Inadmitida 29/10/2019 · 63 días en resolverse

Inadmisión de reclamación por falta de respuesta a una queja sobre protocolos de tratamiento sanitario

El ciudadano solicitó explicaciones a la Consellería de Sanidade sobre contradicciones en informes médicos sobre un protocolo de tratamiento. No hubo alegaciones previas ya que se impugna la falta de respuesta. La Comisión de Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque se trata de una queja administrativa y no de una solicitud de acceso a la información pública.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación no impugna la falta de contestación a una solicitud de acceso a la información, sino a un procedimiento de queixa.
2 El procedimiento de queja se rige por la Ley 1/2015 de garantía de la calidad de los servicios públicos y la buena administración, no por la normativa de transparencia.
3 Se aplica el artículo 116.c de la Ley 39/2015 para inadmitir la reclamación al no tratarse de un acto susceptible de recurso en materia de acceso a la información pública.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 27 de agosto de 2019, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de outubro de 2019, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Único. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 27/08/2019, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a falla de contestación a unha queixa presentada o 17 de xuño de 2019, ante a Consellería de Sanidade, sobre contradicións entre un facultativo e o informe remitido polo Servizo Galego de Saúde, sobre a existencia de protocolo para tratamento dunha patoloxía. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. -Análise do expediente O interesado presenta unha reclamación ante a Comisión de Transparencia de Galicia, por non ter resposta a unha solicitude de queixa, no que solicita explicacións ante o que considera unha información contraditoria entre as alegacións dun facultativo e un informe remitido polo Servizo Galego de Saúde sobre a existencia de protocolo para tratamento dunha patoloxía. Non existe no presente caso unha solicitude de acceso á información pública non atendida fronte ao que o interesado reclame, senón a presentación dunha queixa que inicia un procedemento e no que o reclamante é interesado, e que se rexe polo disposto na Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos da boa administración e no Decreto 129/2016, do 15 de setembro, polo que se regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia. De acordo co anterior, ao non ter por obxecto a reclamación presentada polo impugnar a falta de contestación a unha solicitude de acceso á información, senón a falta de contestación a un procedemento de queixa, de conformidade co disposto no artigo 116.c da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a inadmisión da reclamación presentada, por non tratarse dun acto susceptible de recurso en materia de acceso á información pública. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por con data 27 de agosto de 2019, contra a falla de contestación a unha queixa presentada o 17 de xuño de 2019, ante a Consellería de Sanidade, sobre contradicións entre as afirmacións dun facultativo e o informe remitido polo Servizo Galego de Saúde sobre a existencia de protocolo para tratamento dunha patoloxía. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019 María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia