Estimada parcialmente 06/03/2020 · 52 días en resolverse

Acceso a enunciados, plantillas y soluciones de oposiciones docentes de Tecnología en Galicia

Se solicitó a la Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Galicia el acceso a enunciados, plantillas correctoras y soluciones de las oposiciones docentes de Tecnología de 2019. Tras alegar el ciudadano falta de respuesta y denegación parcial, la Comisión da Transparencia de Galicia estima parcialmente la reclamación al considerar insuficiente la respuesta administrativa.

Puntos clave de la argumentación

1 La remisión a enlaces web debe ser precisa y concreta, no siendo válido el envío de enlaces que no funcionan o no llevan directamente a la información solicitada.
2 La denegación de información por carácter auxiliar o de apoyo debe estar debidamente motivada, especificando las causas legales o materiales del caso concreto.
3 No puede considerarse información auxiliar o de apoyo aquella que tenga relevancia en la tramitación del expediente o en la conformación de la voluntad pública del órgano.
4 La administración debe concretar de forma clara y por escrito qué documentación solicitada no existe en sus archivos.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 14 de xaneiro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 3 de marzo de 2020, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 14 de xaneiro de 2020 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información ante a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, referente aos enunciados dos exercicios das oposicións docentes realizadas en Galicia o 22 de xuño de 2019 para a especialidade de Tecnoloxía, as plantillas correctoras, rúbricas e calquera documentación utilizada polos tribunais para obxectivar a corrección, as solucións de todos os exercicios, nivel mínimo esixido para a superación dos exercicios. O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa petición. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.gal Segundo. Con data do 20 de xaneiro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 22 de xaneiro de 2020. Terceiro. Con data do 7 de febreiro de 2020 a interesada remite escrito no que acompaña resolución á súa solicitude do Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, recibida o 30 de xaneiro 2020. A Interesada comunica que da información que solicitou, unicamente tivo acceso á que corresponde co punto 1 da súa solicitude. Para o acceso á documentación referida nos puntos 2, 4, 5 e 6 se lle remite a un enlace na páxina web da Xunta que non funciona. En relación ás solucións dos exercicios, rúbricas ou plantillas para obxectivar as correccións, resolven en que non lles consta devandita información. A interesada comunica a súa desconformidade coa resolución recibida. Cuarto.- Con data do 10 de febreiro de 2020 Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional contesta a petición remitindo informe, copia da solicitude de acceso á información e copia da resolución ditada polo director xeral de Centros e Recursos Humanos. Neste informe, en resumo, indícase que con data do 30 de xaneiro de 2020 a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos concedeulle o acceso parcial á información solicitada, na medida en que a petición era superior á documentación dispoñible, de xeito que se lle deu acceso a toda a información e documentación que constaba no expediente administrativo ao que se refería a solicitude. A propia resolución indica que unicamente non se concedeu o acceso a aqueles documentos que non constan no expediente administrativo de referencia. Ademais, ás peticións relativas a calquera tipo de documentación de uso interno do tribunal, resúltalle de aplicación a causa de inadmisión recollida no artigo 18.1, letra b) da Lei 19/2013, información que teña carácter auxiliar ou de apoio como a contida en notas, borradores, opinións, resumos, comunicacións e informes internos ou entre órganos ou entidades administrativas. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda (+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65 A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga l resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas palas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e palas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nasas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pala súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigas 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, senón con posterioridade á presentación da reclamación pala interesada ante a Comisión da Transparencia de Galicia, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A resolución ditada pala Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, responde, de acordo co escrito remitido pola interesada, á información correspondente ao punto 1 da súa solicitude. Respecto da información correspondente aos puntos 2, 4, 5 e 6 , se lle remite un [email protected] www.comisiondatransparencia.gal enlace á paxina web da Xunta que a interesada comunica que non funciona, circunstancia esta que foi comprobada pola secretaria desta Comisión. O artigo 22.3 da Lei 19/2013, establece que se a información xa foi publicada, a resolución que resolva a solicitude de acceso poderá limitarse a indicar como pode accederse a ela, debendo concretarse expresamente o enlace que permita acceder á información, e, dentro deste, os epígrafes, capítulos, datos e informacións exactas que se retiran ao solicitado, sendo requisito que a remisión sexa precisa e concreta e leve, de forma inequívoca, rápida e directa á información sen necesidade de requisitos previos, nin de sucesivas procuras. No presente caso, o enlace indicado non leva á información solicitada, polo que a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos debe remitir a información mediante a remisión do enlace exacto que ofreza de forma directa a información de que se trate. Por outra banda, no informe da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional se afirma que se concedeu o acceso a aqueles documentos que constan no expediente administrativo, e a continuación se fai referencia a que á documentación de uso interno do tribunal, lle é de aplicación o disposto no artigo 18.1.b da Lei 19/2013, é dicir, información que teña carácter auxiliar ou de apoio, polo que non queda claro cal é a información que non existe e cal é a que ten carácter auxiliar. No referente á información que non existe, satisfáise o dereito de acceso á información pública do solicitante comunicándolle esta circunstancia ao mesmo a través da correspondente resposta escrita, na que se debe concretar de forma clara, cal da documentación solicitada, non existe. Respecto da información que teña carácter auxiliar ou de apoio, a denegación da información por este motivo, debe realizarse conforme ao Criterio Interpretativo Cl/006/2015, do 12 de novembro, fixado polo Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, no que se establece que ao tratarse dunha causa que permiten declarar a inadmisión dunha información debe motivarse adecuadamente. Por tanto, debe especificarse as causas que a motivan e a súa xustificación, legal ou material aplicable ao caso concreto. Na redacción do artigo 18.1.b), a enumeración referida a notas, borradores, opm1ons, resumes, comunicacións e informes internos a entre órganos administrativos é unha mera exemplificación que, en ningún caso, afecta a todos os conceptos enumerados senón a aqueles que teñan a condición principal de auxiliar ou de apoio. O carácter auxiliar ou de apoio deste tipo de información, non ven dado polo feito de que sexa unha nota, borrador, resumo ou informe interno, senón polo seu contido, podendo considerarse información auxiliar ou de apoio a que conteña opinións ou valoracións persoais do autor que non manifesten a posición dun órgano ou entidade, un texto preliminar ou [email protected] www.comisiondatransparencia.gal borrador sen a consideración de final, información preparatoria da actividade do órgano, comunicacións internas que non constitúan trámites do procedemento ou informes non preceptivos e que non sexan incorporados como motivación dunha decisión final. Non pode considerarse información auxiliar ou de apoio a que teña relevancia na tramitación do expediente ou na conformación da vontade pública do órgano, é dicir, que sexa relevante para a rendición de cantas, o coñecemento da toma de decisións públicas, e a súa aplicación. Estas en ningún caso terán a condición de informacións de carácter auxiliar ou de apoio. No presente caso, descoñécese cal é a documentación auxiliar ou de apoio sobre a que non se da o acceso, polo que debe a Consellería identificala claramente e xustificar de forma motivada, o seu carácter auxiliar ou de apoio. Por último debe lembrarse á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional a súa abriga de resolver en prazo as solicitudes de acceso á información, de conformidade co disposto no artigo de acorde co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar parcialmente a reclamación presentada por con data do 14 de xaneiro de 2020, contra a contra a desestimación por silencio administrativo, da súa solicitude de acceso á información ante a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, referente aos enunciados dos exercicios das oposicións docentes realizadas en Galicia o 22 de xuño de 2019 para a especialidade de Tecnoloxía, as plantillas correctoras, rúbricas e calquera documentación utilizada polos tribunais para obxectivar a corrección, as solucións de todos os exercicios e nivel mínimo esixido para a superación dos exercicios. Segundo: Instar a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigas 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, [email protected] www.comisiondatransparencia.ga l contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso­ administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa. Firmado digitalmente 76706870F por 76706870F MARIA MARIA DOLORES DOLORES FERNANDEZ FERNANDEZ (R: (R: S6soooo9c¡ Fecha: 2020.03.06 S6500009c) 09:34:37 +01'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.