Estimada

Acceso al expediente administrativo sobre la instalación de paneles informativos en A Coruña

Una comunidad vecinal solicitó a la Axencia de Turismo de Galicia copia del expediente sobre la instalación de paneles informativos. Ante la falta de respuesta (silencio administrativo), la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena a la administración entregar la información en un plazo de 10 días.

Puntos clave de la argumentación

1 La Comisión determina que solo la solicitud de copia del expediente constituye un derecho de acceso a la información pública, excluyendo las peticiones de retirada de paneles o cese de rutas turísticas.
2 Se admite la reclamación al haberse interpuesto en plazo contra una resolución presunta por silencio administrativo.
3 La administración reclamada no resolvió la solicitud expresamente ni justificó la denegación, incurriendo en un incumplimiento de la obligación de resolver en plazo.
4 Se insta a la administración a entregar la información respetando los límites legales relativos a la protección de datos personales (art. 15 Ley 19/2013).

Texto completo

O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada. Segundo.- Dado que a reclamación se presentou en nome dunha comunidade veciñal, sen que constase representación nin sinatura da mesma, requiríuselle para que de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para que remitise a reclamación asinada por persoa que represente á Comunidade de Monte veciñal en man Común, e acreditar, por calquera medio axustado a dereito, a autorización para actuar en representación da Mancomunidade. Con data do 24 de febreiro de 2020, dentro do prazo concedido, presentouse escrito asinado dixitalmente mediante certificado electrónico que acredita a representación da entidade. Segundo. Con data do 24 de febreiro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante Axencia de Turismo de Galicia para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 27 de febreiro de 2020. Terceiro. Con data do 6 de marzo de 2020 Axencia de Turismo de Galicia contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a Axencia Turismo de Galicia non ten competencia ningunha para a retirada dos paneis, dado que non é titular dos mesmos, e que a Axencia non promoveu rotas turísticas polos terreos propiedade da solicitante, senón que unicamente concede unha subvención a un proxecto presentado por unha agrupación de Concellos, ao abeiro da Resolución do 4 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, e se anuncia a convocatoria para o ano 2018 publicado no DOG núm. 14, do 19 de xaneiro de 2018. No que respecta á copia dos expedientes que garden relación coa instalación dos paneis, informa que unicamente existe un expediente de subvención a solicitude da Agrupación de concellos da , do que xunta copia, advertindo que contén datos de carácter persoal. No referente ás actuacións de control, a Axencia Turismo de Galicia realizou unha comprobación da axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade subvencionada e do cumprimento da finalidade, que determinou a subvención, conforme establece o artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Axencia de Turismo de Galicia non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente realizou unha solicitude á Axencia de Turismo de Galicia, da que unicamente pode considerarse procedemento de acceso á información pública a súa solicitude de acceso á copia do expediente relativo á instalación de paneis informativos, sen que a súa solicitude de retirada dos paneis e a solicitude á Axencia de Turismo de Galicia de que se absteña de promover rotas turísticas en terreos propiedade da comunidade, se poidan considerar como tal. De acordo co anterior e en base ao disposto no artigo 33.3 da Lei 1/2016, a Comisión da Transparencia de Galicia unicamente ten competencias para a resolución das reclamacións contra as resolucións, expresas ou presuntas, en materia de acceso á información pública, polo que o obxecto desta reclamación, cínguese unicamente á denegación, por silencio administrativo, da solicitude de acceso ao expediente de subvención. O acceso á información pública está configurado na Lei como un dereito de amplo ámbito obxectivo e subxectivo e, especialmente, o concepto de información pública e, por tanto o posible obxecto dunha solicitude de información que a Lei consagra é todo contido ou documento que obre en poder dun organismo suxeito á norma que fose obtido ou elaborado no exercicio das súas funcións. A Axencia de Turismo de Galicia, remite a esta comisión copia do expediente solicitado, sen que conste no mesmo a súa remisión á entidade solicitante, nin os motivos polos que non se resolveu sobre o acceso. A referida Axencia, advirte que no expediente solicitado, existen datos de carácter persoal, polo que previamente á resolución sobre o acceso, deberá analizar, de conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 19/2013, os datos de carácter persoal que nel figuran, e disocialos ou conceder acceso parcial ao mesmo, segundo proceda. Así mesmo, no caso de que a información solicitada estea sometida algún dos límites establecidos no artigo 14 da referida lei, deberá aplicalos de forma xustificada e proporcionada ao obxecto e finalidade da protección, atendendo ás circunstancias do caso concreto. Así mesmo, no caso de que a información solicitada poida afectar a dereitos ou intereses de terceiros que estean identificados, debe concedérselles un período de audiencia para realizar alegacións, informando á entidade solicitante, de acordo co que dispón o artigo 19.3 da Lei 19/2013. A Axencia de Turismo de Galicia non resolveu a solicitude de acceso á información da entidade interesada, polo que debe lembrárselle que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por , en representación , con data do 20 de febreiro de 2020, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude ante a Axencia de Turismo de Galicia, de obtención de copia dixital de todos os expedientes e documentos administrativos que garden relación coa instalación de paneis no (A Coruña). Segundo: Instar a Axencia de Turismo de Galicia, a que no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar a Axencia de Turismo de Galicia, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses 1, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia. 1 Debese ter en conta que de acordo co disposto na disposición adicional segunda do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, os prazos procesuais están interrompidos e suspendidos para todas as ordes xurisdicionais, ata que non que perda vixencia o citado Real Decreto, renovándose o cómputo de prazos nese momento.