Desestimada 29/10/2019 · 78 días en resolverse

Solicitud de porcentaje de utilización de medicamentos biosimilares en hospitales del SERGAS y desestimación por necesidad de reelaboración

El ciudadano solicitó al SERGAS el porcentaje de utilización de medicamentos biosimilares en sus hospitales durante el primer trimestre de 2019. La administración inadmitió la solicitud alegando necesidad de reelaboración de datos. La Comisión da Transparencia desestima la reclamación al considerar justificada la inexistencia de la información sistematizada.

Puntos clave de la argumentación

1 La causa de inadmisión por reelaboración procede cuando la información debe elaborarse expresamente para dar respuesta mediante la combinación de diversas fuentes o la creación de un informe ad hoc.
2 El derecho de acceso a la información no puede confundirse con el derecho a obtener un informe a medida que requiera operaciones de análisis e interpretación por parte de la Administración.
3 Se ha acreditado que la obtención de los datos exige la intervención de un usuario avanzado en el sistema de análisis complejo (SIAC) y la definición de fórmulas matemáticas específicas.
4 En el caso del rituximab y trastuzumab, la inexistencia de una Dosis Diaria Definida (DDD) de referencia asignada impide técnicamente el cálculo de la utilización en porcentaje.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 12 de agosto de 2019, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de outubro de 2019, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 12 de agosto de 2019 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a resolución do 8 de agosto de 2019, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, pola que se inadmite a trámite da súa solicitude de acceso á información referente a á porcentaxe de utilización de medicamentos biosimilares, no conxunto de hospitais do SERGAS, medido como: (número total envases (DDD) presentaciones biosimilares) /(número total envases (DDD} todas as presentaciones) das seguintes moléculas: Etanercept- Adalimumad- lnfliximab- Rituximab- Trastuzumab- Epoetina alfa­ Somatropina, do primeiro trimestre de 2019. O reclamante indicaba que a información solicitada é de interese para a cidadanía e tamén para a investigación, pois o uso de biosimilares redunda en menores custos para o sistema sanitario. Considera que non existe impedimento algún razoable para obtela do Servizo Galego de Saúde, pois os sistemas actuais de prescrición electrónica e facturación así o permiten, nin lesiona intereses comerciais lexítimos de terceiros, pois non se pide a desagregación por marcas, senón por principios activos. O interesado acreditou a súa identidade mediante a presentación de copia do seu DNI, a requirimento da Comisión da Transparencia. O escrito viña acompañado de copia da resolución contra a que se reclama. Segundo. Con data 19 de Agosto de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 22 de agosto de 2019. Terceiro. Con data 6 de Setembro de 2019 a Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo copia do expediente instruído e remite informe no que transcribe a resolución recorrida e informa que os sistemas poden dar a información pero non de xeito automático e preparar esa información require unha acción previa de reelaboración. Cuarto. Con data do 11 de setembro de 2019, ten entrada un segundo informe da Consellería de Sanidade no que en referencia ao rituximab y trastuzumab, informa que son principios activos que non teñen unha DDD (Dose Diaria Definida) de referencia asignada, o que impide o cálculo da utilización dos correspondentes biosimilares expresado en porcentaxe de DDDs. Nos demais casos, para obter os datos solicitados é preciso que un usuario avanzado na explotación da información elabore un informe a medida co SIAC (sistema de información de análise complexa) de recursos económicos, informe no que se deben recoller dos dous aplicativos de xestión empelados nos Servizos de Farmacia dos hospitais SERGAS: SINFHOS e SILICON XESTIÓN, e combinar adecuadamente o seu período de estudo, estruturas organizativas de xestión, catálogo de produtos de Farmacia Hospitalaria (códigos nacionais, presentacións, grupo terapéutico, principio activo ATC...), características de produto (DDD, dose por unidade, unidade de dose, unidade hospitalaria de contido biosimilar, indicadores de consumo en Farmacia Hospitalaria (cantidades consumidas). Tamén é necesario definir as fórmulas matemáticas que, a partir das cantidades consumidas, proporcionen as porcentaxes de DDD de cada un dos principios activos e puntualmente, ademais pode ser preciso contrastar consumos con cada un dos Servizos de Farmacia Hospitalaria. É dicir, obter a información solicitada esixe un labor previo de extracción de datos e a realización de cálculos posteriores, por tanto, require destinar recursos humanos de persoal especializado no manexo dos SIACs á dita tarefa. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. Dado que segundo consta no expediente remitido, a resolución contra a que se recorre é do 8 de agosto de 2019 e o interesado presenta a súa reclamación con data do 12 de agosto de 1029, debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A Consellería de Sanidade inadmitiu a solicitude de acceso á información de acordo co disposto no artigo 18.1.c) da Lei 19/2013, que establece como causa de inadmisión que a información deba solicitada deba ser reelaborada para dar acceso á mesma. Esta causa de inadmisión, dado que finaliza o procedemento, debe estar convintemente motivada, debendo por tanto especificarse as causas que a motivan e a xustificación, legal ou material aplicables ao caso concreto. Por reelaboración debemos entender que a información que se solicita, pertencendo ao ámbito funcional de actuación do organismo ou entidade que recibe a solicitude, deba elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de información, sendo casos claros de reelaboración aqueles nos que para dar resposta á solicitude, deba elaborar un informe específico ad hoc. Como estableceu a sentenza da Audiencia Nacional do 24 de xaneiro de 2017, o dereito á información non pode ser confundido co dereito á confección dun informe por un órgano público a instancia dun particular, por mais que a información solicitada obre en poder da Administración, debendo interpretarse o artigo 13 da Lei no senso de que o dereito á información pública non pode converterse no dereito a obter un informe a medida do requirido polo solicitante que teña que elaborarse expresamente para dar unha resposta, mediante operacións de análises, e interpretación. A Consellería de Sanidade, xustifica na resolución recorrida que a información solicitada non forma parte da información que o Servizo Galego de Saúde ten sistematizada, polo que os datos solicitados non poden ser explotados con carácter xeral cos sistemas dispoñibles, esixindo un labor previo e singular de localización e control dos datos indicados e realizar unha importante labor de reelaboración acudindo a cada unha das farmacias hospitalarias para obter a mesma, co emprego dun bo número de persoas e durante bastante tempo. No informe remitido á Comisión da Transparencia, informa que no referente ao rituximab e trastuzumab, son principios activos que non teñen unha DDD (Dose Diaria Definida) de referencia asignada, o que impide o cálculo da utilización dos correspondentes biosimilares expresado en porcentaxe de DDDs. Así mesmo xustifica que nos demais casos, para obter os datos solicitados é preciso que un usuario avanzado na explotación da información elabore un informe a medida co sistema de información de análise complexa de recursos económicos, e combinar adecuadamente o seu período de estudo, estruturas organizativas de xestión, catálogo de produtos de Farmacia Hospitalaria, características de produto, e definir as fórmulas matemáticas que, a partir das cantidades consumidas, proporcionen as porcentaxes de DDD de cada un dos principios activos e puntualmente, e ademais pode ser preciso contrastar consumos con cada un dos Servizos de Farmacia Hospitalaria. De acordo co anterior, considérase xustificado que a obtención da información solicitada, a pesares de ser unha información que está en poder da Consellería, é unha información que debe elaborarse expresamente a medida da solicitude para dar unha resposta, polo que considérase que concorre no presente caso a causa de inadmisión establecida no artigo 18.1.c) da Lei 19/2013, procedendo en consecuencia desestimación da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por con data 12 de agosto de 2019, contra a resolución do 8 de agosto de 2019, da Xerencia do Servizo Galego de Saúde, pola que se inadmite a trámite da súa solicitude de acceso á información referente a á porcentaxe de utilización de medicamentos biosimilares, no conxunto de hospitais do SERGAS. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019 María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.