Estimada 30/10/2019 · 71 días en resolverse

Acceso a información sobre procesos selectivos para arquitectos y arquitectos técnicos de la Deputación da Coruña

El ciudadano solicitó información sobre procesos selectivos de arquitectos a la Deputación da Coruña. Ante la falta de respuesta en plazo (silencio administrativo), presentó reclamación. La Comisión da Transparencia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración no resolvió en tiempo y forma, aunque posteriormente remitiera la información.

Puntos clave de la argumentación

1 La Deputación Provincial da Coruña no resolvió la solicitud de acceso en el plazo de un mes establecido por el artículo 27.4 de la Ley 1/2016.
2 Se admite la reclamación por haber sido presentada en plazo, considerando que contra resoluciones presuntas se puede recurrir en cualquier momento.
3 La Comisión estima la reclamación por motivos formales debido al incumplimiento del plazo legal de respuesta por parte de la administración.
4 Se recuerda que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo es considerado una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

A recepción da solicitude pola administración foi o 30 de agosto de 2019. Terceiro. Con data 11 de setembro de 2019, a Deputación Provincial da Coruña contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase no momento da solicitude se estaban a celebrar 11 procesos selectivos correspondentes á oferta de emprego agrupada dos anos 2016, 2017 e 2018, que ocuparon practicamente a totalidade das datas do mes de xullo, o que obrigou a concentrar as vacacións do persoal do Servizo no mes de agosto, e ademais a persoa que desempeñou o cargo de secretaria nos procesos selectivos solicitados está xubilada, feito este que dificultou a localización da documentación. En todo caso, a documentación requirida foi remitida ó interesado o 4 de setembro de 2019. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Deputación Provincial da Coruña non resolveu a solicitude de acceso á información no prazo dun mes dende a súa solicitude, tal e como establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, se ben resolveu unha vez solicitado informe por esta Comisión, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou unha información que de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, debe entenderse que se trata de información pública á que ten dereito de acceso. A Deputación Provincial da Coruña non resolveu en prazo polas circunstancias que xustifica no seu informe, consistentes nunha actividade extraordinaria no Servizo de Recursos Humanos, así como dificultades de localización da información solicitada. Con data do 4 de setembro foi remitida a información ao interesado, polo que procede a estimación por motivos formais da reclamación interposta polo . Debe lembrarse que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Unico: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por con data 20 de agosto de 2019, contra a desestimación, por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante a Deputación da Coruña, referente aos procesos selectivos convocados polas resolucións 14.846/2016 e 14.841/2016, ambas de data 22/06/2016, de elaboración de listas de aspirantes para a selección de persoal funcionario interino e/ou laboral temporal, posto de arquitecto/a, e arquitecto/a técnico/a, respectivamente (BOP 122, 29/06/2016), Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019 María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.