Se solicitó a la Secretaría Xeral de Medios de la Xunta de Galicia copia documental de las campañas electorales del Partido Popular de Galicia (2006-2019). La administración inadmitió la solicitud. La Comisión da Transparencia desestima la reclamación porque los partidos políticos no son sujetos obligados a la publicidad pasiva según la normativa aplicable.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se limita a contenidos elaborados o adquiridos por sujetos incluidos en el ámbito de aplicación de la ley en ejercicio de sus funciones.
2
Los partidos políticos, aunque están obligados a la publicidad activa, no se encuentran incluidos entre los sujetos obligados a la publicidad pasiva.
3
La solicitud se dirigió a un órgano de la Administración Autonómica requiriendo información sobre la actividad de un partido político, quedando fuera del ámbito de aplicación de las leyes de transparencia.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
Vista a reclamación presentada con data do 23 de setembro de 2019, por
e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que
se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de
outubro de 2019, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Único.
presentou, mediante escrito que
tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 23 de setembro de 2019, unha reclamación
contra a resolución da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia do 18 de setembro de
2019, pola que se inadmite a súa solicitude de copia documental correspondente ás campañas
electorais do Partido Popular de Galicia dende o ano 2006 ata o 2019.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos se somete a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
Debe partirse da base de que en materia de Transparencia, a normativa establece por unha
banda, unha serie de obrigas aos suxeitos incluídos dentro do seu ámbito de aplicación en
materia de publicidade activa, e por outra, a obriga de dar resposta ás solicitudes de acceso á
información que presenten os cidadáns, que é o que podería denominarse publicidade pasiva.
Os suxeitos incluídos no artigo 3, parágrafos 1 e 2 da Lei 1/2016 (entre os que se atopan os
partidos políticos), están obrigados á publicidade activa prevista no artigo 6 e seguintes da Lei
1/2016, e o artigo 5 da Lei 19/2013, que consiste en publicaren por propia iniciativa e de forma
periódica, actualizada, clara, veraz, obxectiva e doadamente accesible toda aquela
información relevante relativa ao seu funcionamento, como medio para fomentar o exercicio
por parte da cidadanía do seu dereito fundamental á participación e ao control sobre os
asuntos públicos.
Pola súa banda o dereito de acceso á información pública é o dereito de toda persoa, neste
caso unha asociación, a acceder á información pública, entendéndose esta como os contidos
ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún
dos suxeitos incluídos no artigo 3.1 da Lei 1/2016 (entre os que non se atopan os partidos
políticos) e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións.
No presente caso, o interesado solicitou a un órgano da Administración Autonómica
(Secretaría Xeral de Medios), información referente a unha actividade dun partido político. A
resolución da Secretaría Xeral de Medios impugnada é por tanto conforme a dereito por
canto, o suxeito titular da información (un partido político) non é un suxeito obrigado á
publicidade pasiva, e por tanto o contido da solicitude de información, queda fora do ámbito
da Lei 1/2016 e 19/2013, sen sexa de aplicación no presente caso o disposto no artigo 19.1 da
Lei 19/2013 respecto de remitir a solicitude ao órgano competente, por estar a información
solicitada fora do ámbito de aplicación da Lei.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia
ACORDA
Único: Desestimar a reclamación presentada por
contra a resolución da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia do
18 de setembro de 2019, pola que se inadmite a súa solicitude de copia documental
correspondente ás campañas electorais do Partido Popular de Galicia dende o ano 2006 ata o
2019.
Contra esta resolución que poñen fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia