Se solicitó a la Consellería do Mar información sobre el jefe de Gabinete, la relación con la FIAPP y un viaje a Turquía. El reclamante alegó que la resolución no respondía a todos los apartados. La Comisión da Transparencia de Galicia desestimó la reclamación por considerar adecuada la respuesta de la administración.
Puntos clave de la argumentación
1
La respuesta de la Consellería do Mar se considera adecuada al informar que no existe convenio con la Fundación FIAPP y detallar las funciones del Jefe de Gabinete.
2
La administración aclaró que el Jefe de Gabinete es personal eventual y no realiza actividades ordinarias de gestión o técnicas propias de funcionarios de carrera.
3
Se informó al solicitante que la Consellería fue seleccionada como socio en un proyecto en Turquía sin coste alguno para la administración.
4
La reclamación fue admitida por haber sido interpuesta dentro del plazo de un mes desde la notificación del acto impugnado.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 29 de outubro de 2020,
e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación,
a Comisión da Transparencia na sesión celebraclla o día 22 de decembro de 2020, adopta a
seguinte resolución:
ANTECEDENTES
en re-presentación
presentou, mediante escritos con
entrada no rexistro do Valedor do Pobo do 27 e 29 de outubro de 2020, unha reclamación ao
amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo
goberno, contra a resolución do 21 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da
Consellería do Mar pola que se lle concede acceso á información sobre o xefe do Gabinete da
dita Consellería, relación da Consellería coa Fundación Internacional e para lberoamérica de
Administración e Políticas Públicas (FIAPP) e viaxe de persoal Técnico da dita Consellería a
Tu rquía.
A entidade reclamante no seu escrito do 27 de outubro de 2020, fai referencia a outros
expediente de reclamación ante a Comisión da Transparencia dos que a Asociación é parte e
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
1 ;\
[email protected] wvJW.tomisiondatransparencia.gal
sobre os que xa se ditou resolución, sen alegar motivo algún de impugnación da resolución da
Consellería do Mar do 21 de outubro de 2020. No escrito presentado con data do 29 de
outubro de 2020, limítase a alegar que a resolución non responde á solicitude nos seu
apartados que relaciona.
Segundo.- Con data do 6 de novembro de 2020, déuselle traslado da documentación
achegada polo reclamante á Consellería do Mar para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 12 de novembro de 2020.
Terceiro. Mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 20 de novembro
de 2020, a Consellería do Mar remite informe e copia do expediente, no que en síntese
manifesta mediante a Resolución do 21 de outubro de 2020, a secretaria xeral técnica da
Consellería do Mar resolveu conceder o acceso á información á que se refería a solicitude
presentada, indicando que a Consellería non subscribiu ningún acordo ou convenio coa
"Fundación Internacional y para lberoamérica de Administración y Políticas Públicas (FIAPP)"
nin tampouco foi beneficiaria de ningún tipo de axudas ou subvencións que puidera outorgar
a Consellería do Mar, e concretando na citada resolución que o Xefe do Gabinete da
Consellería do Mar é persoal eventual e como tal, unicamente desempeña as funcións
previstas no artigo 29 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, polo que
en ningún caso realiza actividades ordinarias de xestión ou de carácter técnico, nin ningunha
das funcións que corresponden ao persoal funcionario de carreira.
Tamén informouse ao solicitante que o Ministerio de Agricultura e Silvicultura de Turquía
seleccionou á Consellería do Mar como socio na implementación do proxecto
"Hermanamiento TR 16 IPA A 01 18 R-Capacitación para las organizaciones de productos
pesqueros y las Direcciones Provinciales de Agricultura en línea con la Organización Común de
Mercados", participando no mesmo o referido Xefe de Gabinete por parte da Consellería do
Mar, sen custo algún para a Consellería. lnformouse igualmente sobre os nomeamentos do
xefe de gabinete, con indicación dos enderezos electrónicos onde poden atoparse ás súas
retribucións e declaracións de actividade. A resolución foi posta a disposición do interesado o
21 de outubro de 2020 mediante o sistema Notifica.gal.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal
unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma leí, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Leí 1/2016, do 7 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Leí 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Leí 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Leí 1/2016, do 7 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 7 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
[email protected] www.tomisiondatransparencia.ga!
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta na documentación que consta no expediente, a resolución contra
a que se reclama ten data do 21 de outubro de 2020 e a reclamación contra a mesma
presentouse con data do 29 do mesmo mes, debe admitirse por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
De acordo coa definición de información pública da Lei galega 1/2016, e da Lei básica estatal
19/2013, as solicitudes de acceso deben estar baseadas en información xa existente e
dispoñible, en poder dun organismo ou entidade suxeita á Lei, no momento no que se produce
a solicitude e, ademais, debe ser información elaborada ou adquirida no exercicio das súas
competencias.
O interesado solicitou información sobre un convenio para o destino de persoal técnico a
Turquía coa "Fundación Internacional y para lberoamérica de Administración y Políticas
Públicas (FIAPP)" e nomeamento do xefe de gabinete para a súa xestión e control e a
Consellería, mediante a correspondente resolución, infórmalle que non ten subscrito ningún
acordo ou convenio coa referida Fundación, e que a persoa que ocupa o posto de xefe de
gabinete, realiza as funcións propias dese cargo, sen que realice ordinarias de xestión ou de
~ (+34) 98! 56 97 40 f?,:''-
,;,d} Rúa do Hórreo, 65
1S700, Sant iago d& Compostela
ACoru~a
(;.) [email protected] ~ www.c:ornisíondatrdnsparencia.gal
carácter técnico, nin ningu nha das funcións que corresponden ao persoal funcionario de
carreira.
De acordo co anterior, considérase axeitada a resposta dada pola Consellería do Mar respecto
da información solicitada, por canto informa ao solicitante que non t en asinado convenio
algún coa Fundación e as funcións que realiza o Xefe do Gabinete, e ao non alegarse nin
acreditarse polo reclamante, motivos de nulidad,e ou anulabilidade previstos nos artigos 47 e
48 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
administracións públicas, procede a desestimación da reclamación presentada .
De acordo co ant erior, en base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente
expresados, procede a desestimación da reclamación presentada, polo que a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
contra a Resolución da Secreta ría Xeral Técnica da Consellería do Mar do
21 de outubro de 2020, pola que se lle concede acceso á información sobre o xefe do Gabinete
da dita Consellería, relación da Consellería coa Fundación Internacional e pa ra lberoamérica
de Administración e Políticas Públicas (FIAPP) e viaxe de persoa l Técnico da Consellería a
Tu rquía.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente ca be, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previst o no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Firmado digitalmente por
76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2020.12.23 08:42:43 +01 '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.