazo, polo que polo que debe admitirse a
reclamación presentada.
Quinto.- Análise do expediente
Con data do 23 de maio de 2019, o interesado presenta escrito de renuncia á súa reclamación
por ter obtido resposta por parte da Xunta de Galicia.
De conformidade co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, todo interesado poderá
desistir da súa solicitude por calquera medio que permita a súa constancia e a Administración
aceptará de plano a desistencia ou a renuncia, e declarará concluído o procedemento salvo
(+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
info@comisiondatransparencia,gal www.comisiondatransparencia.ga1
que, acudíndose no mesmo terceiros interesados, instasen estes a súa continuación no prazo
de dez días desde que foron notificados da desistencia ou renuncia.
De acordo co anterior, e non constando a existencia de terceiros interesados, procede aceptar
a renuncia á reclamación presentada e declarar concluído o procedemento.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Arquivar por desestimento, a reclamación presentada por
con data 15 de maio de 2019, contra a desestimación por silencio administrativo da súa
solicitude de acceso á información ante Consellería de Educación, Universidade e Formación
Profesional, referente aos requirimentos realizados pola Xunta de Galicia ás universidades
galegas e a súa contestación, en relación con títulos universitarios que poderían ter sido
expedidos sen as garantías necesarias
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto
noartigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2019
Pre denta da Comisión da Transparencia