Estimada 30/10/2019 · 83 días en resolverse

Acceso a información sobre la organización, contratos de servicios informáticos y gestión de solicitudes de la Fundación Pública Camilo José Cela

El ciudadano solicitó a la Fundación Pública Camilo José Cela información sobre la organización, el funcionario responsable de denegar solicitudes y copias de contratos de servicios informáticos. Ante la ausencia de respuesta, la Comisión de la Transparencia estima la reclamación debido a que la Fundación no presentó alegaciones ni justificó límites legales para denegar el acceso.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud versa sobre información relativa a la organización y funcionamiento de una Fundación Pública, la cual se considera información pública según el artículo 24 de la Ley 1/2016.
2 La administración reclamada no respondió a la solicitud original ni aportó informe ni expediente tras el requerimiento de la Comisión de la Transparencia.
3 Ante la falta de alegaciones en contra por parte de la Fundación, prevalece el interés público al acceso a la información no afectada por límites legales.
4 Se insta a la administración a proporcionar la información solicitada, previa disociación motivada de datos protegidos según los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.

Texto completo

momento desta petición e identificación do funcionario responsable de trasladar a negativa, copias do contrato servizo informático da web da Fundación. O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicitude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude dirixida á Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia. Segundo. Con data 12 de Agosto de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Fundación Camilo José Cela para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola Fundación foi o 20 de Agosto de 2019, sen que se recibise a copia do expediente tramitado nin o informe solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Fundación non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente , solicitou da Fundación Pública Camilo José Cela o acceso a unha documentación que debemos considerar como información pública, xa que se trata de información referente a distintos aspectos da organización e funcionamento dunha Fundación Pública, e por tanto incluída dentro dos suxeitos obrigados a facilitar información solicitada pola cidadanía, e á que, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, o interesado ten dereito de acceso e que debe proporcionárselle. Pola Comisión da Transparencia solicitouse á Fundación Camilo José Cela a aportación do seu criterio mediante a remisión de informe e copia do expediente que non se recibiu, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos. A Comisión non ten información sobre o contido dos documentos solicitados, en que medida poden verse afectados por algún dos límites de acceso previstos na Lei 19/2013, ou en que medida podería darse a información, de ser o caso, despois de disociala para garantir o dereito de acceso a información non estritamente afectada polos límites (información parcial, art. 16 da Lei 19/2013). Dada a falta de alegacións en contra por parte da Fundación, en beneficio do interese público ao acceso á información pública non afectada por calquera límite legalmente previsto, debe aportarse a información pedida, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma e, de forma motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2 da referida Lei). A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do correspondente recurso substitutivo. Debe lembrarse que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. Así mesmo, debe lembrarse á Fundación Camilo José Cela, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa obriga de remitir a esta Comisión os informes que se lle requiran, para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data 8 de Agosto de 2019, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso a diversa información e documentación referida á Fundación Pública Galega Camilo José Cela. Segundo: Instar á Fundación Camilo José Cela, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Fundación Camilo José Cela, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e da información solicitada ao reclamante. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019 María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.