Inadmitida 30/10/2019 · 51 días en resolverse

Solicitud de copia de contrato menor formalizado por la FAEPAC y resultado de inadmisión por prematura

El ciudadano solicitó a la Deputación Provincial da Coruña copia de un contrato menor formalizado por la FAEPAC. La Comisión da Transparencia inadmitió la reclamación porque fue presentada antes de que finalizara el plazo legal de un mes para que la administración respondiera, aunque insta a la entidad a remitir la información al interesado.

Puntos clave de la argumentación

1 La Deputación Provincial da Coruña incumplió el artículo 19 de la Ley 19/2013 al no remitir directamente la solicitud a la FAEPAC y limitarse a informar al interesado.
2 El cómputo del plazo para resolver la solicitud comenzó el 9 de septiembre de 2019, fecha en que la FAEPAC recibió la petición.
3 La reclamación se presentó prematuramente, antes del vencimiento del plazo legal de respuesta (9 de octubre de 2019), lo que motiva la inadmisión.
4 La inadmisión no implica la denegación del derecho de acceso, por lo que la administración debe remitir la información previa revisión de posibles límites legales y disociación de datos.

Texto completo

Terceiro. Con data 26 de setembro de 2019 Deputación Provincial da Coruña contesta a petición remitindo un informe no que comunica que con data do 20 de setembro de 2019, remítese por escrito á Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña FAEPAC a solicitude de informe e copia da documentación recibida para a súa tramitación, posto que se trata dun organismo administrativa e legalmente independente e autónomo. Cuarto: Con data do 16 de outubro de 2019, a FAEPAC remite copia do expediente e informe, no que comunica que recibiu 9 de setembro de 2019 un correo electrónico do rexistro de Deputación, e o mesmo día recibiu un correo electrónico do interesado, solicitando unha copia orixinal do referido contrato. A FAEPAC envía un correo a o 24 de setembro solicitándolle, unha dirección postal que posibilite a notificación formal. A FAEPAC remite co seu informe a documentación incluída no expediente de contrato entre FAEPAC e que figura publicado na paxina web da FAEPAC na pestana de Transparencia , do que remite o enlace. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Análise do expediente O interesado fixo unha solicitude á Deputación Provincial da Coruña, de acceso a un contrato menor formalizado por un organismo publico dependente da Deputación Provincial da Coruña. A Deputación Provincial da Coruña, con data do 9 de setembro de 2019, remitiu un correo electrónico ao interesado no que lle comunica que debe dirixir a súa petición directamente á FAEPAC e lle remite o seu enderezo. A Deputación debería, de conformidade co disposto no artigo 19 da Lei 19/2013, ter remitida a solicitude directamente a FAEPAC e informar desta circunstancia ao interesado. Dado que a FAEPAC recibiu a solicitude con data do 9 de setembro de 2019, a partir desa data é a que se debe empezar o cómputo dun mes para que a Fundación resolvese a solicitude de acceso á información, de conformidade co disposto no artigo 27.4 da Lei 1/2016, prazo que remataría o 9 de outubro de 2019. Por tanto, o interesado presentou a súa reclamación ante a Comisión da Transparencia antes que que finalizase o prazo para que a Fundación resolvese, procedendo en consecuencia a inadmisión da reclamación presentada. A inadmisión da reclamación no presente caso, prodúcese por terse presentada a reclamación antes de que finalizase o prazo para que a Fundación resolvese, o que non significa que o interesado non teña dereito de acceso á información solicitada. A Fundación remite á Comisión da Transparencia a información solicitada, pero non consta que a remitise ao interesado, polo que procede que se lle remita a información pedida, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma e comprobar si existen datos ou contidos parciais que podan verse afectados de forma clara polos límites legalmente previstos (artigos 14 e 15 da Lei 19/2013), para, de ser o caso, realizar a disociación dos mesmos se procede, salvo no caso de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2 da referida Lei). A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do correspondente recurso substitutivo. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Inadmitir a reclamación presentada por con data 9 de setembro de 2019, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á copia en formato orixinal do contrato menor formalizado entre FAEPAC, organismo público dependente da Deputación Provincial da Coruña e en setembro de 2018. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019 María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia