Estimada 22/12/2020 · 42 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante el Concello de Ribadavia sobre licencias de obra y actividad estimada por la Comisión da Transparencia de Galicia

Se solicitó al Concello de Ribadavia copia de la solicitud y aprobación de licencias de obra y actividad de una nave y carpintería. El solicitante alegó silencio administrativo. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, obligando al Ayuntamiento a resolver expresamente tras ponderar los intereses de terceros.

Puntos clave de la argumentación

1 El derecho de acceso a la información pública es amplio y no requiere que el solicitante motive su petición.
2 Ante información que afecte a derechos de terceros, la administración debe conceder un plazo de quince días a los afectados para realizar alegaciones según el artículo 19.3 de la Ley 19/2013.
3 El trámite de audiencia a terceros es esencial, ya que su omisión podría generar indefensión de los afectados.
4 El Concello de Ribadavia inició el trámite de alegaciones fuera de plazo, una vez transcurrido el mes legal para resolver y tras la interposición de la reclamación.
5 La resolución obliga al Ayuntamiento a resolver expresamente la solicitud previa ponderación de los intereses públicos o privados en juego.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bogoberno Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 10 de novembro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 22 de decembro de 2020, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 10 de novembro de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto na disposición adicional quinta da Leí 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación por si lencio admi nistrativo da súa solicitude presentada ante o ao Concello de Ribadavia de obtención de copia da solicitude e da aprobación da licenza de obra da nave situada en Estrada San Cristóbal a Carballeda de Avia km 0,5 32400 Ribadavia, e copia da solicitude e da aprobación da licenza de act ividade da carpintería Xestal S. L. sita en Est r. San Cristóbal a Carballeda de Avía km 0,5 32400 Ribadavia. O reclamante indicaba que non obtivo resposta á súa solicit ude. O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 13 de novembro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Ribadavia para que, en cumpri mento da normativa de transpa rencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 1 de decembro de 2020 o Concello de Ribadavia contesta a petición remit indo Decreto do 20 de novembro de 2020 no que de conformidade co disposto no artigo (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.tomisiondatransparencia.ga\ 19 da Lei 19/2013, ao existir terceiros cuxos dereitos e intereses poden verse afectados pola solicitude de acceso á información, acordou conceder un prazo de quince días aos promotores e redactores dos expedientes urbanísticos para que poidan realizar as alegacións que estimen oportunas. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera (+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poderes públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga l contidas nos artigas 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado non se lle notificou resolución expresa, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou acceso a unha información que de ser concedida, pode afectar a dereitos ou intereses de terceiros que o Concello ten identificados. De acordo co disposto no artigo 19.3 da Lei 19/2013, debe concedérselles un prazo de quince días para que poidan realizar as alegacións que estimen oportunas, debendo o solicitante ser informado desta circunstancia, así como da suspensión do prazo para ditar resolución ata que se reciban as alegacións ou transcorra o prazo para a súa presentación. Os documentos públicos só poden ser retidos para protexer outros dereitos ou intereses, e por esta razón, pódese limitar o seu acceso sempre que se xustifique adecuadamente. A información pública ou os documentos públicos aos que se pode acceder, non quedan limitados aos elaborados polos suxeitos públicos senón que se estende a todos aqueles que a administración ten no seu poder, independentemente de quen sexa o seu autor, e sempre que os mesmos sexan consecuencia da súa actividade ou do exercicio de funcións formalmente atribuídas. Os suxeitos públicos, por tanto, poden recibir, adquirir ou elaborar documentos que proveñen doutros suxeitos, ben de carácter público, ben privados -persoas físicas ou xurídicas-, e que conteñen datos relevantes doutros suxeitos alleos á administración, polo que moitos datos que conteñen os documentos públicos poden referirse a outros suxeitos e, por tanto, o acceso aos mesmos pode afectar os dereitos ou intereses destes. Nestes casos, a Lei 19/2013 determina que a administración debe comunicar esta circunstancia aos solicitantes e conceder un prazo de quince días aos afectados para que realicen as alegacións que estimen oportunas. O trámite de audiencia é un trámite esencial, porque a súa falla podería determinar que se producise a efectiva indefensión do afectado. No presente expediente, o Concello recibiu a solicitude de acceso á información con data do 5 de outubro de 2020, e non resolveu iniciar o trámite de alegacións ata o 20 de novembro, é dicir, cando xa tiña transcorrido o prazo dun mes para resolver que establece o artigo 27.4 da Lei 1/2016 e cando o interesado xa tiña presentado reclamación ante esta Comisión. q .. 0 (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 AC.oruña ·~ \ ·~:, ~:,; inío@comisiondattansp;¡rencia.ga1 O www.comisiondatrans_parencia.gal De acordo co anterior, procede a estimación da reclamación presentada, debendo continuar o Concello a tramitación do expediente de acordo co establecido na normativa de Transparencia, resolvendo expresamente sobre a solicitude de acceso á información, previa ponderación dos intereses públicos ou privados que poidan concorrer na información solicitada, xustificando adecuadamente, de ser o caso, a procedencia de conceder a información de forma parcia l, ou denegar o acceso á mesma, no momento no que reciba as alegacións dos terceiros interesados ou no momento no que fina lice o prazo concedido a tal efecto. En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único : Estimar a reclamación presentada por on data do 11 de novembro de 2020, contra falla de contestación polo Concello de Ribadavia, á súa solicitude de obtención de copia da solicitude e da aprobación de licenza de obra de nave situada en Estrada San Cristóbal a Ca rballeda de Avia e copia da solicitude e da aprobación da licenza de actividade de carpintería. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición cont encioso- administrativa. Santiago de Compostela, Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009() Fecha: 2020. 12.23 08:44:36 +01 '00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.