Estimada parcialmente 30/10/2019 · 41 días en resolverse

Acceso a información sobre personal, inspección y cuentas de la Axencia de Turismo de Galicia

El ciudadano solicitó a la Axencia de Turismo de Galicia datos sobre personal, inspectores de baja/vacaciones, tareas de inspección, funcionamiento del REAT y cuentas anuales. La Comisión de Transparencia de Galicia estima parcialmente la reclamación, instando a la administración a informar sobre las bajas/vacaciones una vez delimitado el periodo, al considerar que el resto de información ya fue facilitada o requiere elaboración.

Puntos clave de la argumentación

1 La formalización del acceso a la información se produce indicando al solicitante cómo acceder a ella cuando la información ya ha sido publicada.
2 La solicitud de información sobre el funcionamiento de un registro no constituye un derecho de acceso, sino una petición de informe a medida.
3 El derecho a la información pública no puede confundirse con el derecho a la confección de un informe por un órgano público a instancia de un particular.
4 La solicitud de número de inspectores de baja o vacaciones no vulnera la protección de datos al no solicitarse la identidad de los mismos.

Texto completo

O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada. O interesado acreditou a súa identidade en prazo, a requirimento da Comisión de Transparencia de Galicia. Segundo. Con data 20 de setembro de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante Axencia de Turismo de Galicia para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 25 de setembro de 2019. Terceiro. Con data 2 de outubro de 2019 a Axencia de Turismo de Galicia contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que con data do 18.07.2019 o interesado presentou unha solicitude de información referida a o número de persoal da Axencia en xeral, e do persoal inspector en particular, así como cantos destes últimos se atopaban de baixa ou de vacacións, cales eran as tarefas da Inspección de Turismo de Galicia, Como funciona e se funcionaba o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT), as contas anuais da Axencia Turismo de Galicia. Por resolución do 29.07.2019 concedeuse o acceso á información solicitada. Con data do 31.07.2019 o interesado presenta unha nova solicitude e mediante resolución do 30.09.2019 da directora de Turismo de Galicia concedeuse o acceso á información pública solicitado, e unha vez recibida a contestación referida no apartado anterior, presenta nova solicitude de información pública que se atopa pendente de resolución. Na dita solicitude, o solicitante insiste na mesmas cuestións. Considera a Axencia que todas as solicitudes de información pública presentadas polo interesado foron contestadas nos termos das Leis 19/2013, e 1/2016. Das 3 solicitudes de información pública presentadas se contestaron, ou se están a contestar, facilitando os datos que solicita na medida que esta Axencia dispón dos mesmos. Cousa distinta é que o interesado non teña por satisfeitas as súas solicitudes, o que excede con moito o ámbito de aplicación da normativa de información pública. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Axencia de Turismo de Galicia non resolveu a solicitude de acceso á información no prazo dun mes desde a súa presentación, tal e como establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O reclamante presentou unha solicitude de acceso á información da que unha parte do seu contido pode considerarse como información pública de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 1/2016, dado que se refire a contidos ou documentos que constan en poder da Axencia de Turismo de Galicia, e unha serie de información que pode considerarse como unha petición de elaboración de informe a medida. Na resolución da Axencia de Turismo de Galicia do 29 de xullo de 2019, se lle remiten os links á relación de postos de traballo da Axencia, no que pode comprobar o persoal total da Axencia e o persoal adicado á inspección. Así mesmo, remitíuselle a referencia da norma na que figuran as tarefas da inspección e o link á paxina na que pode acceder á mesma, o link á Rexistro de Empresas Turísticas no que se pode acceder ao seu contido (que se pode descargar en formato ODS, XLSX e HTML) e a forma de acceder ás contas anuais tanto a través da web de Turismo de Galicia como a través da web de Transparencia da Xunta de Galicia. Por tanto considerase que a información foi facilitada correctamente e de acordo co disposto no artigo 22.3 da Lei 19/2013, que establece que a formalización do acceso á información producirase, nos casos nos que a información xa fora publicada, indicando ao solicitante como acceder a ela. Así mesmo, segundo consta no informe do Director de Competitividade de Turismo de Galicia, se lle remitiu o Plan de Inspección Turística. Respecto á solicitude de información sobre os inspectores que se atopan de baixa ou de vacacións, ao solicitar o interesado unicamente o numero e non a identidade dos que se atopan de baixa ou vacacións, non pode entenderse que a dita información estea afectada polo límite do artigo artigo 15 da Lei 19/2013, se ben deberá a Axencia solicitar do interesado que delimite o período de tempo sobre o que solicita a dita información. En canto a súa solicitude de información sobre o funcionamento do Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT), a petición non se pode considerar una solicitude de acceso á información pública, senón que debe considerarse unha solicitude á Axencia de Turismo de Galicia de que se pronuncie, mediante a emisión dun informe, sobre o funcionamento dun recurso. A sentenza da Audiencia Nacional do 24 de xaneiro de 2017 establece que o dereito á información non pode ser confundido co dereito á confección dun informe por un órgano público a instancia dun particular, polo que o artigo 18.1.c) establece como causa de inadmisión os supostos nos que a información que se solicita require de unha elaboración e confección. Por tanto, é indiferente que dita información obre en poder da Administración, debendo interpretarse o artigo 13 da Lei no senso de que o dereito á información pública non pode converterse no dereito a obter un informe a medida do requirido polo solicitante. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada por con data 19 de setembro de 2019, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante a Axencia de Turismo de Galicia, non senso establecido no fundamento quinto da presente resolución. Segundo: Instar a Axencia de Turismo de Galicia, a que, unha vez delimitado polo interesado o período sobre o que solicita o número de inspectores de turismo de baixa ou vacacións, no prazo máximo de 15 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Axencia de Turismo de Galicia, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esa Comisión da Transparencia copia do envío e da información solicitada ao reclamante. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019 María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.