Se solicitó la revisión de una resolución de la Valedora do Pobo que concedía acceso a información sobre una transferencia monetaria a la Xunta de Galicia. La Comisión da Transparencia de Galicia decidió inadmitir la reclamación, ya que contra las resoluciones de la Institución del Valedor do Pobo solo cabe el recurso contencioso-administrativo.
Puntos clave de la argumentación
1
La Institución del Valedor do Pobo se encuentra incluida en el ámbito de aplicación del artículo 3.1.d) de la Ley 1/2016.
2
Contra las resoluciones dictadas por los sujetos previstos en el artículo 3.1.d) de la Ley 1/2016, solo es procedente la interposición de recurso contencioso-administrativo.
3
La reclamación fue presentada en tiempo, habiéndose interpuesto el 23 de noviembre de 2020 frente a una resolución del 27 de octubre de 2020, cumpliendo el plazo de un mes establecido en la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
mediante escrito que tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo o 23 e novem ro e
e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación,
a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 22 de decembro de 2020, adopta a
seguinte resolución :
ANTECEDENTES
en representación
presentou, mediante escrito con ent rada
no rexistro do Va ledor do Pobo do 23 de novembro de 2020, unha reclamación contra a
resolución da Valedora do Pobo do 27 de outubro de 2020, pola que se concede acceso á
información referente á transferencia dunha cantidade de diñei ro por parte da Institución da
Valedora do Pobo á Xunta de Ga licia.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga[
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, con carácter potestativo
e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa
disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas palas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e pelas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.c,omisiondatransparencia.ga l
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Leí 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Leí 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poderes
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poderes públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Leí 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta na documentación remitida polo interesado, a resolución
impugnada ditouse con data do 27 de outubro de 2020 e a reclamación presentouse con data
do 23 de novembro de 2020, polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en
prazo.
Quinto. Análise do expediente
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 7 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá presentarse reclamación ante a Comisión da Transparencia de Galicia, agás naquelas
~ (+34) 981569740
-ii~f ' .
> >
' • ' , , t' • I ._ • l
(}; Rúa do Hórreo. 65
-
~) info@comisiondaltanspare-nc:ia.gat
¡f¡.'!,i),,•_
~ www,<.omisiondatransparencia.gal
ditadas polos suxeitos previstos no artigo 3.1.d) desta lei, contra as cales, conforme o previsto
na normativa básica, só caberá a interposición de recurso contencioso-administrativo.
Entre as entidades previstas no artigo 3.1.d) da Lei 1/2016, atópase a Institución do Valedor
do Pobo.
En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Único: lnadmitir
contra a reso ucion a Va e ora o do 27 de outubro de 2020, pola
que se conce e acceso á información referente á transferencia dunha cantidade de diñeiro da
Valedora do Pobo á Xunta de Galicia.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-adm inistrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso-
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-
administrativa.
Firmado digitalmente por
76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: S6500009()
Fecha: 2020.12.23 08:38:34 +o 1'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.