El ciudadano solicitó la cancelación o devolución de billetes a una compañía naviera. No se alegaron motivos adicionales. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación porque no se trata de una solicitud de acceso a la información pública, sino de una queja sobre consumo.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación no impugna la falta de contestación a una solicitud de acceso a la información, sino la denegación de un cambio o devolución de un título de transporte.
2
El objeto de la solicitud es una queja que podría iniciar un expediente en materia de consumo o una reclamación judicial, pero no administrativa de transparencia.
3
Se procede a la inadmisión conforme al artículo 116.c de la Ley 39/2015 por no tratarse de un acto susceptible de recurso en materia de acceso a la información pública.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 28 de
agosto de 2019, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de outubro de 2019,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Único. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 28/08/2019, unha reclamación contra a denegación da súa solicitude de
cancelación ou devolución de billetes por parte da Compañía Naviera
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. -Análise do expediente
A interesada presenta unha reclamación ante a Comisión de Transparencia de Galicia, contra
a denegación da súa solicitude de cancelación ou devolución de billetes pola Compañía
Naviera
Non existe no presente caso unha solicitude de acceso á información pública non atendida
fronte ao que a interesada reclame, senón unha queixa contra denegación dun cambio ou
devolución dun billete de transporte que pode iniciar un expediente de reclamación en
materia de consumo, ou de reclamación ante o tribunal que corresponda, de ser o caso.
De acordo co anterior, ao non ter por obxecto a reclamación presentada pola
impugnar a falta de contestación a unha solicitude de acceso á información, senón a
denegación dunha solicitude de devolución ou cambio dun título de transporte, de
conformidade co disposto no artigo 116.c da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
Administrativo Común das Administracións Públicas, procede a inadmisión da reclamación
presentada, por non tratarse dun acto susceptible de recurso en materia de acceso á
información pública.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por con data 28 de
agosto de 2019, contra a denegación da súa solicitude de cancelación ou devolución de
billetes pola Compañía Naviera .
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia