Estimada parcialmente 22/12/2020 · 70 días en resolverse

Reclamación sobre el acceso a protocolos de procesos selectivos de personal en la Consellería de Sanidade con estimación parcial

Una entidad solicitó a la Consellería de Sanidade información y protocolos sobre procesos selectivos ante el COVID-19. Alegó que derivar la petición a otro órgano equivalía a una denegación. La Comisión da Transparencia de Galicia estima parcialmente la reclamación, obligando a la administración a remitir formalmente la solicitud al órgano competente según la ley.

Puntos clave de la argumentación

1 La Dirección General de Salud Pública no puede limitarse a informar que otro órgano es el competente, sino que debe remitir la solicitud al centro directivo que elaboró la información
2 El artículo 19.4 de la Ley 19/2013 obliga a la administración a trasladar la solicitud al órgano competente y comunicar dicha circunstancia al solicitante
3 No se considera que la respuesta de la administración equivalga a una negativa absoluta, ya que se indicó la existencia de la información y quién era el titular de la misma
4 La reclamación fue admitida al haberse interpuesto dentro del plazo de un mes posterior a la notificación del acto impugnado

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno en representación ■ , mediante escrito do 13 de outubro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 22 de decembro de 2020, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES en representación presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 13 de Outubro de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución de 29 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Saúde Pública relativa a procesos selectivos e os seus protocolos A entidade indicaba que na resposta dada pola Dirección Xeral de Saúde Pública recoñécese de forma expresa que a Dirección Xeral é coñecedora tanto da previsión como dos protocolos elaborados para a súa xestión, e malia que a información figura en poder do dito órgano non a subministrou, derivando a cuestión á Dirección Xeral de Función Pública por ser este o órgano competente en materia de procesos selectivos, o que equivale a unha negativa á subministración da información pública. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e da resolución contra a que se reclama (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.tomisiondatransparencia.gal Segundo. Con data do 20 de outubro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada pola entidade reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 26 de Outubro de 2020 Terceiro. Con data do 27 de outubro de 2020 a Consellería de Sanidade contesta a petición remitindo copia do expediente instruído, sen remitir informe sobre a reclamación presentada. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera 111 1 (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.gat que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. ~} ( +34) 981 56 97 40 o Rúa do Hórreo, 65 15700, San tiago de C.omposte la A Coruna t-'-"t 0 at [email protected]> www.<.omisiondatra11sparencia.gal ,~;, Dado que segundo consta na documentación remitida coa reclamación, a resolución contra a que se recorre é do 29 de setembro de 2020, e a reclamación presentouse no Rexistro do Valedor do Pobo o 13 de outubro de 2020, debe admitirse por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente A solicitou coñecer se a Consellería de Sanidade recibiu comunicación por parte da Consellería de Facenda e Administración Pública ou da Dirección Xeral da Función Pública sobre probas selectivas de persoal no ámbito da Xunta de Galicia, indicando o lugar e data de realización, se a Consellería de Sanidade en caso de ter recibida esa comunicación aprobou, validou, avalou ou ratificou a realización das devanditas probas e se se estableceu ou se está a elaborar un protocolo para a realización das probas selectivas, tendo en contada evolución a situación epidemiolóxica derivada do COVID- 19, facilitando copia do devandito protocolo en caso afirmativo. A pesares de que a Consellería de Sanidade non remitiu informe sobre a reclamación presentada, da copia do expediente remitido, pódese constatar que a Dirección Xeral de Saúde Pública na súa resolución do 29 de setembro de 2020, deu resposta á solicitude por canto informou que a dita Dirección Xeral é coñecedora, a través da Dirección Xeral da Función Pública, da previsión para realizar diversos procesos selectivos e dos protocolos elaborados para a súa xestión no contexto actual da situación epidemiolóxica causada pola pandemia de COVID-19 e que é esta Dirección Xeral a competente para os ditos procesos. Porén, ao tratarse de información que figura en poder da dita Dirección Xeral, pero elaborada por outro centro directivo, a Dirección Xeral de Función Pública, por ser este o órgano competente en materia de procedementos de selección de persoal, de conformidade co disposto no artigo 19.4 da Lei 19/2013,debería t erlle remitida a solicitude presentada pola para que a citada Dirección Xeral resolvese sobre o acceso, comunicando esta circunstancia á entidade solicitante. Non pode compartirse a afirmación feíta pola entidade recorrente de que a resolución da Dirección Xeral de Saúde Pública equivale a unha negativa á subministración da información, xa que a información se lle está indicando na mesma, e se lle está indicando quen é o titular da información, á que a se pode dirixir para obtela . De acordo co anterior, ao non ter remitida a Consellería de Sanidade a solicitude ao órgano que elaborou a información solicitada, de conformidade co citado artigo 19.4, procede a estimación parcial da reclamación presentada, debendo a Consellería dar cumprimento ao disposto no citado artigo. . ;\'": ,. ~ ~ (+34) 9815697 40 f~.l,·\ Rúa do Hórreo, 65 *t 15700, Santiago de Compostela <i 1~ r··• Cl.r·l~>¡Jt (''"·ara¡ ,-.¡ "') 'j , <::, ,\,;V A Coruña "•',: ;Í Galício C'~ [email protected] C' www.tomisiondatran.sp-arencia.ga1 En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Estimar parcialmente no senso indicado no fundamente xurídico qu int o desta resolución, a recla mación resentada or en representación da con data do 13 de outubro de 2020, contra a Reso ucion de 29 de set embro de 2020 da Dirección Xeral de Saúde Pública, relativa a procesos selectivos e os seus protocolos. Contra esta resolución que pon fin á vía administrat iva unicamente ca be, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación dest a resolución, ant e a Sala do contencioso- administrat ivo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- adm inistrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2020.12.23 08:41 :56 +Ol '00' María Dolores Fernández Gal iño Presidenta da Comisión da Transparencia. 1,