Estimada 22/12/2020 · 70 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo sobre acceso a datos de la pandemia de COVID-19 en Galicia, estimada por motivos formales

Se solicitó a la Consellería de Sanidade de Galicia el acceso a datos en formato .csv sobre la evolución de la COVID-19. El solicitante alegó desestimación por silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración finalmente concedió el acceso mediante un enlace, aunque fuera de plazo.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública no requiere que el solicitante motive su petición, conforme al artículo 26.4 de la Ley 1/2016.
2 La reclamación fue admitida al presentarse dentro del plazo de un mes desde que se produjeron los efectos del silencio administrativo.
3 La resolución de la Consellería de Sanidade, aunque extemporánea respecto al plazo de un mes del artículo 27.4 de la Ley 1/2016, concedió el acceso mediante un enlace.
4 La Comisión verificó que el enlace proporcionado permitía efectivamente acceder a los datos solicitados, cumpliendo con el artículo 22.3 de la Ley 19/2013 y el criterio interpretativo 9/2015 del CTBG.
5 Se advierte a la Consellería de Sanidade que el incumplimiento reiterado de los plazos de respuesta es considerado una infracción grave según el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Leí 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 13 de outubro de 2020, e considerando os ant ecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 22 de decembro de 2020, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, m ediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 13 de outubro de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Leí 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude ante a Secretaría Xeral Técnica de Sanidade, de acceso aos arquivos informáticos que teña no seu poder a citada Consellería, en format o .csv ou calquera outro similar que recolla táboas ou series de datos, nos que veña rexistrando a evolución e a incidencia da pandemia da COVID-19 na poboación galega O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, do seu DNI. Segundo. Con data do 21 de Outubro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante a' Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de t ransparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do exped iente. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga! Terceiro. Con data do 27 de Outubro de 2020 a Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo a Resolución do 13 de outubro de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade pola que se resolve conceder o acceso á información solicitada mediante a remisión dun link onde se poden consultar os datos solicitados. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas recia macións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas I (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga l funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acorde con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigas 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e • .i . ti . ;. o~- (•34) 981569740 i{,'},, '<(,.¡;, Rúa do Hórreo, 65 1S700. Sa;ntiago de Compostcla ·,.,.:,t t·. ,,..,P., .''. ,..·r., ''¡(· h!{'¡ t d . ~ .._, .,.~. : i..,.~ ACoru~a (:ir)tir..i¡] (;) [email protected] ,::·~ ~~;,. www.cornisiondatransparencia.ga1 reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en ca lquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O interesado solicitou acceso á información con data do 9 de setembro de 2020, sen obter resolución dentro do prazo dun mes que o artigo 27.4 da Leí 1/2016 establece, polo que téndose ditado resolución expresa pola Consellería de Sanidade con data do 13 de outubro de 2020, debe admitirse a mesma por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou á Consellería de Sanidade acceso aos arquivos informáticos que teña no seu poder a citada Consellería, en formato .csv ou calquera outro similar que recolla táboas ou series de dat os, nos que veña rexist rando a evo lución e a incidencia da pandemia da COVID- 19 na poboación galega Con data do 27 de outubro de 2020, a Consellería de Sanidade remitiu Resolución da Secretaría Xera l Técnica do 13 de outubro de 2020, pola que se concede o acceso á información solicitada mediant e a remisión dun link A Conselleria, aínda que fóra do prazo que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016, pronunciou resolución expresa concedendo o acceso ao solicitado mediante a indicación do link no que se pode obter a información. A través do link enviado, púidose comprobar pola secretaria desta Comisión que se accede aos datos solicitados, polo que se cumpre co establecido no artigo 22.3 da Leí 19/2013 e co criterio interpretativo 9/2015, do Consello de Transparencia e Bo Goberno respecto da formalización do acceso. Procede en consecuencia, estimar a reclamación por motivos formais. Debe lembrarse á Consellería de Sanidade a súa obriga de resolver as solicitudes de acceso á información dentro do prazo dun mes que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016 e a consideración do seu incumprimento reiterado como infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013. En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar por motivos forma is, a reclamación present ada por con data do 13 de outubro de 2020, contra a desestimación por silencio a ministrativo a sua solicitude ante a Secretaría Xeral Técnica de Sanidade, de acceso aos arquivos informáticos ,,¡ [email protected] www.tornisiondatransparencia.ga1 que teña no seu poder a citada Consellería, en formato .csv ou calquera outro similar que recolla táboas ou series de datos, nos que veña rexistrando a evolución e a incidencia da pandemia da COVID-19 na poboación galega. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2020.12.23 08:40:19 +01 '00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.