Una asociación solicitó a la Consellería de Economía, Emprego e Industria el acuerdo de cierre de actuaciones previas del 21 de octubre de 2019. Ante la desestimación por silencio administrativo, la Comisión da Transparencia estima la reclamación y ordena a la administración responder a la solicitud en un plazo de 10 días.
Puntos clave de la argumentación
1
La Comisión determina que la solicitud versa sobre información pública, por lo que el solicitante tiene derecho a recibir una respuesta documentada y completa.
2
Se admite la reclamación por haber sido presentada en plazo, considerando que contra resoluciones presuntas los recursos pueden interponerse en cualquier momento.
3
La administración reclamada no presentó alegaciones ni informó a la Comisión, por lo que no se han acreditado límites legales que justifiquen la denegación de la información.
4
Se insta a la administración a proporcionar la información, previa disociación de datos si fuera necesario para respetar los límites de los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vistas ás reclamacións presentadas por
Asociación Sociocultural , mediante escritos do 26 e 27 de novembro de
2019, 5 de novembro de 2019, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que
se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 3 de
marzo de 2020, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. Asociación Sociocultural
presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 13
de xaneiro de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno contra a desestimación por silencio
administrativo da súa solicitude á Consellería de Economía, Emprego e Industria de acceso
para consulta e obtención de copia do acordo de peche de actuacións previas con data do 21
de outubro de 2019, relacionado coas denuncias presentadas por ADEGA e por Mariña
Patrimonio o 12 de febreiro de 2019.
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á información
pública.
(+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Os escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, do DNI do representante e da
acreditación da súa representación.
Segundo. Con data 15 de xaneiro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 20 de xaneiro de 2020, sen que pola
Consellería de Economía, Emprego e Industria se remitise copia do expediente e o informe á
reclamación presentada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Leí 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma leí, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas palas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e palas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Leí 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Leí 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Leí 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
(+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nasas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigas 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria non resolveu a solicitude de acceso á
información expresamente polo que procede admitir a reclamación por estar presentada en
prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O dereito de acceso á información é un dereito fundamental recoñecido a nivel internacional
como tal, é un dereito esencial para promover a transparencia das institucións públicas e para
fomentar a participación cidadá na toma de decisións. Ademais as Administracións Públicas
fináncianse con fondos procedentes dos contribuíntes e a súa misión principal consiste en
servir aos cidadáns polo que toda a información que xeran e posúen pertence á cidadanía.
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da
actuación pública.
A asociación interesada solicitou á Consellería acceso para consulta e obtención de copia dun
acordo de peche de actuacións previas de data do 21 de outubro de 2019, relacionado coas
denuncias presentadas pola propia asociación e pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de
Galicia (ADEGA) o 12 de febreiro de 2019, información que deben considerarse como
información pública, polo que a asociación ten dereito de que se lle comunique a
correspondente resolución sobre a súa solicitude de acceso.
Pola Comisión da Transparencia solicitouse á Consellería de Economía, Emprego e Industria a
aportación do seu criterio mediante a remisión de informe e copia do expediente que non se
recibiu, o que abriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus argumentos.
A Comisión non ten información sobre o contido dos documentos solicitados, en que medida
poden verse afectados por algún dos límites de acceso previstos na Lei 19/2013, ou en que
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
medida podería darse, de ser o caso, a información despois de disociala para garantir o dereito
de acceso a información non estritamente afectada polos límites (información parcial, art. 16
da Lei 19/2013).
Dada a falta de alegacións en contra por parte da Consellería, en beneficio do interese público
ao acceso á información pública non afectada por límite legalmente previsto, debe aportarse
a información pedida, aínda que con carácter previo debe examinarse a mesma e, de forma
motivada, realizar a disociación dos datos ou contidos parciais que podan verse afectados de
forma clara polos límites legalmente previstos (artigas 14 e 15 da Lei 19/2013), salvo no caso
de que despois da ponderación tamén prevista, se comprobe que debe prevalecer o interese
público ou privado que xustifique en calquera caso o acceso (art. 14.2 da referida Lei).
Así mesmo, no caso de que a información puidese afectar a dereitos ou intereses de terceiros
debidamente identificados, deberá concedérselles un prazo de quince días para que poidan
realizar alegacións que mellar conveñan ao seu dereito, de conformidade co disposto no
artigo 19.3 da Lei 19/2013.
A resolución que se dite, debe formalizarse co ofrecemento de todas as garantías propias do
procedemento de acceso á información pública, entre as que se conta o ofrecemento do
correspondente recurso substitutivo.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria non resolveu a solicitude de acceso á
información da asociación interesada, polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto
no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo
ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do
réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora.
Así mesmo, a Consellería non remitiu o informe e o expediente solicitado por esta Comisión,
polo que lémbraselle, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei 1/2016, a súa abriga
de facilitará Comisión a información que se lle solicite para o correcto cumprimento das súas
funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por
de Asociación Sociocultural con data do 13 de xaneiro de 2020, contra a
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude á Consellería de Economía,
Emprego e Industria de acceso para consulta e obtención de copia do acordo de peche de
actuacións previas con data do 21 de outubro de 2019, relacionado coas denuncias
presentadas por ADEGA e por Mariña Patrimonio o 12 de febreiro de 2019.
Segundo: Instar á Consellería de Economía, Emprego e Industria, a que, no prazo máximo de
10 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos
artigas 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á
formalización do acceso.
Terceiro: Instar á Consellería de Economía, Emprego e Industria, a que, no prazo máximo de
15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da
resposta pendente e no seu caso da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Firmado digitalmente
76706870F por 76706870F MARIA
MARIA DOLORES DOLORES FERNANDEZ
FERNANDEZ (R: (R: S6soooo9C)
Fecha: 2020.03.06
56500009() 09:33:19 +01'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.
(¡