El ciudadano solicitó a la Consellería de Sanidade información sobre la existencia y reglamentos de Comités de Ética en zonas específicas. Tras alegar silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales (ya que la administración respondió tarde) e inadmite la solicitud de un informe sobre la afectación de cambios legales a dichos comités.
Puntos clave de la argumentación
1
La resolución de la administración es correcta al remitir al enlace donde figura la información del Comité de Ética Asistencial de Lugo, Cervo y Monforte, respondiendo así a la existencia de comités en las zonas solicitadas.
2
El derecho de acceso a la información no puede confundirse con el derecho a la confección de un informe a medida por parte de un órgano público a instancia de un particular.
3
Se considera causa de inadmisión aquella solicitud que requiera la elaboración y confección de información que no obre en formato disponible, según la jurisprudencia de la Audiencia Nacional.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 30 de xaneiro
de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de abril de 2020,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 30 de xaneiro de 2020 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación
por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante Consellería de
Sanidade, referente á existencia de Comités de Ética na Mariña Lucense (Burela) e na zona de
Monforte de Lemos, e de existiren, como Comités ou como grupos de ética, ter acceso aos
seus Regulamentos de réxime interna
O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa solicitude de acceso á información.
O escrito viña acompañado de copia do envío da súa solicitude e do seu DNI.
Segundo. Con data do 6 de febreiro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 11 de febreiro de 2020, e con data do 3 de
marzo de 2020 a Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo copia da solicitude de
acceso á información, resolución do 18 de febreiro de 2020, da Secretaría Xeral da Consellería
de Sanidade, pola que se concede acceso á información solicitada, documento xustificante da
notificación (sistema Notifica) e o informe e o expediente instruído.
Terceiro. Con data do 28 do febreiro de 2020, remite escrito no que comunica que recibiu a
resolución sobre a solicitude de acceso á información e que nela unicamente se proporciona
un link a un sitio que non se atopa operativo. Manifesta o recorrente que na súa solicitude xa
se facía referencia ao coñecemento do espazo web de bioética e se preguntaba
especificamente sobre información adicional ao mesmo ou actualizada. O reclamante
considera que a Administración responde de forma ambigua e non di explicitamente que nos
centros citados non existe Comité de ética asistencial de referencia, nin se da resposta á
afectación que que suporá para os Comités de ética a modificación da Lei de Saúde de Galicia.
Este escrito, que inicialmente considerouse como nova reclamación (RSCTG 35/2020),
arquivouse mediante resolución do 17 de abril de 2020, por existir identidade de peticionario
e obxecto, integrándose a documentación presentada no presente expediente.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo
establecido no artigo 27.4 da Lei 1/2016, senón que resolveu unha vez interposta a
reclamación ante a Comisión da Transparencia de Galicia, polo que debe admitirse esta por
estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou á Consellería de Sanidade unha información, consistente en coñecer a
existencia de Comités de Ética na Mariña Lucense e na zona de Monforte de Lemos, e de
existiren como Comités ou como grupos de ética, ter acceso aos seus Regulamentos de réxime
interna, do que non obtivo resposta por parte da referida Consellería dentro do prazo
establecido no artigo 27.4 da Lei 1/2016.
Unha vez que o interesado tiña presentada a súa reclamación ante a Comisión da
Transparencia, a Consellería ditou, con data do 18 de febreiro de 2020 resolución expresa,
que lle notificou ao interesado con data do 27 do mesmo mes.
Dado que a información solicitada esta publicada, de conformidade co disposto no artigo 22.3
da Lei 19/2013, a resolución poden consistir en indicar como pode accederse á información
solicitada, sinalando expresamente o link a través do cal se pode acceder á información. Pola
secretaría da Comisión da Transparencia comprobouse que se pode acceder á información
solicitada de forma sinxela a través do link proporcionado, e na que figura información
referente ao Comité de Ética Asistencial de Lugo, Cervo e Monforte, a súa composición actual,
regulamento interno, código ético e outra información de interese, polo que considérase que
a resolución responde á solicitude presentada.
O reclamante no seu escrito do 28 do febreiro de 2020, unha vez recibida a resolución pola
que se lle concede o acceso, considera que non se lle responde de forma ambigua porque a
Administración non di explicitamente que nos centros citados non existe Comité de ética
asistencial de referencia, nin se da resposta á afectación que que suporá para os Comités de
ética a modificación da Lei de Saúde de Galicia.
O interesado solicitou información sobre si existen Comités de Ética na Mariña Lucense
(Burela) e na zona de Monforte de Lemos, e a Consellería lle contesta remitíndolle a
información sobre o Comité que existe, que é o Comité de Ética Asistencial de Lugo, Cervo e
Monforte, polo que está dando a información existente sobre cal é o Comité de referencia
para as zonas sobre as que se solicita, contestación que debe considerarse correcta. Se o
interesado o que reclama, como parece deducirse da súa reclamación, é que debe existir un
Comité específico para a Burela e Monforte de Lemos, non é unha solicitude de acceso á
información a vía adecuada para o mesmo.
Respecto da súa solicitude de coñecer como afecta aos Comités de Ética Asistencial a recente
estruturación das Áreas de Saúde operada por modificación da Lei de Saúde de Galicia, esta
petición non se pode considerar una solicitude de acceso á información pública, senón que
debe considerarse unha solicitude de que a Consellería de Sanidade se pronuncie, mediante
a emisión dun informe, sobre como afecta unha norma, a un órgano preexistente á mesma.
A sentenza da Audiencia Nacional do 24 de xaneiro de 2017 establece que o dereito á
información non pode ser confundido co dereito á confección dun informe por un órgano
público a instancia dun particular, polo que o artigo 18.1.c) establece como causa de
inadmisión os supostos nos que a información que se solicita require de unha elaboración e
confección. Nestes casos, é indiferente que dita información obre en poder da Administración
ou de calquera outro suxeito obrigado, debendo interpretarse o artigo 13 da Lei no senso de
que o dereito á información pública non pode converterse no dereito a obter un informe a
medida do requirido polo solicitante.
A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información do interesado,
polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na
correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: Estimar por motivos formais a reclamación presentada por con
data do 30 de xaneiro de 2020, contra a desestimación por silencio administrativo da súa
solicitude de acceso á información ante Consellería de Sanidade, referente á existencia de
Comités de Ética na Mariña Lucense (Burela) e na zona de Monforte de Lemos, e inadmitila
respecto da súa solicitude de emisión de informe sobre a afectación das reestruturacións das
Áreas de Saúde aos Comités de Ética Asistencial.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses 1,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.
1 Debese ter en conta que de acordo co disposto na disposición adicional segunda do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de
alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, os prazos procesuais están interrompidos e suspendidos para todas as ordes
xurisdicionais, ata que non que perda vixencia o citado Real Decreto, renovándose o cómputo de prazos nese momento.