Se solicitó al Concello de Laracha el expediente y los informes técnicos/jurídicos sobre la prohibición de paso a vehículos de más de cinco metros en la rúa da Praia. Ante el silencio administrativo, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación y ordena al Ayuntamiento remitir la información solicitada al ciudadano por ser información pública accesible.
Puntos clave de la argumentación
1
El derecho de acceso a la información pública se configura de forma amplia, no obligando al solicitante a motivar su petición según el art. 26.4 de la Ley 1/2016.
2
Las reclamaciones contra resoluciones presuntas (silencio administrativo) pueden interponerse en cualquier momento, siguiendo la doctrina de los artículos 122 y 124 de la Ley 39/2015.
3
El acceso a la información pública debe concederse siempre que la información exista, esté disponible y haya sido elaborada en el ejercicio de las competencias del organismo.
4
La denegación de acceso solo es procedente si se aplican los límites legales de los artículos 14 y 15 de la Ley 19/2013 o concurren causas de inadmisión del artículo 18.
5
El incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo se considera una infracción grave según el régimen disciplinario previsto en el artículo 20.6 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Gallcia na reclamación presentada
ao amparo da disposición adicional quinta da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia
e bogoberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 16
de novembro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se
especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 22 de
decembro de 2020, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no
rexistro do Valedor do Pobo o 16 de novem ro de 2020, unha reclamación ao amparo do
disposto na disposición adicional quinta da Leí 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e
bo goberno, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso
ante o Concello de Laracha ao expediente tramitado por ese Concello para decidir sobre a
prohibición de paso de vehículos de mais de cinco metros na rúa da Praia s/n, praia de Caión,
A Laracha.
O reclamante indicaba que ten interese en coñecer as circunstancias concretas que o citado
Concello tomara en consideración á hora de limitar o tráfico rodado aos vehículos de máis de
5 metros de lonxitude nunha estrada na que sempre se permitiu o acceso (xa que as súas
características técnicas permíteno, sen xerar atascos ou problemas de circulación). En
particular solicitou información sobre as razóns técnicas e/ou xurídicas que fundamentan e
amparan a prohibición e copia dos preceptivos informes técn icos e xurídicos que emitisen
os/as responsables municipais con carácter previo á colocación do citado sinal, sen obter
resposta.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info@cornísiondatransparencia.gat www.c.omisiondatransparencia.gal
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI.
Segundo. Con data do 23 de novembro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante ao Concello de Laracha para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 25 de novembro de 2020.
Terceiro. Con data do 10 de decembro de 2020, o Concello da Laracha contesta a petición
remitindo copia do expediente instruído e informe da Policía Local do Concello da Laracha.
Neste informe da Policía Local se fai referencia a que no ano 2016, no aparcamento da marxe
esquerda da baixada á Praia das Salseiras unha autocaravana por unha urxencia familiar
necesitaba saír do aparcamento e non dispoñía de marxe de manobra, e no ano 2017
produciuse un incendio forestal no monte situado o carón do lugar do Campo da Costa, non
tendo por onde acceder o camión contra incendios, debido ó estaciona mento de vehículos a
ambos marxes da vía, considera necesario adoptar medidas na anchura da vía e delimitar as
zonas de estacionamento.
Considera o informe que a día de hoxe a sinalización colocada na entrada dos aparcamentos
para garantir a seguridade dos usuarios non produce os efectos desexados e a dita sinalización
pode considerarse discriminatoria pois só indica a prohibición de estacionar a caravanas e
autocaravanas e existen outros vehículos longos que teñen moita dificultade de manobra, e
obsérvase que o circuíto colocado na estrada da praia para facilitar a circulación dos vehículos,
provoca serios problemas de manobra e conflitos entre condutores e veciños.
Así mesmo, para garantir a seguridade dos usuarios da praia e dos veciños, cómpre dar máis
ancho á estrada da praia para garantir a circulación en ambos sentidos e limitar o acceso a
vehículos de mais de cinco metros na estrada da praia, colocando sinais R-203 en ambas
entradas e reubicar os vehículos con maiores dimensións noutro aparca mento.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo 1 65
15700, Santiago de Compostela
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga!
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamación s.
A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá,
no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao
que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consejo de Transparencia y Buen
Gobierno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
Dado que segundo consta no expediente remitido, o interesado presentou a súa solicitude
con data do 7 de xullo de 2020, sen térselle notificada resolución expresa, debe admitirse a
reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou do Concello da Laracha, acceso ao expediente tramitado para decidir
sobre a prohibición de paso de vehículos de máis de cinco metros por unha rúa do Concello
coa finalidade de coñecer as razóns técnicas e/ou xurídicas que fundamentaron e ampararon
a prohibición, para o que solicitou copia dos informes técnicos e xurídicos que se tivesen
emitidos.
"
0 (+34) 981 56 97 40 (} Rüa do Hórreo,65
V
/!.!,,'¡ info@comisiondal!ansparencia.gal ~ WVJW.comisiondatransparencia.ga!
De acordo coa definición de información pública da Lei galega 1/2016, e da Lei básica estatal
19/2013, as solicitudes de acceso deben estar baseadas en información existente e dispoñible,
en poder dun organismo ou entidade suxeita á Lei, no momento no que se produce a
solicitude e, ademais, debe ser información elaborada ou adquirida no exercicio das súas
competencias.
O Concello da Laracha remitiu unicamente un informe da Policía Local, no que se expoñen
dous feítos producidos nos anos 2016 e 2017, que parece que motivaron a adopción da
prohibición de circular e estacionar a determinados vehículos pola referida vía, poñendo de
manifesto o dito informe, que as medidas adoptadas non dan solución ao problema de
aparca mento.
Na documentación remitida polo Concello, non consta que ao interesado se lle remitise
información algunha, nin se lle dera acceso ao expediente solicitado, descoñecéndose por esta
Comisión si o expediente esta formado unicamente polo informe da Policía Local de 9 de
decembro de 2020, ou o conforma outra documentación.
No marco dunha solicitude de acceso á información, cando se solicita unha información
pública, debe concederse o acceso á mesma previa aplicación se procede, dos límites
establecidos nos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013, agás que concorra causa de inadmisión das
establecidas no artigo 18 da mesma Lei e se xustifique adecuadamente no expediente.
De acordo co anterior, procede que por parte do Concello se resolva expresamente sobre a
solicitude de acceso, remitindo copia do informe da Policía Local ao interesado e, de existir,
se lle dea copia ou acceso a calquera outra documentación que figure no expediente, dado
que o solicitado é información pública á que o interesado ten dereito de acceso.
Debe lembrarse ao Concello da Laracha que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei
19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración
de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplina rio
previsto na correspondente normativa reguladora .
En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data
do 16 de novembro de 2020, contra a desestimación por silencio administrativo da súa
solicitude de acceso ante o Concello de Laracha ao expediente tramitado por ese Concello
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
para decidir sobre a prohibición de paso de vehículos de máis de cinco metros na rúa da Praia
s/n, praia de Caión.
Segundo: Instar ao Concello da La racha, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda
á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar ao Concello da Laracha, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a
esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Santiago de Compostela,
Firmado digitalmente por
76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: 56500009()
Fecha: 2020.12.23 08:46:19 +Ol '00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.
G