Estimada 28/04/2020 · 77 días en resolverse

Acceso a documentación sobre contratación de obrador de robótica con tecnología Lego en el Concello de Teo

El ciudadano solicitó al Concello de Teo documentación sobre la contratación de un obrador de robótica con Lego. Ante la falta de respuesta, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración remitió la información solo después de interpuesta la reclamación y fuera del plazo legal.

Puntos clave de la argumentación

1 El Concello de Teo justificó el retraso en la respuesta alegando erróneamente que el plazo aplicable era de tres meses según la Ley 39/2015 y no de un mes según la normativa de transparencia.
2 La administración argumentó la inexistencia de pliego de contratación debido a que se trataba de un contrato menor (importe inferior a 15.000 € y duración inferior a un año) según la Ley 9/2017.
3 La Comisión determina que la solicitud debía resolverse en el plazo de un mes desde su recepción en el órgano competente, conforme al artículo 20 de la Ley 19/2016.
4 Se estima la reclamación por motivos formales al haberse producido la entrega de la información con posterioridad a la interposición del recurso ante el órgano de transparencia.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 11 de febreiro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de abril de 2020, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 11 de febreiro de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello da Teo, referente a acceso á copia do prego de contratación ou aquela outra que indique as necesidades e requisitos para prestar o servizo, alternativas estudadas e informe polo cal se escolleu a empresa seleccionada, custe económico da actividade e copia dos documentos que acreditan os gastos ocorridos, referente ao obradoiro de creación de robots coa tecnoloxía de Lego. O reclamante indicaba que non recibiu resposta á súa petición. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 17 de febreiro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Teo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 18 de febreiro de 2020. Terceiro. Con data do 5 de marzo de 2020 o Concello de Teo contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a solicitude de acceso á información non foi atendida en prazo por acumulación de traballo no departamento encargado da súa tramitación, e por entender que o prazo para dar resposta á mesma era de tres meses de acordo co previsto na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas e non o dun mes que recolle a Lei 19/2013. Con data do 3 de marzo de 2020, remitíuselle a información ao solicitante. Dado que o importe da actividade pola que se interesa o reclamante (obradoiro de robótica), foi de 106,80 €,de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, tratase dun un contrato menor de servizos ao ser o seu importe inferior a 15.000 € e a súa duración inferior a un ano, polo que non é necesaria a existencia dun prego de contratación, tramitándose o expediente a través dunha proposta de gasto que motiva a necesidade de contratar, e constatando que non se fracciona o obxecto do contrato para evitar as regras xenerais de contratación, realizándose a aprobación do gasto a través da factura correspondente, que se emite e aproba unha vez finalizada a prestación, polo que se procedeu a remitir ao reclamante a información que obra no expediente. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello de Teo non resolveu a solicitude de acceso á información dentro do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, senón que remitiu a información unha vez que o interesado tiña presentada a reclamación ante a Comisión da Transparencia de Galicia, polo que debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou do Concello de Teo o acceso a unha documentación que debemos considerar como información pública, xa que se trata do acceso a copia da documentación correspondente ao expediente de contratación dos elementos necesarios para a execución dunha actividade municipal, que se ben no expediente administrativo, como explica o Concello no seu informe, non contén toda a documentación solicitada polo reclamante, si contén a que esixe a normativa para un contrato menor, e que foi remitida ao solicitante, aínda que fóra de prazo. De acordo co anterior, procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada, ao terse resolta a solicitude de acceso con posterioridade á interposición da reclamación ante a Comisión de Transparencia de Galicia, lembrando ao Concello de Teo a súa obriga de resolver as solicitudes de acceso á información, no prazo dun mes desde a recepción da solicitude no órgano competente para resolver, de acordo co establecido no artigo 20 da Lei 19/2016. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar, por motivos formais, a reclamación presentada por con data do 11 de febreiro de 2020, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante o Concello da Teo, referente a acceso á copia do prego de contratación ou aquela outra que indique as necesidades e requisitos para prestar o servizo, alternativas estudadas e informe polo cal se escolleu a empresa seleccionada, custe económico da actividade e copia dos documentos que acreditan os gastos ocorridos, referente ao obradoiro de creación de robots coa tecnoloxía de Lego. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses 1, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia 1 Debese ter en conta que de acordo co disposto na disposición adicional segunda do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, os prazos procesuais están interrompidos e suspendidos para todas as ordes xurisdicionais, ata que non que perda vixencia o citado Real Decreto, renovándose o cómputo de prazos nese momento.