El ciudadano solicitó información detallada sobre presupuestos, cuentas y gestión de dos Consejos Asesores de telecomunicaciones a la Secretaría Xeral de Medios de la Xunta de Galicia. Alegó que la respuesta ignoraba parte de la solicitud. La Comisión da Transparencia estima parcialmente la reclamación al detectar que la administración no respondió sobre uno de los dos Consejos solicitados.
Puntos clave de la argumentación
1
La resolución debe ser congruente con las peticiones formuladas por el interesado según el artículo 88.2 de la Ley 39/2015.
2
La administración justificó la inexistencia de información sobre el Consejo Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual al no tener actividad desde 2010.
3
Se constata que la administración omitió pronunciarse sobre la información relativa al Consejo Asesor para as Telecomunicacións e Desenvolvemento Dixital de Galicia.
4
Se insta a la administración a proporcionar la información existente sobre dicho Consejo o, en su defecto, informar sobre cómo se lleva a cabo su gestión.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Vista a reclamación remitida pola Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia que tivo
entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 14 de agosto de 2019, presentada o 12 de agosto
de 2019 por
e considerando os
antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da
Transparencia na sesión celebrada o día 29 de outubro de 2019, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro.
presentou, mediante escrito que
tivo entrada no rexistro da Secretaría Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia o 14 de agosto
de 2019, unha reclamación contra a Resolución da Secretaría Xeral de Medios do 1 de agosto
de 2019, pola que se lle concede acceso á información solicitada con data do 13 de xullo de
2019, referida ao Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual e ao Consello Asesor
para as Telecomunicacións e Desenvolvemento Dixital de Galicia correspondente aos anos
2013 a 2019 e previsión do 2020.
O interesado solicitou en concreto, información relativa a subvencións, orzamento, contas
anuais, auditorías de contas e fiscalización por parte de órganos externos de control, actas da
xunta xeral do Consello de aprobación das contas, retribucións da presidencia, dirección e dos
cargos de confianza, asesores, e demais cargos e vogais, actas, convenios e acordos celebrados
polo organismo que afecten a terceiros, acordos e actuacións encargadas ao gabinete xurídico
para preitos dos responsables do Consello con cargo aos fondos públicos ou subvencións,
financiamento das campañas e recursos dedicados para a publicidade e ingresos relacionados
co Consello, inscrición do Consello no rexistro de entidades públicas do Goberno español,
Xunta ou órgano correspondente, acta fundacional e copias dos DOG ao Consello, estatutos
de cargos do Consello e identificación de persoas físicas que os representen, identificación
dos membros que integran o Consello contas bancarias e outros bens titularidade do Consello
con cargo aos fondos públicos subvencionados a membros de confianza, asesores ou vogais
do organismo, contratos ou convenios celebrados polo Consello e a Xunta de Galicia, actas,
rexistros ou ordes para negar o dereito informativo ou as peticións de información pública,
contratos de servizos informáticos da web www.cata.xunta.es., documentos públicos
borrados da dita web.
O reclamante manifesta a súa desconformidade coa resolución, por considerar que ignora por
completo a solicitude expresa de información solicitada e que a resolución non se pronuncia
sobre as entidades Rede de Telecomunicación Galega Retegal, S.A. e AMTEGA.
O escrito viña acompañado de copia da resolución da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de
Galicia do 1 de agosto de 2019 que se impugna.
Segundo. Con data 21 de agosto de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Secretaría Xeral de Medios da Presidencia da Xunta de Galicia, para que, en
cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada
do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 27 de agosto de 2019.
Terceiro. Con data 26 de setembro de 2019 a Secretaría Xeral de Medios da Presidencia da
Xunta de Galicia contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, informa que o Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual
de Galicia foi creado polo Decreto 307/1995, do 13 de xullo, como órgano asesor en materia
de telecomunicacións e audiovisual, adscribíndose á entón Consellería de Cultura,
Comunicación Social e Turismo, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual.
O dito Consello non se reúne desde o ano 2010, e non dispoñía de orzamento propio nin de
medios técnicos, materiais nin de persoal. A súa xestión levouse directamente desde o órgano
competente en materia de comunicación social, a través dos seus medios, para dar a coñecer
os proxectos impulsados pola Xunta de Galicia en materia de radio, televisión,
telecomunicacións e audiovisual, sobre a base de algunhas das competencias que entón
exercía a Secretaría Xeral de Medios. O anteproxecto de Lei (actualmente Lei) de impulso e
ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia prevía a derrogación do
Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual e creación do Consello Asesor para as
Telecomunicacións e Desenvolvemento Dixital de Galicia.
En consecuencia, tendo en conta que toda a información e documentación solicitada polo
reclamante refírese ao horizonte temporal 2013-2020, non hai nada do que se lle poida dar
traslado pois dende o 2010 o Consello Asesor de Telecomunicación e Audiovisual non tivo
actividade de ningún tipo.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución
con data do 9 de Agosto de 2019 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo
con data do 14 de agosto de 2019, debe admitirse a reclamación por estar presentada en
prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O artigo 88.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das
Administracións Públicas establece que nos procedementos tramitados a solicitude do
interesado, a resolución será congruente coas peticións formuladas. A petición de
información, refírese a información referente a actividade ao Consello Asesor de
Telecomunicacións e Audiovisual e o Consello Asesor para as Telecomunicacións e
Desenvolvemento Dixital de Galicia dos anos 2013 a 2019 e previsión do 2020.
A Secretaría Xeral de Medios da Presidencia da Xunta de Galicia informa que o Consello Asesor
de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia non se reúne desde o ano 2010, e non dispoñía
de orzamento propio nin de medios técnicos, materiais nin de persoal, levándose a súa xestión
directamente desde o órgano competente en materia de comunicación social, a través dos
seus medios, para dar a coñecer os proxectos impulsados pola Xunta de Galicia en materia de
radio, televisión, telecomunicacións e audiovisual, sobre a base de algunhas das competencias
que entón exercía a Secretaría Xeral de Medios.
Sen embargo, no informe da Secretaría Xeral de Medios non se fai referencia á información
solicitada polo recorrente referida ao Consello Asesor para as Telecomunicacións e
Desenvolvemento Dixital de Galicia, creado pola vixente Lei 3/2013, do 20 de maio, de impulso
e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia, Consello que veu a
substituír ao Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual.
Descoñecese se o Consello Asesor para as Telecomunicacións e Desenvolvemento Dixital de
Galicia dispón ou non de orzamento propio e de medios técnicos propios para o seu
funcionamento, ou como no caso do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual, se
leva a súa xestión con medios e orzamento pertencente a un centro directivo da Xunta de
Galicia.
De acordo co anterior, procede a estimación parcial da reclamación presentada, debendo a
Secretaría Xeral de Medios proporcionar ao reclamante a información solicitada en referencia
ao Consello Asesor para as Telecomunicacións e Desenvolvemento Dixital de Galicia no caso
de existir, ou informar ao solicitante en caso contrario, como se leva a cabo a xestión do dito
Consello.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por
con data 8 de agosto de 2019, contra a Resolución da Secretaría Xeral
de Medios do 1 de agosto de 2019, pola que se lle concede acceso á información solicitada
con data do 13 de xullo de 2019, referida ao Consello Asesor de Telecomunicacións e
Audiovisual e Consello Asesor para as Telecomunicacións e Desenvolvemento Dixital de
Galicia dos anos 2013 a 2019 e previsión do 2020
Segundo: Instar a Secretaría Xeral de Medios, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, se
responda á petición de información solicitada referida ao Consello Asesor para as
Telecomunicacións e Desenvolvemento Dixital de Galicia, respectando os límites dos artigos
14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á
formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Secretaría Xeral de Medios, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles,
remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e da información solicitada ao
reclamante.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.