El ciudadano solicitó a la Consellería de Sanidade los resultados del tratamiento de una patología por un facultativo concreto. Tras el silencio administrativo, recurrió ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que desestima la reclamación debido a que la información solicitada no existe, ya que los hospitales no determinan los resultados de la actividad médica.
Puntos clave de la argumentación
1
La información pública comprende los contenidos o documentos que consten en poder de los sujetos obligados y hayan sido elaborados o adquiridos en ejercicio de sus funciones.
2
La reclamación es desestimada al acreditarse que la información solicitada no existe, dado que en ningún hospital se recogen los resultados de la actividad médica.
3
Se hace constar que la solicitud es manifiestamente repetitiva, ya que el interesado solicitó la misma información el 28 de julio de 2018, resultando en una desestimación previa firme (expediente RSCTG 49/2018).
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 4 de marzo
de 2019, a Comisión da Transparencia, e considerando os antecedentes e fundamentos
xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada
o día 29 de outubro de 2019, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 07/08/2019, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei
1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación, por silencio
administrativo, da información solicitada ante a Consellería de Sanidade, referente á
obtención dos resultados do no tratamento aberto dunha patoloxía
determinada.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa petición.
O escrito viña acompañado de copia a da súa solicitude e do seu DNI.
Segundo. Con data 19 de agosto de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 22 de agosto de 2019.
Terceiro. Con data 1 de outubro de 2019 a Consellería de Sanidade contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
A Consellería de Sanidade informa que o interesado foi operado no Complexo Hospitalario
Universitario da Coruña) nun único episodio asistencial por derivación urxente dun hospital
privado da Coruña, e que non dispón de dispón de tarxeta sanitaria do Servizo Galego de
Saúde, xa que pertence a unha mutualidade. Dende a alta hospitalaria o 26/03/2017, ven
cuestionando os resultados desa intervención dirixindo escritos reclamatorios de toda indole
tanto á Consellería de Sanidade como ao Sergas.
Nesta ocasión solicita o acceso á información dos resultados do facultativo que o atendeu
desde que presta servizos no Sergas ata o 25/03/2017, data na que realizou a súa intervención
cirúrxica. Non é posible acceder á petición, porque non existen os datos solicitados e en
ningún hospital se determinan os resultados da actividade médica.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente
polo que polo que, transcorrido o prazo dun mes dende a presentación da solicitude no
rexistro electrónico da Xunta de Galicia (5 de xullo de 2019, segundo figura na copia remitida
co informe da Consellería) débese considerar a reclamación presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
Como se establece no fundamento xurídico terceiro desta resolución, por información pública
debemos entender os contidos ou documentos que consten en poder dalgún dos suxeitos
obrigado a proporcionar información, neste caso a Consellería de Sanidade. Tal e como se
establece no informe da Consellería, esa información non existe, dado que en ningún hospital
se recollen os resultados da actividade médica. Ao non existir a información solicitada polo
reclamante, procedería a desestimación da reclamación presentada.
Por outra banda, o reclamante solicitou exactamente a mesma esta mesma información á
Consellería de Sanidade con data do 28 de xullo de 2018, solicitude de acceso que foi obxecto
de reclamación ante esta Comisión de Transparencia (expediente RSCTG 49/2018), que
resolveu con data do 4 de xuño de 2019, desestimala por non existir a información solicitada
polo interesado.
No presente caso, non consta que a Consellería de Sanidade resolvese a solicitude de acceso,
pero de telo feito, debería ter inadmitida a mesma de acordo co disposto no artigo 18.1.e) da
Lei 19/2013, por tratarse dunha solicitude manifestamente repetitiva.
Tal como recolle o Criterio 3/2016 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno se da este
motivo de inadmisión cando existe unha petición de acceso á información pública igual a outra
presentada anteriormente polo mesmo solicitante, que fose rexeitada e a resposta adquirise
firmeza. Igualmente sería manifestamente repetitiva se se tratara de un asunto de resposta
imposible, ben polo contido ou por razóns de competencia e así se lle notificase e xustificara
ao solicitante da información.
Sen embargo, a pesar de que non consta a resolución da solicitude, a Administración informa
da inexistencia dos datos solicitados, polo que ao non existir a información pública solicitada,
procede a desestimación da reclamación presentada.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por con data 7 de agosto
de 2019, contra a a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de información
ante a Consellería de Sanidade, referente a os resultados dun determinado profesional
sanitario no tratamento dunha determinada patoloxía.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia