Estimada 29/10/2019 · 62 días en resolverse

Acceso al convenio entre la Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, AMTEGA y Microsoft España para la plataforma Office 365

El ciudadano solicitó a la Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional el acceso al convenio suscrito con AMTEGA y Microsoft España para Office 365. Ante el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración no facilitó la información en plazo ni informó de la remisión del expediente.

Puntos clave de la argumentación

1 La Consellería debió dar acceso directo al convenio al poseer la información, en lugar de remitir al interesado a la entidad que tramitó administrativamente el documento.
2 Se vulneró el artículo 19.1 de la Ley 19/2013 al no informar al solicitante sobre la remisión de su solicitud al órgano que la administración consideraba competente.
3 La reclamación es admitida al presentarse contra una resolución presunta por silencio administrativo, siguiendo la doctrina de que los recursos contra actos no expresos pueden interponerse en cualquier momento.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 28 de agosto de 2019, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de outubro de 2019, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 28 de agosto de 2019 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ao convenio asinado entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a AMTEGA e Microsoft España para utilizar nos centros educativos a plataforma Oficce 365. O reclamante indicaba que o convenio non esta na base de datos de convenios da Xunta de Galicia. O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude e do seu DNI. Segundo. Con data 2 de Setembro de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 10 de setembro de 2019. Terceiro. Con data do 4 de outubro de 2019 a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a solicitude do interesado, que tivo entrada o 17 de xullo de 2019, e 18 de xullo de 2019, a devandita solicitude foi redirixida á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), ao ser o órgano autonómico que xestionou o expediente de preparación do convenio do que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional é parte asinante. Ao coñecer a través do recurso presentado que o interesado non tivera acceso ao texto do convenio solicitado, a Consellería concedeu ao recorrente a información solicitada, remitíndolle copia do convenio de colaboración indicado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado fixo unha solicitude á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, consistente en ter acceso a un convenio concreto do que a citada Consellería é parte. De conformidade co disposto no artigo 27.3 da Lei 1/2016, a dita Consellería, dado que posúe a información solicitada, debería ter dado acceso ao solicitante, en vez de remitilo á entidade que tramitara administrativamente o convenio (neste caso a AMTEGA), dado que o interesado solicitou ter acceso ao convenio, non ter acceso ao expediente administrativo da súa tramitación. A Consellería incumpriu tamén o disposto no artigo 19.1 da Lei 19/2013, por canto si entendeu, aínda que erroneamente, que o competente para dar a información era a AMTEGA, debería informar ao interesado da remisión da súa solicitude ao órgano que consideraba competente. Dado que ao interesado, aínda que fora do prazo establecido no artigo 27.4 da Lei 1/2016, se lle remitiu a información solicitada, procede a estimación por motivos formais, da reclamación presentada. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único : Estimar, por motivos formais, a reclamación presentada por con data 28 de agosto de 2019, contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso ao convenio asinado entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a AMTEGA e Microsoft España para utilizar nos centros educativos a plataforma Oficce 365. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019 María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.