Desestimada 30/10/2019 · 49 días en resolverse

Reclamación contra la resolución del Concello de Arzúa sobre acceso a expedientes de licencias de actividad hoteleira

Se solicitó al Concello de Arzúa copia de expedientes de licencias de actividad de un hotel. El propietario del inmueble alegó vulneración de su intimidad y la finalización de los expedientes. La Comisión de Transparencia desestima la reclamación del propietario, validando el acceso a la información relativa a la actividad hotelera previa disociación de datos personales.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública se reconoce de forma amplia para todas las personas sin necesidad de motivar la solicitud.
2 La información solicitada se refiere a instalaciones dedicadas al turismo rural y no al hogar familiar, por lo que no se vulnera la intimidad del propietario.
3 El hecho de que los expedientes administrativos estén finalizados no constituye una causa legal para denegar el acceso a la información pública.
4 El acceso a la información debe proceder siempre que se realice la disociación de datos personales de acuerdo con el artículo 15 de la Ley 19/2013.

Texto completo

costumes e usos da familia e como tal, deben ser protexidos de acordo co establecido na Constitución Española e na normativa de protección de datos de carácter persoal. Considera o interesado que de acordo co disposto nos artigos 35 e 37 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común, que o acceso aos documentos dun expediente que estea finalizado unicamente se pode conceder á persoa á que pertencen eses datos. Así mesmo, considera que de acordo co disposto na Lei 15/1999, de protección de datos persoais, o afectado ten dereito de oposición, segundo o cal o afectado ten dereito a que non leven a cabo o tratamento dos seus datos ou se cese no mesmo cando, entre outros casos, non sexa necesario o seu consentimento para o tratamento. O reclamante considera que o tratar de dificultar ou impedir o desenvolvemento da actividade de Turismo Rural no Segundo. Con data 17 de setembro de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante Concello de Arzúa para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 19 de setembro de 2019 Terceiro. Con data 1 de outubro de 2019 Concello de Arzúa contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. O informe limítase a relacionar os distintos documentos que forman parte do expediente, sen facer ningún tipo de valoración sobre o contido da reclamación presentada polo . FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. Dado que segundo consta no escrito do Concello, ao interesado se lle da traslado o día 9 de agosto de 2019 (sen que se faga constar cando o recibiu), o interesado manifesta a súa recepción o 12 de agosto de 2019, e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 11 de setembro de 2019, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente mediante escrito do 14 de maio de 2019, solicitou vista e copia de todos os expedientes de licenzas ou títulos habilitantes da actividade outorgados nos últimos seis anos no , no que e ten constancia de que destina todas ou parte das habitacións á actividade de hotel propiedade o . O Concello de Arzúa, con data do 8 de agosto de 2019, ditou resolución, previa audiencia ao que manifestou a súa oposición, na que concede acceso á información solicitada ao , baixo as seguintes condicións: a) Con respecto aos documentos, fotografías ou planos obrantes no expediente que conteñan algún dato relativo á zona do pazo destinada a uso residencial privado e non a hospedaxe, solo se outorga vista do expediente e non así copia do mesmo. Igualmente, non se faculta ao solicitante para a realización de reportaxe fotográfica, gravación ou reprodución por calquera medio, dos documentos que teñan que ver coa zona destinada a uso residencial privado. b) Que con carácter previo a acceder á información, deberase presentar polo solicitante, un exemplar de declaración debidamente asinada, onde conste, de xeito expreso, o compromiso de non utilizar esta a fins que poidan afectar ao dereito ao honor, á intimidade e á propia imaxe, ou a aqueles outros recoñecidos pola lexislación reguladora da propiedade intelectual, comercial ou industrial. c) Que nos documentos obxecto vista, copia ou reprodución, disociaranse os datos persoais das persoas físicas particulares intervintes no expediente, tales coma nome, DNI, enderezo, teléfono, correo electrónico, fax, etc., mediante a ocultación dos mesmos. Deste xeito, a resolución estima parcialmente as alegacións formuladas polo propietario do inmoble, non outorgando autorización para a realización de copia ou reprodución dos documentos que, formando parte do expediente, correspondan á zona destinada a uso residencial privado, de cara a protexer calquera eventual invasión ou lesión do dereito á intimidade. O oponse á resolución por considerar que a solicitude de acceso á información do refírese a documentos que teñen que ver co seu fogar e entorno familiar, e por tanto coa súa intimidade, e que as licenzas e permisos corresponden a expedientes administrativos pechados no ano 2017, e por tanto non é posible conceder o acceso. Presenta copia da declaración responsable de inicio de actividade de establecemento de turismo rural, na modalidade compartida, no que se fai constar que o establecemento dispón de oito habitacións dobres para usos turísticos. Pola Comisión da Transparencia solicitouse ao Concello a aportación do seu criterio sobre a reclamación presentada polo , mediante a remisión de informe, e o Concello remitiu un documento ao que non se lle pode dar o carácter de informe, xa que non é mais que unha relación de documentos anteriores e posteriores á solicitude do do 14 de maio de 2019, que é a orixe desta reclamación. Acompaña tamén distintos escritos de alegacións do reclamante e do titular do Pazo, documentación da que non se pode deducir de ningún xeito cal é a parte do inmoble adicado á actividade de hotel, e cal é a parte, no caso de existir, adicada a residencia privada do titular do inmoble. Carece por tanto a Comisión da Transparencia de constancia de cal é a parte do inmoble adicado á actividade hoteleira sobre a que se concede o acceso á información e carece tamén do criterio do Concello sobre os argumentos que o expón na súa reclamación. De acordo coa solicitude que figura na copia do expediente remitida polo Concello, o non solicitou acceso a información referente a planos, documentos ou licencias que fagan referencia ao fogar familiar que poida ter o titular no dito inmoble, senón ás adicadas á actividade hoteleira. Na reclamación que o presentou ante esta Comisión fronte a Resolución do 8 de agosto de 2019 do Concello de Arzúa (mesma resolución contra a que reclama o expediente) que se esta a tramitar no expediente RSCTG 123/19, a efectos de acreditar a parte do inmoble afecto á actividade hoteleira, presenta unha acta notarial na que se fai constar que no Pazo ofértanse catorce habitacións (e non oito como figuran na declaración responsable achegada polo reclamante) publicitadas a través da paxina web do establecemento para uso hoteleiro, un bar o lounge, área para parrillas, aparcamento, piscina ao aire libre, xardín, área de picnic, terraza e biblioteca. Por tanto, débese entender que as anteriores instalación publicitadas, son as adicadas a uso hoteleiro, e son estas sobre as que o interesado solicitou acceso á información. De acordo co anterior, non se pode admitir a alegación do reclamante no referente a que a solicitude de acceso poida afectar á súa intimidade familiar, posto que a información que se esta a solicitar é a referente á parte das instalacións adicadas a turismo rural, e todo elo sen prexuízo de que previamente a que se dea o acceso solicitado, se procede á disociación dos datos de carácter persoal que poidan figurar na documentación, en aplicación do disposto no artigo 15 da Lei 19/2013. Tampouco pode ser aceptado como pretende o reclamante, a denegación do acceso á información solicitada en base ao establecido nos artigos 35 e 37 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo feito de que o expediente estea finalizado no ano 2017. A norma que cita o reclamante, esta derrogada pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, Lei que no seu artigo 13 establece, entre os dereitos das persoas nas súas relacións coas Administracións Públicas, o dereito ao acceso á información pública, arquivos e rexistros, de acordo co previsto na Lei 19/2013, e o resto do Ordenamento Xurídico. Como se di no fundamento xurídico terceiro desta resolución, o artigo 204 da Lei 1/2016, e o 13 da Lei 19/2013, recoñecen o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no seu ámbito de aplicación, elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, sen que o feito de que os expediente estea finalizado sexa causa de denegación de acceso, e sen necesidade de que o solicitante motive a súa petición (artigo 26.4 da Lei 1/2016 e 17.3 da Lei 19/2013). De acordo co anterior, non poden prosperar as alegacións do reclamante, polo que procede a desestimación da reclamación presentada polo . En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por con data 11 de setembro de 2019, contra a Resolución da Alcaldía de Arzúa do 8 de agosto de 2019, pola que se lle concede a , de forma condicionada, vista e copia dos expedientes de licenzas ou títulos habilitantes de actividade outorgados nos últimos seis anos, relativos á actividade desenvolta no . Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019 María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.