Estimada parcialmente 03/03/2020 · 81 días en resolverse

Solicitud de documentación organizativa y económica de la Fundación Pública Galega Camilo José Cela y resultado de la reclamación

El ciudadano solicitó documentación organizativa y económica a la Fundación Pública Galega Camilo José Cela. La Fundación denegó parte de la información alegando falta de medios técnicos, carácter abusivo de la solicitud o remitiendo al interesado a registros públicos. La Comisión da Transparencia de Galicia estima parcialmente la reclamación, obligando a entregar la información.

Puntos clave de la argumentación

1 La administración no puede remitir al solicitante a un registro público externo para acceder a documentos que la propia entidad ha elaborado en el ejercicio de sus funciones.
2 No se ha acreditado el carácter abusivo de la solicitud de cuentas bancarias, ya que no se ha motivado la decisión basándose en indicadores objetivos que justifiquen la inadmisión.
3 Es correcta la denegación de información cuando se acredita fehacientemente que la documentación solicitada no existe o no ha sido elaborada.
4 La remisión a información pública en internet debe ser precisa y concreta mediante enlaces directos, no siendo admisible la remisión genérica a leyes de presupuestos.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. quetivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 13 de decembro de 2019, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 3 de marzo de 2020, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES presentou, mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 13 de decembro de 2019, unha reclamación contra Resolución da Fundación Pública Galega Cam ilo José Cela do 22 de novembro de 2019, pola que se estima parcialmente a súa solicitude de acceso á información pública obtención de copia da documentación correspondente ás subvencións e axudas públicas, orzamentos, contas anuais e os informes de auditoría de contase de fiscalización, actas de aprobación das contas pola xunta xeral, retribucións, acordos e actuacións referidas a preitos, informe de financiamento das campañas e recursos dedicados para publicidade, inscrición da Fundación no rexistro, acta constitutiva, nomeamentos e cesamentos, estatutos de cargos e identificación das persoas físicas que os representan, identificación dos membros que integran o Con sello de administración da Fundación, contas bancarias, contratos ou convenios da Fundación e a Xunta de Galicia e contrato servizo informático da web. O escrito viña acompañado de copia da resolución impugnada e de copia da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, da Directiva (Unión Europea} 2019/1937, relativa ás persoas que informen sobre infraccións do dereito da Unión. Con data do 16 de decembro o interesado remitiu documentación complementaria. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.gal Segundo. Con data 20 de decembro de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Fundación Camilo José Cela para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola entidade foi o 26 de decembro de 2019. Terceiro. Con data 16 de xaneiro de 2020 a Fundación Camilo José Cela contesta a petición remitindo o informe e copia da solicitude presentada. A Fundación manifesta no seu informe que carece dos medios técnicos necesarios para extraer a información dado que parte da información require actividade de análise ou interpretación e debe elaborarse expresamente para atender á solicitude accedendo á información contida en cada expediente e carece dunha base informática da que poder obter os datos coque precisa unha procura manual en relación a expedientes arquivados ou se retira a un lapso temporal moi amplo. Considera a Fundación que deben inadmitirse, por tratarse de solicitude de acceso á información manifestamente repetitivas ou de carácter abusivo a solicitud e referida ao listado de contas bancarias ou outros bens, con copia do extracto e tarxetas, teléfonos móbiles. A Fundación carece de información referida ás retribucións percibidas pola Patroa, Director e cargos de confianza, asesores, cargos e vogais, xa que non se devengan soldos, dietas, remuneracións ou calquera outro tipo de complemento económico aos membros dos órganos de goberno, non existen acordes e actuacións encargadas ao gabinete xurídico para preitos dos responsables, non se financiaron campañas de publicidade da Fundación, non existen actas, rexistros ou ordenes nas que se negan os dereitos informativos e peticións de información pública existentes. Respecto do contrato do servicio informático da Web, infórmase que a paxma Web da Fundación é un Blog gratuíto de Wordpress, creado e xestionado integramente polos traballadores da Fundación dende o ano 2013 polo que non supón custo algún para a institución. Respecto dos actos e documentos da Fundación de inscrición obrigatoria no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, de acordo co disposto na Lei Fundacións de Interese Galego, a publicidade dos actos rexistrados tarase efectiva mediante a certificación dos asentos expedida polo responsable do rexistro, mediante nota simple informativa ou copia cotexada dos asentos e documentos depositados no rexistro, previo pago das correspondentes taxas se ese acceso implica a expedición de certificacións ou a entrega de copias documentais, polo (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 que considera que o interesado debe solicitar esa información ao rexistro, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Leí 19/2013, ao tratarse dunha materia que ten previsto un réxime xurídico específico de acceso á información. De acordo co anterior, debe solicitarse ao rexistro de fundacións sección da Consellería de Cultura e Turismo as contas, subvencións e axudas públicas recibidas, orzamentos, contas anuais e informes de auditoría de contas, inscrición no rexistro de asociacións do Goberno ou órgano correspondente, actas e convenios de acordes que afecten a terceiros, acta fundacional, estatutos de cargos e identificación das persoas físicas que os representan e identificación dos membros que integran o Consello de administración. Así mesmo, respecto das contas anuais, dado que a Fundación presenta os seus libros contables perante o Rexistro Mercantil, e audita todos os anos as súas contas, proponse o acceso a esta información a través da consulta ao rexistro de fundacións sección da Consellería de Cultura e Turismo. Indica a Fundación que as copias solicitaranse por escrito, tras o pago das taxas sinaladas. Respecto do plan de actuación, obxectivos e indicadores, orzamentos e resultados de exercicio a Fundación preséntaos na Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, dispoñible para toda a cidadanía en todas as súas fases de tramitación parlamentaria. Pode accederá información a través do seguintes enlaces: estatistica/orzamentos/sector-publico http://www.conselleriadefacenda.es/orzamentos/2019/PR/FUNDACIONS FR14.PDF estatistica/contabilidade/contas-anuais FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma leí, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pala súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no expediente remitido, a resolución impugnada ditouse con data do 22 de novembro de 2019 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 13 de decembro de 2019, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública e, por tanto o posible obxecto dunha solicitude de información que a Lei consagra é todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma que fose obtido ou elaborado no exercicio das súas funcións. A abriga de proporcionar información a solicitude de calquera cidadán, é unha abriga que compete ao organismo que elaborase os contidos ou documentos no exercicio das súas funcións, e sen que se poida remitir ao solicitante a un rexistro no que conste a información ou documento solicitado. Partindo destas premisas, analízase o informe e a resolución impugnada a fin de determinar se o dereito de acceso á información do solicitante foi correctamente atendido. l. .) (1). Solicitude abusiva ou repetitiva De acordo co establecido no artigo 18.1.e) da Lei 19/2013, a Fundación considera que a solicitude de acceso á información referido ao listado de cantas bancarias ou outros bens, con copia do extracto e tarxetas e teléfonos móbiles, debe inadmitirse por ser manifestamente repetitiva ou abusiva. O Consejo de Transparencia y Buen Gobierno no seu criterio interpretativo 3/2016, sobre esta causa de inadmisión, asocia o carácter abusivo da solicitude co feito de que non estea xustificada coa finalidade da Lei. Existen así dous elementos esenciais para a aplicación desta causa de inadmisión, que serían que o exercicio do dereito sexa abusivo cualitativamente, o que o exercicio do dereito poida considerarse excesivo, é dicir, cando non chegue a conxugarse coa finalidade da Lei. Desta forma, unha solicitude pode entenderse abusiva nos casos nos que se poida considerar incluída no concepto de abuso de dereito recollido no artigo 7.2 do Código Civil, cando pala intención do seu autor, polo seu obxecto ou palas circunstancias en que se realice exceda manifestamente os límites normais do exercicio dun dereito, ou cando de ser atendida, requira un tratamento que abrigase a paralizar o resto da xestión dos suxeitos abrigados a ofrecer a información. Unha solicitude de acceso á información considérase xustificada coa finalidade da Lei cando se fundamenta no interese lexítimo de someter a escrutinio a acción dos responsables públicos, coñecer como se toman as decisións públicas, coñecer como se manexan os fondos públicos, coñecer baixo que criterios actúan as institucións públicas. Non estará xustificada cando non poida ser reconducida a ningunha destas finalidades e así resulte de acordo cunha ponderación razoada e baseada en indicadores obxectivos, teña por finalidade patente e manifesta obter información que careza da consideración de información pública de acordo coa definición que ofrece a propia Lei. Cando se inadmita unha solicitude de acceso á información por este motivo, a resolución debe, como acorre ante calquera outra, motivarse debidamente de acordo cunha ponderación razoada e baseada en indicadores obxectivos. No presente caso, non parece que se dean ningunha destas circunstancia na información solicitada, e en todo caso, nin se acreditan na resolución impugnada nin no informe remitido á Comisión, nos que non existe o máis mínimo intento de acreditar o carácter abusivo da solicitude, máis aló da súa simple alegación. De acordo co anterior, considérase que a dita información debe ser facilitada. [email protected]! www.comisiondatransparencia.ga! (2). Información que non existe. Respecto da información referida a retribucións percibidas pola Patroa, Director e cargos de confianza, asesores, cargos e vogais, a Fundación afirma na resolución impugnada e no informe emitido que é unha información que non existe xa que non se devengan soldes, dietas, remuneracións ou calquera outro tipo de complemento económico aos membros dos órganos de goberno. Así mesmo, non existen acordes e actuacións encargadas ao gabinete xurídico, non se financiaron campañas de publicidade da Fundación e non existen actas, rexistros ou ordens nas que se negan os dereitos informativos e peticións de información pública existentes. Respecto do contrato do servicio informático da Web, informase que a páxina Web da Fundación é de carácter gratuíto e que non xerou ningún gasto á Fundación. No marco dunha solicitude de acceso, cando se solicita unha información ou unha documentación que non existe, ben por que non se elaborou (aínda que fose obrigatorio facelo pola normativa que lle sexa de aplicación) ou ben simplemente porque non é necesario ou non é posible elaborala porque non se dan as circunstancias para facelo, o suxeito obrigado cumpre, indicando ao solicitante con claridade, que a información solicitada non existe. De acorde co anterior, considérase axeitada a resposta dada pola Fundación respecto da información que non existe. (3).Actos e documentos que figuran no Rexistro de Fundacións de Interese Galego Como xa se dixo nesta resolución, a obriga de proporcionar información a solicitude de calquera cidadán, é unha obriga do organismo que elaborou o contido ou documento solicitado, neste caso a Fundación. O feito de que unha determinada documentación, pola normativa que lle sexa de aplicación, estea depositada nun rexistro público, non exime ao órgano titular desa información ou documentación da súa obriga de dar acceso á mesma ante a solicitude dun cidadán. Por tanto, non é admisible que a Fundación pretenda que o acceso a documentos tales como a súa propia acta fundacional, estatutos, actas, convenios e contas anuais, entre outros, que foron elaborados por ela mesma, deba o interesado solicitalos nun rexistro, neste caso na sección correspondente do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, polo feito de que sexa obrigatorio que figuren nel. Ao tratarse de contidos ou documentos elaborados ou xerados no exercicio das súas funcións, debe a Fundación, si a información xa esta publicada nunha web, de acorde co artigo 22.3 da Lei 19/2013, indicar na resolución como pode accederse a ela sinalando expresamente o link que accede á información e, dentro deste, os epígrafes, capítulos, datos e informacións 0 (+34)9S1 5697 40 Rúa do Hórreo, 65 e [email protected] ,vwv,.comisiondatransparencia.gal exactas que se refiran ao solicitado, sendo requisito que a remisión sexa precisa e concreta e leve, de forma inequívoca, rápida e directa á información sen necesidade de requisitos previos, nin de sucesivas procuras, ou ben ofrecer a información directamente mediante o envío de copia electrónica ou en formato papel ao solicitante, e esixindo, no caso de que de acordo coa súa normativa proceda, as correspondentes taxas. (4). Información que figura na lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma Respecto da información na que de acordo co informe da Fundación figura na lei de orzamentos da Comunidade Autónoma, ao igual que no caso anterior, debe remitírselle ao interesado o link concreto de acceso á mesma, ou ben remitirlle a información en formato electrónico ou en formato papel, sen que sexa adm isible a remisión xenérica á Lei de orzamentos. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Com isión da Transparencia, ACORDA Primeiro : Estimar parcialmente a reclamación presentada por con data do 13 de decembro de 2019, contra a Resolución da Fundación Pública Galega Camilo José Cela do 22 de novembro de 2019, pola que se estima parcialmente a súa solicitude de acceso á información pública referida a documentación de carácter organizativo e económico da dita Fundación. Segundo: Instar á Fundación Camilo José Cela, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada de acordo co disposto no punto quinto desta resolución, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar á Fundación Camilo José Cela a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. 76706870F Firmado digitalmente por76706870F MARIA MARIA DOLORES DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) FERNANDEZ Fecha: 2020.03.06 (R: S6500009C) 09:41 :20 +01 ·oo· María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.