El ciudadano solicitó al Concello de Arzúa copia de los expedientes de licencias de actividad hotelera de un pazo. El ayuntamiento denegó parcialmente la copia de zonas residenciales privadas. La Comisión de Transparencia estima parcialmente la reclamación, obligando a facilitar la copia de las estancias destinadas a actividad hotelera y anulando condiciones restrictivas de uso.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso se extiende a los expedientes de licencias de actividad hotelera, ya que no se ha acreditado la existencia de límites legales que justifiquen la denegación para las estancias publicitadas como hotel.
2
Es improcedente condicionar el acceso a la información a la firma de una declaración de compromiso de no afectar al honor o intimidad, pues contraviene el derecho de utilización de la información sin más limitaciones que las legales.
3
La administración debe respetar el procedimiento de formalización del acceso previsto en el artículo 22.2 de la Ley 19/2013 cuando existe oposición de un tercero.
4
La solicitud se centraba en títulos habilitantes de la actividad hotelera y no en la vivienda familiar del titular, por lo que la protección de la intimidad no es aplicable a las zonas destinadas al negocio.
Texto completo
cando o propietario ten publicitado o devandito pazo como hotel, figurando na web as
correspondentes fotografías do interior do mesmo, ás que se pode acceder a través de
internet.
Acompaña copia da acta notarial onde se incorporan as fotografías do interior do pazo
publicadas nas indicadas páxinas web e por tanto de acceso público e xeral e sobre as que o
propietario manifesta que están destinadas a residencia privada, estancias que, á vista da acta
que se achega, están publicitadas como hotel.
Segundo. Con data do 17 de Setembro de 2019 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Concello de Arzúa para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 19 de setembro de 2019.
Terceiro. Con data 1 de outubro de 2019 Concello de Arzúa contesta a petición remitindo o
informe e o expediente instruído.
O informe limítase a relacionar os distintos documentos que forman parte do expediente, sen
facer ningún tipo de valoración sobre o contido da reclamación presentada polo
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado se lle deu traslado da
resolución que impugna con data do 9 de agosto de 2019, e a reclamación tivo entrada no
Rexistro do Valedor do Pobo con data do 9 de Outubro de 2019, debe admitirse a reclamación
por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
mediante escrito do 14 de maio de 2019, solicitou vista e copia de todos os
expedientes de licenzas ou títulos habilitantes da actividade outorgados nos últimos seis anos
no , no que e ten constancia de que destina todas ou parte das
habitacións á actividade de hotel.
O Concello de Arzúa, con data do 8 de agosto de 2019, dita resolución, previa audiencia ao
titular do ben en cuestión que se opón ao acceso, na que concede acceso á información
solicitada, baixo as seguintes condicións:
a) Con respecto aos documentos, fotografías ou planos obrantes no
expediente que conteñan algún dato relativo á zona do pazo destinada a uso
residencial privado e non a hospedaxe, solo se outorga vista do expediente e non
así copia do mesmo.
Igualmente, non se faculta ao solicitante para a realización de reportaxe
fotográfica, gravación ou reprodución por calquera medio, dos documentos que
teñan que ver coa zona destinada a uso residencial privado.
b) Que con carácter previo a acceder á información, deberase presentar polo
solicitante, un exemplar de declaración debidamente asinada, onde conste, de
xeito expreso, o compromiso de non utilizar esta a fins que poidan afectar ao
dereito ao honor, á intimidade e á propia imaxe, ou a aqueles outros recoñecidos
pola lexislación reguladora da propiedade intelectual, comercial ou industrial.
c) Que nos documentos obxecto vista, copia ou reprodución, disociaranse os
datos persoais das persoas físicas particulares intervintes no expediente, tales
coma nome, DNI, enderezo, teléfono, correo electrónico, fax, etc., mediante a
ocultación dos mesmos.
Deste xeito, a resolución estima parcialmente as alegacións formuladas polo propietario do
inmoble, non outorgando autorización para a realización de copia ou reprodución dos
documentos que, formando parte do expediente, correspondan á zona destinada a uso
residencial privado, de cara a protexer calquera eventual invasión ou lesión do dereito á
intimidade.
O reclamante oponse á resolución por que considera que o concello, baixo o pretexto de que
no Pazo reside o seu propietario, acorda non acceder a facilitar copia da información solicitada
se refiran á súa residencia privada. Considera que non se trata de documentación reservada
ou secreta, senón de expedientes en materias urbanística e ambiental para as que rexe a
acción pública, sen que se xustifique en que medida se esta a vulnerar a intimidade do
propietario por obter copia de documentos relativos a unha licenza ou dun proxecto da
actividade dun hotel que está publicitado, acompañando ao efecto, copia dunha acta notarial
onde se incorporan as fotografías do interior do pazo publicadas na web e de acceso público
e xeral, que están publicitadas como hotel.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a aportación do seu criterio mediante
a remisión de informe, e o Concello remitiu un documento ao que non se lle pode dar o
carácter de informe, xa que non é mais que unha relación de documentos anteriores e
posteriores á solicitude do do 14 de maio de 2019, que é a orixe desta
reclamación. Acompaña tamén distintos escritos de alegacións do reclamante e do titular do
Pazo, documentación da que non se pode deducir de ningún xeito cal é a parte do inmoble
adicado á actividade de hotel, e cal é a parte, no caso de existir, adicada a residencia privada
do titular do inmoble. Carece por tanto a Comisión da Transparencia de constancia de cal é a
parte do inmoble adicado á actividade hoteleira sobre a que se concede o acceso á
información e carece tamén do criterio do Concello sobre os argumentos que o
expón na súa reclamación.
En ausencia do informe do Concello sobre a reclamación presentada, debemos centrarnos no
obxecto da solicitude formulada polo con data do 14 de maio de 2019, que
consiste en “vista y copia de todos los expedientes de licencias o títulos habilitantes de la
actividad otorgados en los últimos seis años relativa a la actividad [hotelera] desarrollada en
el ”.
Está claro que a solicitude de acceso á información se refire a expedientes de licencias ou
títulos habilitantes da actividade como hotel do referido Pazo, e non a calquera parte do
inmoble que non se adique á dita actividade hoteleira.
, titular do inmoble, nas alegacións presentadas ao Concello e que constan
no expediente, manifesta que o referido Pazo ten licencia de actividade de turismo rural na
modalidade de “compartida”, o que implica que no edificio no que se desenvolve a actividade
hoteleira, é á vez vivenda familiar do propietario.
O non solicitou acceso a información referente a planos, documentos ou licencias
que fagan referencia ao fogar familiar que poida ter o titular no dito inmoble, senón ás
adicadas á actividade hoteleira, e a efectos de acreditar a parte do inmoble afecto á dita
actividade, presenta coa súa reclamación unha acta notarial na que se fai constar que no Pazo
existen catorce habitacións publicitadas na paxina web do establecemento para uso hoteleiro,
un bar o lounge, área para parrillas, aparcamento, piscina ao aire libre, xardín, área de picnic,
terraza e biblioteca. Por tanto, débese entender que as anteriores instalación publicitadas,
son as adicadas a uso hoteleiro, e sobre as que o reclamante solicitou acceso á información.
O Concello na súa resolución, considera que existen límites de acceso á información referente
á zona privada do inmoble, pero dado que non se acredita no expediente a existencia de
ningún dos límites establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, referidos á parte destinada
a uso hoteleiro, debe concluírse que o interesado ten dereito de acceso e obtención de copia
dos expedientes de licencia ou actividade sobre as ditas estancias, outorgados nos últimos
seis anos (deben entenderse os seis anos anteriores ao 14 de maio de 2019, data da súa
solicitude).
Sexto.- Utilización da información polo solicitante.
O Concello na súa resolución, condiciona o acceso á información a que con carácter previo se
presente polo solicitante unha declaración na que conste de xeito expreso, o compromiso de
non utilizar esta a fins que poidan afectar ao dereito ao honor, á intimidade e á propia imaxe,
ou a aqueles outros recoñecidos pola lexislación reguladora da propiedade intelectual,
comercial ou industrial. Esta condición, é contraria ao disposto no artigo 24.2.a) da Lei 1/2016,
que establece que deben garantírselle á cidadanía a posibilidade de utilización da información
sen mais limitacións que as derivadas desta ou doutras leis, limitacións entre as que esta a
establecido no artigo 15.5 da Lei 19/2013, polo que esta condición, debe terse por non posta.
Sétimo.- Formalización do acceso
Debe ademais o Concello ter en conta o disposto no artigo 22.2 da Lei 19/2013, que respecto
de a formalización do acceso, prevé que se existiu oposición de terceiro como sucedeu no
presente caso, o acceso só terá lugar cando, concedéndose devandito acceso, transcorrese o
prazo para interpoñer recurso contencioso administrativo sen que se formalizase ou fose
resolto confirmando o dereito para recibir a información. A dita previsión ten como obxectivo,
en última instancia, que a información non sexa accesible en prexuízo de dereitos ou intereses
de terceiros alegados no procedemento, de tal maneira que as posibles vías de recurso
véxanse desnaturalizadas.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión de
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada por
con data 9 de setembro de 2019, contra a Resolución da Alcaldía de Arzúa do 8 de agosto de
2019, no senso establecido nos fundamentos de dereito desta resolución, sobre as estancias
destinadas a actividade de turismo rural .
Segundo: Instar a Concello de Arzúa, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, facilite o
acceso e copia dos expedientes de licencia ou títulos habilitantes da actividade hoteleira do
de acordo co fundamento xurídico quinto desta resolución, respectando os
límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no
que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Concello de Arzúa, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa
Comisión da Transparencia copia do envío e da información solicitada ao reclamante.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.