Estimada 03/03/2020 · 78 días en resolverse

Solicitud de información sobre la cantidad de ayudas posdoctorales modalidad A concedidas a personas ajenas al Sistema Universitario de Galicia y resultado estimatorio

El ciudadano solicitó a la Secretaría Xeral de Universidades el número de ayudas posdoctorales (modalidad A, 2019) concedidas a personas sin estudios en el Sistema Universitario de Galicia. La administración inadmitió la solicitud alegando necesidad de reelaboración. La Comisión da Transparencia estima la reclamación al considerar que revisar unos 50 expedientes no constituye reelaboración.

Puntos clave de la argumentación

1 El concepto de reelaboración requiere que la información deba elaborarse expresamente mediante diversas fuentes o que el organismo carezca de medios técnicos para extraerla, siendo imposible proporcionarla.
2 La mera agregación, suma de datos o un tratamiento mínimo de la información no justifica la inadmisión por reelaboración, ya que ello convertiría el derecho de acceso en un derecho al dato.
3 La revisión individualizada de un volumen reducido de expedientes (menos de 50) no puede considerarse una labor de reelaboración, sino una manipulación de información que podría justificar una ampliación del plazo de respuesta.
4 La administración no motivó adecuadamente la inadmisión, limitándose a afirmar que no disponía de la información, cuando posteriormente admitió que sí la tenía pero no estaba sistematizada.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galiciana reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 16 de decembro de 2019, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 3 de marzo de 2020, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 16 de decembro de 2019 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra Resolución do 21 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral de Universidades pola que se inadmite a súa solicitude de acceso á información sobre a modalidade A das axudas posdoutorais da Xunta de Galicia, en concreto sobre a cantidade de axudas concedidas na modalidade A (ano 2019) a solicitantes que nin realizaron o grao, licenciatura ou equivalente no Sistema Universitario de Galicia e que tampouco realizaron o doutoramento no Sistema Universitario de Galicia. O reclamante indicaba que a desestimación da Consellería obedece a un criterio arbitrario e contrario ás obrigas de transparencia, por canto nas propias bases da convocatoria posdoutoral se require aos solicitantes a que acheguen declaración na que se faga constar en que universidade e con que data obtivo a persoa candidato o grao de doutor, así como a titulación que lle deu acceso ao dita grao e a dato de finalización destes estudos nun modelo dispoñible na web da convocatoria. Por tanto a Secretaría Xeral dispón dos datos solicitados (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected]! www.comisiondatransparencia.gal e unicamente se está preguntando a cantidade de beneficiarios, tendo en conta que a cantidade de beneficiarios non supera o medio centenar. O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude, asinada dixitalmente polo interesado. Segundo. Con data 20 de decembro de 2019 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 26 de decembro de 2019. Terceiro. Con data do 27 de xaneiro de 2020 a referida Secretaría Xeral contesta a petición remitindo informe asinado polo Secretaría Xeral de Universidades, sen remitir copia do expediente solicitado. Neste informe, en resumo, indícase que a solicitude foi inadmitida con fundamento no disposto no artigo 18.1.c) da Lei 19/2013, dado que non se dispón da información sistematizada na súa base de datos, xa que non resultou preciso proceder á dita sistematización ao eliminarse da convocatoria do ano 2019 a limitación referente a solicitudes que non cumprisen a condición de ter realizado o grao, licenciatura ou equivalente no Sistema Universitario de Galicia, ou ter realizado o doutoramento no Sistema Universitario de Galicia, polo que para poder dar cumprimento ao solicitado polo recorrente, sería necesario revisar individualizadamente cada unha das solicitudes para poder recompilar e unificar a información solicitada. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nasas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. Dado que segundo consta no informe remitido, a resolución ditouse con data do 21 de novembro de 2019 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 16 de decembro de 2019, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A solicitude do interesado, consistente en coñecer a cantidade de axudas posdoutoriais na modalidade A da Xunta de Galicia a solicitantes que nin realizaron o grao, licenciatura ou equivalente nin doutoramento no Sistema Universitario de Galicia, foi inadmitida pola Secretaría Xeral de Universidades, de acordo co disposto no artigo 18.1.e) da Lei 19/2013, por considerar que se trataba dunha información para cuxa divulgación era necesaria unha labor de reelaboración. Respecto do concepto de reelaboración, o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno pronunciouse en numerosas ocasións e a interpretación que realiza da dita dicha causa de inadmisión quedou recollido no criterio interpretativo 7/2015, no que se establece que o concepto de reelaboración, debe entenderse desde o punto de vista literal que reelaborar é volver elaborar algo, e é esta circunstancia a que é esixible para entender que estamos ante un suposto de reelaboración. Se por reelaboración se aceptase a mera agregac1on, ou suma de datos, ou o mínimo tratamento dos mesmos, o dereito de acceso á información converterase no dereito ao dato /j ' ou á documentación, que non é concepto de dereito de acceso á información pública que consagra a normativa de Transparencia. O concepto de reelaboración como causa de inadmisión pode entenderse aplicable cando a información que se solicita, pertencendo ao ámbito funcional de actuación do organismo ou entidade que recibe a solicitude, deba elaborarse expresamente para dar unha resposta, facendo uso de diversas fontes de información, ou cando o citado organismo ou entidade careza dos medios técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a información concreta que se solicita, resultando imposible proporcionar a información solicitada. A aplicación de toda causa de inadmisión debe quedar debidamente motivada na resolución pala que se responda á solicitude de información presentada. No presente caso, a resolución ditada pala Secretaría Xeral de Universidades con data do 21 de novembro de 2019, simplemente afirma que non é información da que se dispoña. No informe que se remite con data do 13 de xaneiro de 2020 a esta Comisión, se afirma non que non se teña a información, senón que non se ten sistematizada. Na arde do 28 de maio de 2019, pala que se establecen as bases para a concesión das referidas axudas (DOG do 13 de xuño de 2019) se esixe unha declaración na que se faga constar en que universidade e con que data obtivo a persoa candidata o grao de doutor, así como a titulación que lle deu acceso ao dita grao e a data de finalización destes estudos. Segundo afirma o reclamante no seu escrito, dato que non é negado polo informe da Secretaría Xeral, o número de beneficiarios non supera o medio centenar. Non pode confundirse o concepto de reelaboración, cos supostos nos que o volume ou complexidade da información que se solicita fai necesario un proceso específico de traballo ou manipulación para conseguila, que xustifica, como prevé o artigo 20.1 da Lei 19/2013, unha ampliación do prazo para resolver. Consultar o anexo dun número que como máximo son 50 expedientes, para comprobar cantos deles realizaron os seus estudos no Sistema Universitario de Galicia, non pode considerarse reelaboración. De acorde co anterior, ao non apreciarse na información solicitada polo reclamante, a existencia da causa de inadmisión do artigo 18.1.e) da Lei 19/2013, procede a estimación da reclamación presentada. Lémbrase á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional a súa abriga de facilitará Comisión a copia do expediente que se lle solicite para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016. ~?'-t (+34) 9815697 40 ¿~ V Rúa do Hórreo, 65 .r.:~l '-~! [email protected] ,~ www.comisiondatransparencia.ga1 En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data 16 de decembro de 2019, contra a Resolución do 21 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral de Universidades pola que se inadmite a súa solicitude de acceso á información sobre a modalidad e A das axudas posdoutorais da Xunta de Galicia, en concreto sobre a cantidade de axudas concedidas na modalidade A (ano 2019) a solicitantes que nin realizaron o grao, licenciatura ou equiva lente no Sistema Universitario de Galicia e que tampouco realizaron o doutoramento no Sistema Universitario de Galicia. Segundo: Instar a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional , a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, respond a á petk ión de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/ 2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional , a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. F Firmado digitalmente 76706870 por 76706870F MARIA MARIA DOLORES DOLORES FERNANDEZ FERNANDEZ (R: (R: S6soooo9Cl Fecha: 2020.03.06 56500009() 09:41 :33 +01 '00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.