El ciudadano solicitó al Concello de Pontevedra información sobre la aplicación del requisito de permanencia mínima de dos años en procesos selectivos de Policía Local. Tras recibir una respuesta en el marco de alegaciones de un proceso selectivo, recurre a la Comisión de Transparencia de Galicia, que inadmitió la reclamación por no tratarse de una solicitud de acceso a la información pública.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación no se dirige contra una resolución en materia de acceso a la información pública, sino contra la aprobación de una relación de admitidos y excluidos en un proceso selectivo.
2
El interesado actúa en calidad de participante en un procedimiento de provisión de puesto de trabajo, cuestionando la aplicación de un requisito legal a los aspirantes.
3
El procedimiento de reclamación ante la Comisión de Transparencia requiere que la impugnación recaiga sobre una resolución expresa o presunta relativa al derecho de acceso a la información pública.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 10 de
outubro de 2019, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 29 de outubro de 2019,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 10 de outubro de 2019 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a resolución do 4
de outubro de 2019, da Concellaría delegada do Servizo de Persoal e Cultura do Concello de
Pontevedra, pola que se aproba a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos e se
fixa a data de constitución dos tribunais cualificadores e valoración de méritos dos procesos
selectivo convocados para cubrir varias prazas vacantes no corpo da policía local incluídas na
OEP do ano 2018 e do ano 2019 pola quenda de mobilidade horizontal.
O reclamante solicita a mediación da Comisión de Transparencia de Galicia para ser informado
de si o Concello de Pontevedra tivo en consideración o requisito de permanencia mínima de
dous anos no posto obtido por concurso ou permuta dos aspirantes concorrentes ao proceso
de concurso entre persoal funcionario de carreira doutros corpos da Policía Local de Galicia,
tal e como contempla a vixente Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, do
mesmo xeito que as causas que puidesen motivar a súa aplicación ou omisión.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada ao Concello de Pontevedra,
copia da resolución contra a que reclama e copia do seu DNI.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
O artigo 28 da Lei 1/2016, establece que contra as resolucións expresas ou presuntas en
materia de acceso á información pública poderá interporse unha reclamación ante a Comisión
da Transparencia, que terá a consideración de substitutiva dos recursos administrativos, así
como un carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa. O
procedemento para a tramitación da reclamación será o establecido nos parágrafos 2 a 4 do
artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que a tramitación da reclamación se axustará ao
establecido en materia de recursos pola normativa de procedemento administrativo vixente.
No presente caso, o reclamante participou nunha convocatoria para a obtención dunha praza
vacante no corpo de Policía Local do Concello de Pontevedra, e contra a resolución pola que
se aproba a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos da dita convocatoria,
presenta unha alegación que ten como finalidade coñecer si se tivo ou non en conta o
requisito de permanencia mínima de dous anos no posto obtido por concurso ou permuta que
establece a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
Na Resolución do 4 de outubro de 2019, da Concellaría delegada do Servizo de Persoal e
Cultura do Concello de Pontevedra, publicada no Boletín Oficial de Pontevedra do 9 de
outubro de 2019, contestase á súa alegación e é contra a dita contestación, o interesado
interpón a súa reclamación ante a Comisión da Transparencia. Trátase por tanto dun
expediente no que o reclamante participa para a obtención dun posto de Policía Local, no que
actúa na súa condición de interesado e no que cuestiona mediante a presentación dun escrito
de alegacións, si se aplicou ou non un requisito de permanencia aos aspirantes no
procedemento, e contra a contestación a esas alegacións, presenta reclamación ante a
Comisión de Transparencia de Galicia.
Non se trata por tanto dunha solicitude de acceso á información pública coa que o interesado
estea disconforme, senón dun procedemento específico de provisión dun posto de traballo
no que o reclamante, que ten a condición de participante no procedemento e por tanto
interesado, e cuestiona que se teña esixido un requisito aos participantes admitidos, que a Lei
do emprego público de Galicia establece.
A reclamación por tanto non pode ser admitida por porque a reclamación non se dirixe contra
unha resolución en materia de acceso á información pública, senón contra unha resolución
pola que se aproba a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos nun
procedemento de provisión de postos de traballo.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Inadmitir a reclamación presentada por con data 10 de
outubro de 2019, contra a de resolución do 4 de outubro de 2019, da Concellaría delegada do
Servizo de Persoal e Cultura do Concello de Pontevedra, pola que se aproba a relación
definitiva de aspirantes admitidos e excluídos e se fixa a data de constitución dos tribunais
cualificadores e valoración de méritos dos procesos selectivo convocados para cubrir varias
prazas vacantes no corpo da policía local incluídas na OEP do ano 2018 e do ano 2019 pola
quenda de mobilidade horizontal.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2019
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.