Estimada 22/12/2020 · 78 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello de Ferrol sobre la publicación de un Decreto de horarios de terrazas, resuelta con estimación

Una ciudadana solicitó al Concello de Ferrol el lugar de publicación de un Decreto sobre horarios de terrazas de 2019. Ante el silencio administrativo, reclamó ante la Comisión da Transparencia de Galicia, que estima la reclamación y obliga al Ayuntamiento a responder a la interesada informando sobre la existencia y publicación de dicho documento.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, no obligando al solicitante a motivar su petición.
2 Las solicitudes de acceso deben basarse en información existente y disponible en poder del organismo sujeto a la ley en el momento de la solicitud.
3 Si la documentación solicitada no existe o no se elaboró, el sujeto obligado debe indicarlo al solicitante con claridad.
4 El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en la Ley 19/2013.
5 La reclamación es admisible ya que, frente a resoluciones presuntas por silencio administrativo, los recursos pueden interponerse en cualquier momento.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bogoberno Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do S de outubro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xu rídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 22 de decembro de 2020, adopta a seguinte resolución : ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o S de outubro de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Leí 1/2016, do 18 de xaneiro, de t ransparencia e bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante o Concello de Ferrol, sobre o lugar de publicación do Decreto de modificación de horario de terrazas de hostalería asinado en decembro de 2019. A reclamante indicaba que solicitou infor mación sobre o lugar de publicación do Decreto de modificación de horario de terrazas de hostalaría en Ferrol, que ao parecer se asinou en decembro de 2019, sen t er obtido resposta. A interesada remite copia dun informe proposta do Concello de Ferrol de modificación do horario de funciona mento das terrazas e un decreto de aprobación con si naturas electrónicas (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.c.omisíondatran:.parencia.gal que ao ser remitidas por correo electrónico, non é posible comprobar pola Comisión da Transparencia. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 13 de novembro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Ferrol para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 16 de novembro de 2020, sen que ata a data remitise copia do expediente e o informe solicitado. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Leí 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma leí, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da leí establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Leí 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Leí 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela [email protected] www.comisiondatransparencia.gat tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. (+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga1 Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. Dado que segundo consta na documentación remitida pola interesada, a súa solicitude a presentou con data do 26 de maio de 2020 sen ter obtido resposta, debe admitirse a reclamación presentada. Quinto.- Análise do expediente A interesada solicitou do Concello de Ferro! información sobre o lugar de publicación dun Decreto de modificación de horario de terrazas de hostalería do que ten constancia de que foi asinado no mes de decembro de 2019, sen obter resposta. De acordo coa definición de información pública da Lei galega 1/2016, e da Lei básica estatal 19/2013, as solicitudes de acceso deben estar baseadas en información existente e dispoñible, en poder dun organismo ou entidade suxeita á Lei, no momento no que se produce a solicitude e, ademais, debe ser información elaborada ou adquirida no exercicio das súas competencias. A Comisión da Transparencia descoñece si o Decreto foi ou non aprobado e publicado, xa que unicamente conta cunha copia remitida por correo electrónico pola interesada, da que non é posible comprobar as sinaturas, sen que polo Concello de Ferro! se remitise copia do expediente e o informe solicitado. No marco dunha solicitude de acceso á información, cando se solicita unha información pública, debe concederse o acceso á mesma previa aplicación se procede, dos límites establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, agás que concorra causa de inadmisión das establecidas no artigo 18 da mesma Lei e se xustifique adecuadamente no expediente. Se a documentación solicitada non existe, ben por que non se elaborou (aínda que fose obrigatorio fa celo pola normativa que lle sexa de aplicación) ou ben simplemente porque non é necesario ou non é posible elaborala porque non se dan as circunstancias para facelo, o suxeito abrigado cumpre, indicando ao solicitante con claridade, que a información solicitada non existe. De acordo co anterior, no presente caso debe resolverse a solicitude de acceso (+34) 9815697 4Q Rúa do Hórreo, 6S 15700, r..nti•go de Compostclo ACoruña [email protected] www.comisiondatraosparencia.ga1 informando á interesada do lugar de publicación do Decreto de modificación de horarios das terrazas no caso de que estea aprobado e publicado, ou indicarlle en caso contrario, que non foi aprobado, ou que sendo aprobado, non foi obxecto de publicación, segundo corresponda. De acordo co anterior, procede estimar a reclamación presentada, lembrando ao Concello de Ferrol que de acordo co disposto no artigo 20.6 da Leí 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora, así como a súa obriga, de conformidade co disposto no artigo 35 da Leí 1/2016, de facilitará Comisión a información que se lle solicite para o correcto cumprimento das súas funcións en materia de transparencia. En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Primeiro: Estimar a reclamación presentada por on data do 5 de outubro de 2020, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante o Concello de Ferrol, sobre o lugar de publicación do Decreto de modificación de horario de terrazas de hosta lería asinado en decembro de 2019. Segundo: Instar ao Concello de Ferrol a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso. Terceiro: Instar ao Concello de Ferrol a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada . Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no ' (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.tomisiondatransparencia.gal artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: 56500009() Fecha: 2020.12.23 08:43:36 +01 '00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.