El ciudadano solicitó al Concello de Palas de Rei expedientes de actuaciones urbanísticas. Tras presentar una reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia por silencio administrativo, el interesado desistió de la misma al haber recibido la información. La Comisión acuerda archivar las actuaciones por desistimiento.
Puntos clave de la argumentación
1
Se acepta la desistencia de la solicitud conforme al artículo 94 de la Ley 39/2015, que permite al interesado desistir de su solicitud y declarar concluido el procedimiento.
2
La resolución se fundamenta en la inexistencia de terceros interesados que instasen la continuación del procedimiento tras la renuncia del solicitante.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de
xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista a reclamación presentada por , mediante escrito do 20 de
setembro de 2019, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, adoptase a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro
do Valedor do Pobo o día 20 de setembro de 2019, unha reclamación ao amparo do disposto
na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
por entender desestimada unha solicitude de acceso á información por parte Concello de
Palas de Rei referida aos expedientes de actuacións urbanísticas
do Concello de Palas de Rei.
O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude e do seu DNI.
Segundo. Con data 24 de setembro de 2019 déuselle traslado da documentación achegada
pola reclamante ao Concello de Palas de Rei para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegaran informe e copia completa e ordenada do expediente.
O requirimento de expediente foi recibido con data 1 de outubro de 2019 pola administración.
Terceiro. Con data do 9 de outubro de 2019 recibiuse o informe da administración.
O Concello informa que os datos do predio facilitados pola solicitante, eran erróneos, polo
que se tentou contactar con ela, non sendo posible. Remitíuselle á interesada comunicación
escrita co obxecto de que aclarase os datos, remitindo a interesada os datos correctos.
Cuarto. O 11 de outubro de 2019 recibiuse escrito da reclamante no que sinala que desiste da
reclamación ante a Comisión da Transparencia por ter recibida a información solicitada ao
Concello de Palas de Rei.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
De conformidade co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, todo interesado poderá
desistir da súa solicitude ou, cando non este prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar
aos seus dereitos por calquera medio que permita a súa constancia e a Administración
aceptará de plano a desistencia ou a renuncia, e declarará concluído o procedemento salvo
que, téndose personada no mesmo terceiros interesados, instasen estes a súa continuación
no prazo de dez días desde que foron notificados da desistencia ou renuncia.
De acordo co anterior, tendo presentado pola interesada escrito de desestimento, e non
constando a existencia de terceiros interesados, procede aceptar a desistencia á reclamación
presentada e declarar concluído o procedemento.
De acordo co anterior, a Comisión da Transparencia
ACORDA
Único: Arquivar por desistencia da interesada, reclamación presentada por
contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á
información dos expedientes de actuacións urbanísticas do
Concello de Palas de Rei e declarar concluso o procedemento.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, Haga clic aquí para escribir una fecha.
Mª Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia