Estimada 29/10/2019 · 82 días en resolverse

Solicitud de información sobre la fecha de acceso a información pública citada en un informe de la gerencia de Gestión Integrada de A Coruña

El ciudadano solicitó a la Consellería de Sanidade la fecha en que se le permitió el acceso a una información pública citada en un informe. Tras un silencio administrativo y una respuesta posterior que el interesado consideró insuficiente, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales al haberse superado los plazos legales de respuesta.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admisible ya que fue presentada el 8 de agosto, tras expirar el plazo de un mes para resolver la solicitud inicial del 6 de julio de 2019.
2 La administración resolvió la solicitud el 19 de septiembre, con posterioridad a la interposición de la reclamación.
3 La Comisión considera que procede la estimación por motivos formales debido a que la respuesta de la administración fue fuera del plazo establecido en el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 8 de agosto de 2019, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de outubro de 2019, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 08/08/2019, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante a Consellería de Sanidade, referente á comunicación da data na que se lle permitiu o acceso a unha información pública tal e como figura nun informe do 18 de xaneiro de 2019, da xerencia de Xestión integrada da Coruña remitido á Comisión de Transparencia de Galicia (expediente RSCTG 144/2018). Con data do 30 de setembro remite un novo escrito no que comunica que recibiu a resposta e que a resposta non ten nada que ver coa pregunta. O escrito viña acompañado de copia a súa solicitude e do seu DNI. Segundo. Con data do 19 de agosto de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 22 de agosto de 2019. Terceiro. Con data 30 de setembro de 2019 Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. A Consellería de Sanidade informa que no expediente da Comisión da Transparencia indicado polo recorrente, figura un informe do 18/01/2019 elaborado pola xerencia de xestión integrada da Coruña no que se facilita a información existente sobre toda normativa referida á formación dos Médicos Internos Residentes. Esa información foi elaborada e remitida para a información da Comisión de Transparencia e a solicitude de acceso á información pública presentada polo recorrente foi resolta expresamente e lle foi comunicada ao solicitante o 20/09/19. Cuarto. O reclamante remite con data de entrada no Rexistro do Valedor do Pobo do 30 de setembro de 2019, escrito no que comunica que recibiu a resposta da Consellería de Sanidade e non esta de acordo coa contestación xa que non se lle responde á pregunta. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O interesado presentou a súa solicitude con data do 6 de xullo de 2019, sen que a Consellería de Sanidade resolvese dentro do prazo dun mes que establece o artigo 27.5 da Lei 1/2016, polo que debe admitirse a reclamación presentada con data do 8 de agosto, aínda que a Consellería de Sanidade resolveu a solicitude de acceso á información con posterioridade a esta data, o 19 de setembro de 2019. Quinto.-Análise do expediente O interesado presentou unha reclamación contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de comunicación da data concreta na que a Consellería de Sanidade lle permitiu o acceso a unha información pública, tal e como figura nun informe do 18 de xaneiro de 2019, da xerencia de Xestión integrada da Coruña remitido á Comisión de Transparencia de Galicia no expediente de reclamación 144/2018. A Consellería de Sanidade informa que é no propio informe do 18 de xaneiro de 2019, onde se facilita esa información, e a información se lle facilita á Comisión da Transparencia, e non ao interesado. Por tanto, o interesado recibe a información sobre o obxecto do expediente RSCTG 144/19 a través da resolución da Comisión da Transparencia, e non a través da Consellería de Sanidade. De acordo co anterior, e dado que a Consellería de Sanidade remitiu a información ao interesado (data da súa posta a disposición en notifica.gal do 20 de setembro de 2019, recibida polo interesado o 29 de setembro), aínda que fora do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, procede a estimación, por motivos formais, da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia ACORDA Único: Estimar, por motivos formais, a reclamación presentada por con data 1 de abril de 2019, contra a denegación inicial, e posterior resolución expresa da súa solicitude de información sobre a data na que se lle permitiu o acceso a unha información pública tal e como figura nun informe do 18 de xaneiro de 2019, da xerencia de Xestión integrada da Coruña remitido á Comisión de Transparencia de Galicia (expediente RSCTG 144/2018). Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019 María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia