Se solicitó a la Consellería de Economía, Emprego e Industria copia de documentación sobre denuncias por actividades mineras. Ante el silencio administrativo, el ciudadano reclamó. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación debido a una tramitación incorrecta y la exigencia indebida de tasas antes de resolver el acceso.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración incurrió en silencio administrativo al no resolver la solicitud en el plazo de un mes previsto en la ley.
2
Es incorrecto exigir el pago de tasas antes de dictar resolución favorable al acceso, ya que el principio rector es la gratuidad y las tasas solo proceden tras la resolución y el trámite de audiencia.
3
La entrega previa de un documento similar no justifica la demora en la tramitación ni la irregularidad en la exigencia de tasas.
4
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vistas as reclamacións presentadas por en representación de
, mediante escrito do 31 de xaneiro de 2020, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de abril de 2020, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. en representación de
presentou, mediante escrito que tivo entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 31
de xaneiro de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno contra a desestimación, por silencio
administrativo, da súa solicitude á Consellería de Economía, Emprego e Industria, de consulta
e copia da documentación pública relacionada coas denuncias presentadas ante a súa
Xefatura Territorial de Lugo con data do 6 de setembro de 2018 por ADEGA e Mariña
Patrimonio por posible actividade extractiva nas proximidades da explotación mineira
Trinidade nº 257 e catro denuncias presentadas con data do 12 de febreiro de 2019, ante a
mesma Xefatura Territorial, por diversas actividades mineiras fóra do perímetro autorizado
para a citada explotación mineira.
O reclamante indicaba que presentou o xustificante de abono de taxas solicitado, sen que
recibise resposta á súa solicitude de acceso á información pública.
Os escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, do DNI do representante e da
acreditación da súa representación.
Segundo. Con data 6 de febreiro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 12 de febreiro de 2020.
Terceiro. Con data 12 de marzo de 2020 a Consellería de Economía, Emprego e Industria
contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
No informe da Dirección Xeral de Enerxía e Minas faise constar que a solicitude foi recibida na
Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, órgano
posuidor da información, con data do 8 de xaneiro de 2020, e con data do 11 de febreiro,
requiriuse á entidade solicitante para que achegase xustificante de abono de taxas xustificante
que remitiu con data do 13 de febreiro de 2020.
Posteriormente, con data do 18 de febreiro, déuselle traslado da solicitude ao titular do
dereito mineiro, que recibiu a notificación con data do 25/2/2020, por se a información
solicitada puidese afectar aos seus dereitos ou intereses, circunstancia da que se lle deu
traslado ao solicitante, con expresa indicación da interrupción do prazo para ditar resolución.
O prazo para que o titular do dereito mineiro poida efectuar alegacións remata o día
17/03/2020, polo que o expediente atópase en tramitación.
No informe remitido pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas, ademais, faise constar que a
solicitude presentada o 23/10/2019 (enténdese que hai un erro na data, posto que tal e como
figura na copia da solicitude, a data é o 23/12/2019) pola Asociación pedía acceso á
documentación relativa ás denuncias por eles presentadas en relación coa actividade na
canteira Trinidad nº 2257, no Concello de Mondoñedo, que deron lugar ao inicio dun período
de actuacións previas nas que se ditou un acordo de peche da investigación o 21 de outubro
de 2019, porque os feitos denunciados xa foran obxecto de expediente sancionador, e de cuxa
adopción a asociación tivo coñecemento verbal o 22 de outubro de 2019.
A Asociación Social e Cultural Mariña Patrimonio, presentara previamente outra solicitude de
acceso á información na que pedía expresamente copia do Acordo de peche de actuacións
previas do 21 de outubro de 2019, da que se ditou resolución favorable de acceso con data
do 7 de febreiro de 2020, entendendo que o acceso a este documento xa proporciona a
información concreta da tramitación seguida en relación coas denuncias presentadas e do
resultado final da mesma, co que se está a proporcionar en gran medida a información
solicitada con data do 23 de decembro de 2019.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria non resolveu a solicitude de acceso á
información expresamente en prazo polo que procede admitir a reclamación por estar
presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O dereito de acceso á información é un dereito fundamental recoñecido a nivel internacional
como tal, é un dereito esencial para promover a transparencia das institucións públicas e para
fomentar a participación cidadá na toma de decisións. Ademais as Administracións Públicas
fináncianse con fondos procedentes dos contribuíntes e a súa misión principal consiste en
servir aos cidadáns polo que toda a información que xeran e posúen pertence á cidadanía.
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria dado que a
resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da
actuación pública. E esta resposta, debe darse dentro do prazo dun mes expresamente
previsto no artigo 27.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, pudendo prorrogarse no caso de que
se dean as circunstancias establecidas no artigo 20 da Lei 19/2013.
No presente caso, a solicitude ten entrada, segundo o informe da Dirección Xeral de Enerxía
e Minas, no órgano que posúe a información, Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de
Economía, Emprego e Industria, o 8 de xaneiro de 2020. Transcorrido máis dun mes dende a
entrada da solicitude, é dicir, o 11 de febreiro, requírese á entidade solicitante para que
xustifique o pago de taxas, e cinco días despois de acreditar o dito pago, é dicir o 18 de
febreiro, trasládaselle a solicitude a un terceiro cuxos dereitos poden estar afectados de
concederse o acceso.
Considérase que a tramitación do expediente non é correcta, e prexudica os dereitos da
asociación solicitante na obtención dunha información pública á que, en principio, parece ter
dereito, por canto a primeira actuación da Xefatura Territorial, transcorrido xa o prazo para
resolver, foi a esixencia de xustificación do pago dunha taxa, antes de abrir o correspondente
período de audiencia a un terceiro cuxos dereitos poden resultar afectados, e que pode ter
como resultado a constatación da existencia dun límite para o acceso á información solicitada,
e como consecuencia, se dite resolución denegatoria do acceso, polo que carecería de sentido
a esixencia de pago dunha taxa, e procedería a súa devolución.
O artigo 22.4 da Lei 19/2013, establece que o acceso á información será gratuíto, podendo
dar lugar á esixencia de exaccións nos termos previstos na Lei 8/1989, do 13 de abril, de Taxas
e Prezos Públicos, ou, no seu caso, conforme á normativa autonómica ou local que resulte
aplicable, nos casos nos que se solicite a expedición de copias ou a transposición da
información a un formato diferente ao orixinal. No mesmo senso se pronuncia a Disposición
adicional cuarta da Lei 1/2016.
Resulta claro por tanto, que o principio que debe rexer no acceso á información pública por
parte da cidadanía é o de gratuidade, sendo unicamente esixible o cobro de taxas ou prezos
por realización de copias ou transposición da información, que deben esixirse se procede,
unicamente cando exista resolución favorable ao acceso (total ou parcial) e non antes, e en
todo caso, unha vez finalizado o trámite de audiencia.
Por outra banda, faise constar no informe da Dirección Xeral de Enerxía e Minas que a
asociación reclamante tiña presentado previamente outra solicitude de acceso á información
na que pedía expresamente copia do Acordo de peche de actuacións previas do 21 de outubro
de 2019, da que se ditou resolución favorable de acceso con data do 7 de febreiro de 2020,
que considera que xa proporciona a información concreta da tramitación seguida en relación
coas denuncias presentadas e do resultado final da mesma, co que se está a proporcionar en
gran medida a información solicitada con data do 23 de decembro de 2019. Isto non xustifica
que a tramitación do expediente non se iniciase ata transcorrido un mes da solicitude e unha
vez presentada reclamación ante a Comisión da Transparencia pola asociación solicitante, nin
que se lle solicitase acreditación de pagamento de taxas antes de resolver sobre a procedencia
ou non de conceder o acceso á información solicitada.
De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada por
en representación da debendo a Consellería
resolver expresamente sobre a solicitude de acceso á información.
Lémbrase á Xefatura Territorial que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o
incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción
grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na
correspondente normativa reguladora.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por en representación
de con data do 31 de xaneiro de 2020, contra a
desestimación, por silencio administrativo, da súa solicitude á Consellería de Economía,
Emprego e Industria, de consulta e copia da documentación pública relacionada coas
denuncias presentadas ante a súa Xefatura Territorial de Lugo con data do 6 de setembro de
2018 por ADEGA e Mariña Patrimonio por posible actividade extractiva nas proximidades da
explotación mineira Trinidade nº 257 e catro denuncias presentadas con data do 12 de
febreiro de 2019, ante a mesma Xefatura Territorial, por diversas actividades mineiras fóra do
perímetro autorizado para a citada explotación mineira.
Segundo: Instar a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a que, no prazo máximo de
10 días hábiles, se responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos
artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 20 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á
formalización do acceso.
Terceiro: Instar a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a que, no prazo máximo de
15 días hábiles dende que resolva expresamente a solicitude, remita a esta Comisión da
Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses 1,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.
1 Debese ter en conta que de acordo co disposto na disposición adicional segunda do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de
alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, os prazos procesuais están interrompidos e suspendidos para todas as ordes
xurisdicionais, ata que non que perda vixencia o citado Real Decreto, renovándose o cómputo de prazos nese momento.