Estimada 28/04/2020 · 71 días en resolverse

Acceso a direcciones de locales de hostelería que solicitaron visado de proyecto en la provincia de Pontevedra

El ciudadano solicitó al Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Industriales de Vigo las direcciones de locales de hostelería en Pontevedra que solicitaron visado de proyecto entre septiembre y octubre de 2019. El Colegio denegó el acceso alegando confidencialidad y carácter abusivo. La Comisión de Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena facilitar la información.

Puntos clave de la argumentación

1 La actividad de expedición de visados por un Colegio Profesional constituye una función pública sujeta a Derecho Administrativo y, por ende, la información generada es pública.
2 No es requisito para el acceso a la información pública que el solicitante tenga la condición de interesado en los expedientes ni que motive su solicitud.
3 La denegación basada en el secreto profesional requiere la acreditación de un perjuicio real y concreto, no bastando la mera alegación hipotética de daño.
4 Una solicitud no puede considerarse abusiva por el mero hecho de solicitar datos de forma masiva si no se motiva una ponderación objetiva que demuestre que excede los límites normales del derecho.
5 El desconocimiento del Colegio sobre trámites municipales posteriores al visado no justifica la denegación total, debiendo facilitar la información que sí obre en su poder.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 17 de febreiro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 28 de abril de 2020, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 17 de febreiro de 2020 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución do 18 de decembro de 2019, de denegación da súa solicitude de acceso á información ante o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, referente á dirección dos locais para os que se solicitase visado-proxecto, licencia de obra ou de ser o caso, comunicación previa con destino a café-bar, cafetaría e restaurante na provincia de Pontevedra durante os meses de setembro a outubro de 2019. O reclamante en resume indica que se solicitou ao Colexio unha información que debe estar no seu poder ao ser obtida por razón do exercicio dunha actividade sometida a dereito administrativo. O visado téñeno atribuído os colexios en exercicio dunha función pública propia da súa condición de corporacións de dereito público nos supostos en que así veña imposto en relación aos seus traballos profesionais, e en particular coa adecuación dun local para o exercicio dunha actividade de hostalería. Solicitou os de aqueles casos nos que fose obrigatorio, non tendo nada que obxectar para os que non teñan tal carácter. Considera que non son de aplicación para inadmitir á súa solicitude, as normas deontolóxicas do Colexio, que a súa solicitude estea formulada de forma xenérica, dado que está perfectamente delimitada, ni que de acceder á súa petición, se obtería pola vía da Lei de transparencia, a recollida de información masiva de direccións de establecementos particulares, nin que a súa solicitude careza de motivación. Respecto da aplicación do código deontolóxico, se ben son auténticas normas xurídicas, están sometidas ao principio de xerarquía normativa, polo que están sometidas á norma de rango superior como é a Lei 19/2013, e sen que se poida alegar a existencia de datos de carácter persoal, xa que o que se piden son datos referentes ao establecemento. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 20 de febreiro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 21 de febreiro de 2020. Terceiro. Con data do 6 de marzo de 2020 o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que o solicitante non figura como interesado en ningún dos expedientes administrativos de solicitude de visado para café-bar, cafetería e restaurante dos meses de setembro e outubro de 2019 no Colexio, polo que non lle é de aplicación a Lei 19/2013, alegada na solicitude e na reclamación. Considera o colexio que entre as actividades suxeitas a Dereito Administrativo e por tanto ás leis de transparencia estarían, entre outras a de visado colexial dos traballos profesionais dos colexiados. Segundo as normas deontolóxicas do Colexio, o colexiado está obrigado a manter a confidencialidade da información proporcionada polo seu cliente. Alega o colexio que de acordo co O Real Decreto 1000/2010, do 5 de agosto, regula o visado colexial obrigatorio, que as actividades de hostalería non figuran entre as que requiren visado obrigatorio. Alega ademais o colexio que non se referenciaba ningunha petición concreta de información sobre un/s visados colexiais, que na solicitude formulada non se cumpría o establecido no art.66. c) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas xa que non contén as razóns da solicitude de direccións de forma xenérica e masiva de visados. Por outra banda, solicitáronse visado proxecto-licenza de obra-ou, no seu caso, comunicación previa con destino a café-bar, cafetería e restaurante na provincia de Pontevedra, facendo referencia a visados de licenzas de actividades que son actos administrativos municipais posteriores ao visado dun proxecto nun Colexio Profesional, polo que o Colexio ignora os proxectos visados que son obxecto de posterior autorización municipal por non ser da súa competencia, e mesmo é factible que os proxectos, unha vez visados, non cheguen a ser presentados en ningunha Administración Municipal sen dar conta desta circunstancia ao Colexio. Considera que a solicitude de direccións de locais de hostalería ou direccións de locais que se fosen a abrir é abusiva, xa que suporía a recollida masiva de direccións de establecementos particulares, sen ser interesado e sen solicitar nin sequera os datos dun visado específico e concreto, non tendo a información solicitada ningunha incidencia respecto ou en relación cos fins perseguidos pola Lei 19/2013. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo afirma o interesado, a resolución notificóuselle con data do 20 de xaneiro de 2020 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 17 de febreiro de 2020, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado fixo unha solicitude de acceso á información moi concreta, consistente en que se lle remitira a dirección dos locais para os que se solicitara visado proxecto - licenza de obra ou, no seu caso, comunicación previa con destino a café-bar, cafetaría e restaurante na provincia de Pontevedra durante os meses de setembro e outubro de 2019. É dicir, se está a solicitar unha dirección de locais que solicitaron un visado para unha determinada actividade na provincia de Pontevedra nun período de dous meses, información que se denegou por acordo da Xunta de Goberno do Colexio, polos seguintes motivos: 1. Trátase dunha solicitude xenérica, referida a toda a provincia de Pontevedra. 2. Non se expón os motivos polos que se solicita a información. 3. Non ten carácter público as direccións solicitadas. 4. Solo existe obriga de facilitar información elaborada polo Colexio Profesional suxeita a dereito administrativo. Alégase ademais no informe remitido polo Colexio Profesional que: 1. O solicitante non ten a condición de interesado en ningún dos expediente dos que solicita información. 2. Que o visado colexial esta dentro das actividades suxeitas a Dereito Administrativo, pero que segundo o as normas deontolóxicas do Colexio, o colexiado está obrigado a manter a confidencialidade da información proporcionada polo seu cliente. 3. Que na solicitude se fai referencia a visados de licenzas de actividades que son actos administrativos municipais posteriores ao visado dun proxecto nun Colexio Profesional, polo que o Colexio ignora os proxectos visados que son obxecto de posterior autorización municipal. 4. Que a solicitude de direccións de locais de hostalería ou direccións de locais que se fosen a abrir é abusiva, xa que suporía a recollida masiva de direccións de establecementos particulares. Procédese a continuación ao análise dos motivos polos que se denegou o acceso solicitado. (1). Solicitude de información xenérica referida a toda a provincia. O interesado solicitou o acceso ás direccións de locais para os que se solicitase visado para actividade de hostaleira nun período de dous meses na provincia de Pontevedra, solicitude que non se pode considerar como xenérica. En todo caso, se así o considerase o Colexio, este feito non podería ser causa de denegación do acceso, senón que de conformidade co disposto nos artigos 19.2 da Lei 19/2013, e 68 da Lei 39/2015, do 1de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ten a obriga de solicitar ao interesado que concrete a súa solicitude no prazo de dez días, con indicación de que en caso de que non o fixera, se lle tería por desistido da súa solicitude. (2). Condición de interesado do solicitante e motivación da solicitude de acceso. O acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública e, por tanto o posible obxecto dunha solicitude de información que a Lei consagra é todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma que fose obtido ou elaborado no exercicio das súas funcións. Este feito, entender que pode ser obxecto dunha solicitude de información calquera información que posúa unha entidade, neste caso o Colexio Profesional, por ter sido elaborado ou adquirido no exercicio das súas funcións, así como que non sexa necesario motivar a solicitude, polo que non está vinculada á titularidade dun interese por parte do solicitante, fai difícil cando non imposible, subtraer do marco da normativa de transparencia unha solicitude de información que cumpra as condicións indicadas na mesma. Non pode por tanto aceptarse como motivo de denegación da información solicitada, o feito de que o solicitante non teña a condición de interesado en ningún dos expedientes dos que solicita acceso, xa que esta non pode ser requisito dunha solicitude de acceso á información, nin que non a motive, dado que de acordo co disposto no artigo 26 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a motivación non é obrigatoria, senón que é unha opción por parte da persoa solicitante, e a súa ausencia non pode ser por si soa, causa de denegación do acceso. (3). Sometemento dos colexios profesionais á normativa de transparencia. Os Colexios Profesionais, tal e como destacou o Tribunal Constitucional, teñen unha natureza mixta ou bifronte. Esta doutrina aparece sistematizada na STC 89/1989, do 11 de maio, reiterada en pronunciamentos posteriores, como a STC 3/2013, do 17 de xaneiro, na que establece que os Colexios Profesionais constitúen unha típica especie de Corporación, recoñecida polo Estado, dirixida non só á consecución de fins estritamente privados, que podería conseguirse coa simple asociación, senón esencialmente a garantir que o exercicio da profesión, que constitúe un servizo ao común, se axuste ás normas ou regras que aseguren tanto a eficacia como a eventual responsabilidade en tal exercicio. Os Colexios Profesionais están configurados como persoas xurídico-públicas ou Corporacións de Dereito público cuxo orixe, organización e funcións non dependen só da vontade dos asociados, senón tamén, e en primeiro termo, das determinacións obrigatorias do propio lexislador, polo que sostendo o carácter complexo do réxime xurídico dos Colexios Profesionais, dado que carece de uniformidade o sistema, debe adaptarse á natureza pública ou privada da actividade que desempeñe o Colexio en cada momento. A súa configuración como Corporacións de Dereito Público de base privada que desenvolve funcións públicas, xustifícase polo cumprimento de diferentes intereses públicos, entre os que poden mencionarse a ordenación do exercicio profesional, o cumprimento das normas deontolóxicas, o exercicio da potestade sancionadora, os recursos procesuais, ou a defensa dos dereitos e intereses de consumidores e usuarios, entre outros. Do conxunto de funcións que teñen encomendadas os Colexios Profesionais polo artigo 5 da Lei 2/1974, do 13 de febreiro, de Colexios Profesionais, só poden considerarse como públicas unha parte do total que desempeñan. Neste sentido, cabe lembrar que están suxeitos a Dereito Administrativo os actos relativos á organización e funcionamento das Corporacións e o exercicio das funcións administrativas que teñen atribuídas pola lexislación que as rexe ou que lles foron delegadas por outras Administracións Públicas. Por tanto, debemos analizar se a actividade sobre a que se solicita o acceso, está suxeita ou non, a dereito administrativo. a expedición de visados por un Colexio Profesional, son actos de control suxeito a dereito administrativo realizado polos colexios profesionais en exercicio dunha función pública atribuída pola Lei, que fan que se lles considere como Administración corporativa. De acordo co establecido no artigo 13 da Lei 25/2009, do 22 de decembro,que modifica a Lei 2/1974, de Colexios Profesionais, o obxecto do visado é comprobar, polo menos, a identidade e habilitación profesional do autor, con utilización do rexistro de colexiados, así como a corrección e integridade formal da documentación, debendo detallar que extremos son sometidos a control e informando da responsabilidade que asume o Colexio, o cal responderá subsidiariamente os danos que teñan orixe en defectos que debesen poñerse de manifesto no momento do visado. O Tribunal Supremo (sentenza do 5 de decembro de 2001) estableceu que o visado garante, entre outras condicións, a capacidade, colexiación e idoneidade do técnico para levar a cabo determinadas actuacións profesionais, das que non se exclúen aquelas que acreditan a conformidade dunha determinada instalación industrial ao proxecto técnico ao que debe adaptarse. Tras a reforma efectuada pola Lei 25/2009, corresponde aos Colexios Profesionais visar os traballos profesionais dos colexiados, unicamente cando se solicite por petición expresa dos clientes, incluídas as Administracións Públicas cando actúen como tales, ou cando así o estableza o Goberno mediante Real Decreto, previa consulta aos colexiados afectados. Por tanto na actualidade, se parte do criterio da voluntariedade do devandito instrumento, polo que en ningún caso, os Colexios, por si mesmos ou a través das súas previsións estatutarias, poderán impoñer a obrigación de visar os traballos profesionais. Por tanto, nos proxectos elaborados polos membros da súa profesión, a intervención do Colexio profesional supón o control colexial ou corporativo da idoneidade profesional do técnico que o redacta e a corrección e integridade formal da documentación integrante do traballo. Como establece a xurisprudencia, o alcance da potestade de visado non se limita a ser o dun acto corporativo de natureza interna ou acto colexial de control da actividade profesional dos colexiados senón que, por provir dunha Administración corporativa, representa o exercicio dunha función pública que transcende do marco interno das relacións entre o Colexio e os colexiados. Por tanto, e como recoñece expresamente o Colexio, tanto na resolución denegatoria do acceso como no seu informe, a actividade de visado constitúe unha actividade suxeita a Dereito Administrativo, e por tanto, é información pública, por ser elaborada polo Colexio no exercicio das súas funcións, que pode ser obxecto dunha solicitude de acceso á información. (4). Carácter público das direccións solicitadas. Respecto á causa de denegación da solicitude de acceso en base a que non teñen carácter público as direccións dos locais solicitada, debe volverse á definición que tanto a norma básica estatal como a galega en materia de transparencia establece: contidos ou documentos en poder dun suxeito obrigado, neste caso un Colexio Profesional, elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións. Isto implica que as direccións, se forman parte do visado, son información pública, e agás que por parte do Colexio Profesional se acredite e motive adecuadamente que esa información está sometida a algún límite dos establecidos no artigo 14 ou a algunha causa de inadmisión das establecidas no artigo 18 de Lei 19/2013, acreditación e motivación que non se fixo, é información que debe proporcionarse ao solicitante. (5). Segredo profesional da información recibida polo cliente De acordo co disposto no artigo 14.1 só procede a aplicación dun límite ao acceso á información pública, como podería ser o referido ao segredo profesional (parágrafo J do dito artigo) en presenza dunha lesión ou prexuízo efectivo ao ben ou interese xurídico protexido que sexa consecuencia do dito acceso. En consecuencia, é necesario que concorra de forma indubitada a posibilidade real, non hipotética, e concreta de producirse un prexuízo e non é suficiente coa mera alegación de que se poida producir unha lesión no ben ou interese protexido, sendo necesario ademais que non concorra no caso ningún interese superior que poida xustificar a concesión. As condicións expresadas deben darse conxuntamente, de modo tal que calquera invocación do art. 14.1 ten un dobre condicionante e require a realización polo aplicador de dous exames sucesivos, os denominados pola doutrina especializada e o preámbulo da Lei test do dano e test do interese. A través do primeiro compróbase a probabilidade do hipotético prexuízo ou lesión e a existencia dun nexo causal entre o acceso á información que se solicita e o prexuízo alegado. Mediante o segundo compróbase se existe no caso algún interese superior ao protexido coa limitación que xustifique o acceso solicitado. O artigo 14.2 da Lei 19/2013 engade aínda unha nova condición para a aplicación dos límites, consistente en que a súa aplicación sexa xustificada e proporcionada ao seu obxecto e finalidade de protección. Esta condición opera en dobre sentido: esixe por unha banda que a apreciación da certeza da lesión ou prexuízo no interese protexido e a da superioridade dos outros intereses en presenza sexan razoadas e, por outro , que unha vez apreciada a limitación do acceso, esta sexa dunha intensidade proporcional á entidade do dano que se trata de evitar, isto é, que se limite ao estritamente necesario para salvagardar o ben protexido. A Lei 19/2013 non define que poida entenderse por segredo profesional. Existen segredos de distinto tipo e que xorden en diferentes situacións tales como o segredo profesional no ámbito empresarial, que lle outorga á compañía unha vantaxe competitiva fronte á competencia, os que afecten á seguridade do Estado, os estatísticos, entre outros. No presente caso, non se acreditan, mais ala de alegalo, os posibles prexuízos que se poidan derivar de proporcionar a dirección dun local que solicitase unha licencia, polo que non procede estimar a concorrencia deste límite. (6). Solicitude referida a visados de licenzas de actividades que son actos administrativos municipais posteriores ao visado dun proxecto nun Colexio Profesional, ignorando o colexio os visados obxecto de posterior autorización municipal. Alega por outra banda o Colexio que a solicitude fai referencia a que se solicita visado de proxectos sobre os que se solicitase licenza ou comunicación previa con destino a actividade de hostalaría, e que o Colexio descoñece cales se someteron a eses trámites, xa que non son da súa competencia. O Colexio Profesional, como suxeito obrigado a proporcionar a información solicitada, debe proporcionar a información que estea no seu poder e que constitúa información pública, como é o caso dos visados, e comunicar de forma clara ao solicitante, a información da que non dispón, e de ser o caso, os motivos polos que non dispón da mesma, en cumprimento da súa obriga de orientar e asesorar aos solicitantes. Non pode aceptarse como causa de denegación do acceso á información o feito de que o Colexio descoñeza cales dos proxectos que visou, solicitaron posteriormente licencia ou presentaron comunicación previa, debendo proporcionarse ao solicitante a información dos visados realizados nese período, e facéndolle constar que se descoñece cales dos proxectos visados solicitaron licenza ou presentaron, comunicación previa, información que estará en poder do organismo local correspondente. (7).Solicitude abusiva por supoñer a recollida masiva de direccións de establecementos particulares. Respecto da consideración de abusiva da solicitude por supoñer, segundo o Colexio Profesional a recollida masiva de direccións de establecemento particulares, débese ter en conta a interpretación ofrecida polo Consejo de Transparencia y Buen Gobierno no seu Criterio Interpretativo sobre esta causa, que asocia o carácter abusivo da solicitude cando exceda manifestamente os límites normais do exercicio dun dereito ( art. 7.2 do Código Civil), cando para ser atendida, requira un tratamento que obrigase a paralizar o resto da xestión dos suxeitos obrigados a proporcionar a información, cando supoña un risco para os dereitos de terceiros, ou cando sexa contraria ás normas, os costumes ou a boa fe. Unha solicitude considérase xustificada coa finalidade da Lei cando se fundamenta no interese lexítimo de someter a escrutinio a acción dos responsables públicos, coñecer como se toman as decisións públicas, coñecer como se manexan os fondos públicos, coñecer baixo que criterios actúan as institucións públicas. Por tanto unha solicitude será abusiva por non estar xustificada coa finalidade da Lei cando non poida ser reconducida a ningunha destas finalidades e así resulte de acordo cunha ponderación razoada e baseada en indicadores obxectivos, teña por finalidade patente e manifesta obter información que careza da consideración de información pública de acordo coa definición que ofrece a propia Lei, ou cando teña como obxecto ou posible consecuencia a comisión dun ilícito civil ou penal ou unha falta administrativa. A aplicación desta causa de inadmisión require, como ocorre ante calquera outra, motivar debidamente a resolución con unha ponderación razoada e baseada en indicadores obxectivos, ponderación que neste caso non se fixo, polo que non se pode estimar a solicitude de acceso como abusiva. Lembremos que estase a solicitar o numero de visados nun Colexio correspondentes a un período de dous meses, polo que parece difícil que o resultado da información solicitada sexa a recollida masiva de direccións de establecemento. (8). Audiencia a terceiros interesados. Tendo en conta que a información solicitada pode afectar a dereitos ou intereses de terceiros, debidamente identificados, que son os solicitantes dos visados, de conformidade co disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo deberá concederlles un prazo de quince días para que poidan realizar as alegacións que estimen oportunas, informando ao solicitante, e unha vez recibidas, realizar a oportuna ponderación entre o dereito de acceso á información pública e os dereitos ou intereses que se poidan poñer de manifesto, resolvendo en consecuencia sobre o acceso á información solicitada. ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 17 de febreiro de 2020, contra a contra a Resolución do 18 de decembro de 2019, de denegación da súa solicitude de acceso á información ante o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, referente á dirección dos locais para os que se solicitase visado-proxecto, licencia de obra ou de ser o caso, comunicación previa con destino a café-bar, cafetería e restaurante na provincia de Pontevedra durante os meses de setembro a outubro de 2019. Segundo: Instar a Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo , a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses 1, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia 1 Debese ter en conta que de acordo co disposto na disposición adicional segunda do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, os prazos procesuais están interrompidos e suspendidos para todas as ordes xurisdicionais, ata que non que perda vixencia o citado Real Decreto, renovándose o cómputo de prazos nese momento.