Se solicitó a la Consellería de Política Social información sobre sanciones y expedientes en materia de igualdad y discapacidad. Tras alegar silencio administrativo, el interesado desistió de la reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia al haber recibido finalmente la información solicitada. El organismo acuerda el archivo del expediente.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, permitiendo que cualquier persona acceda a contenidos elaborados o adquiridos por los sujetos obligados en ejercicio de sus funciones.
2
El solicitante no está obligado a motivar su solicitud de acceso a la información pública según el artículo 26.4 de la Ley 1/2016.
3
La Administración debe aceptar de plano la desistencia y declarar concluido el procedimiento siempre que no existan terceros interesados que insten su continuación, conforme al artículo 94.4 de la Ley 39/2015.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista la reclamación presentada por mediante escrito do 17 de
novembro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 22 de
decembro de 2020, adopta a seguinte resolución :
ANTECEDENTES
Prlmeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Va ledor do Pobo o día 17 de novembro de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no
artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a
desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso ante a Consellería de
Política Social de información sobre sancións impostas e estado de procedemento de
execución, resolucións en alzada, número de denuncias desestimadas por ano, resolucións
que finalicen o procedemento sen sanción por infraccións en materia de igualdade de
oportunidades, non discriminación e accesibilidade un iversal dentro das competencias da
Comunidade Autónoma de Galicia nos exercicios 2015 ao 2020 e sancións impostas e copias
das resolucións en relación co réxime sancionador do Título II da leí 10/2003, do 26 de
decembro, sobre o acceso ó contorno das persoas con discapacidade acompañadas de cans
de asistencia, copias das resolucións en alzada de desestimación de denuncias ou, resolución
desestimatoria en primeira instancia, número de denuncias desestimadas por ano, estado do
procedemento de execución das sancións, copia de resolucións que finalicen o procedemento
por presuntas infraccións ao amparo dos tipos previstos nos artigos 16.3A, 16.38 e 16.4A da
citada Leí, sen imposición de sanción, e número de exped ientes pechados nesta situación.
(+34) 98156 97 40 ! Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info@comísiondatransparencia.ga1 www.c.ornisiondatransparencia.gal
O escrito viña acompañado de copia da súa solicitude e do seu DNI.
Segundo. Con data 23 de novembro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á administración para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegaran informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 23 de novembro de 2020 recibiuse escrito do reclamante no que sinala
que desiste da reclamación ante a Comisión da Transparencia, por ter obtido resposta á súa
solicitude.
Cuarto. Con data do 4 de decembro de 2020, recíbese oficio da Consellería de Política Social
aoque acompaña informe e copia do expediente tramitado. No expediente consta resolución
do 19 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social pola
que se concede ao interesado acceso á información solicitada, notificada ao interesado o 20
do mesmo mes.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e palas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
d
(+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga!
potestativo e previo a ImpugnacIon en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece na súa art. 24 o dereito de todas as persoas a acceder
á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o
seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de
aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do
mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter
básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nasas institucións pódese talar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pala súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Análise do expediente
Con data do 23 de novembro de 2020, o interesado presenta escrito co que acompaña
resolución da Consellería de Política Social do 19 de novembro de 2020, pala que se lle
concede o acceso á información solicitada, polo que solicita o arquivo do seu expediente.
O artigo 94.4 da Lei 39/2015, establece que a Administración aceptará de plano a desistencia,
e declarará concluso o procedemento salvo que, persoándose no mesmo terceiros
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
info@comísiondatransparencia.gal www.comisiondatransparencia.gal
interesados instasen estes a súa continuación no prazo de dez días dende que foran
notificados. De acordo co anterior, ao non existir terceiros interesados, procede o arquivo do
expediente, polo que a Comisión da Transparencia,
ACORDA
Único: Aceptar a desistencia e declarar concluso o procedemento.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, de conformidade co previsto
no artigo 8.3 a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por
76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2020.12.23 08:45:32 +Ol '00'
Mª Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia