Desestimada

Solicitud de información sobre el número de especies e individuos albergados en el Palma Aquarium de Vigo y resultado desestimado

El ciudadano solicitó al Concello de Vigo información sobre el número de especies e individuos en el Palma Aquarium. El Ayuntamiento estimó parcialmente la solicitud entregando solo los datos de 2019. La Comisión da Transparencia desestima la reclamación al considerar justificada la denegación parcial por encontrarse la información de años anteriores en proceso de elaboración.

Puntos clave de la argumentación

1 La administración alegó que los datos anteriores a 2019 constan en notas y fichas que requieren un proceso de reelaboración, clasificación y depuración para ser plasmados en un documento administrativo.
2 Se considera que la información requerida se encuentra en curso de elaboración, lo que constituye una causa de inadmisión según el artículo 18.1.a) de la Ley 19/2013.
3 La Comisión estima que no se puede proporcionar la información que materialmente no existe en el momento de la solicitud al no haber adquirido aún su forma definitiva.
4 La resolución impugnada se considera conforme a derecho al haber dado acceso a la parte de la información ya disponible y demorar el resto hasta su finalización.

Texto completo

Terceiro. Con data do 17 de marzo de 2020 o Concello de Vigo contesta a petición, informando que con data do 31 de xaneiro de 2020, emítese informe con proposta de resolución estimando parcialmente a solicitude presentada no sentido de remitir a información elaborada que se dispón en soporte informático que é a relativa ó ano 2019, que se puxo a disposición do interesado no mesmo día. Remitiuse a información dispoñible, que é a relativa ao ano 2019, dado que os datos relativos a anos anteriores se atopan en forma de notas e fichas que esixe un proceso de reelaboración, o que xustifica que non poidan facilitarse neste intre ao peticionario. Por tanto, danse causas obxectivables sobre a situación dos datos e as dificultades de carácter organizativo que imposibilitan polo momento a reelaboración, dado que os datos solicitados atópanse en fase de elaboración sen un cronograma definido de execución, os datos deben ser revisados e elaborados en base a notas, resumes e borradores que precisan de una revisión, elaboración e formación en documento administrativo. Esta labor figura dentro das previsións do servicio, pero quedou supeditada á realización de obxectivos prioritarios no desenvolvemento habitual del servicio. Faise necesario unha acción exhaustiva de clasificación e depuración das diversas notas, fichas e documentos auxiliares en formato papel que conteñen os datos, e a través dun proceso laborioso, confeccionar un documento coa información solicitada, polo que debese pospoñer o acceso a estes datos ata que esta acción sexa efectiva. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 32.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Dado que segundo consta no información remitido polo concello, o interesado accedeu á información con data do días 3 de febreiro de 2020, e o interesado presentou a reclamación con data do 20 do mesmo mes, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O Concello de Vigo, estimou parcialmente a solicitude presentada, remitindo a información da que dispón, que é a correspondente ao ano 2019, e xustifica que os datos relativos a anos anteriores se atopan en forma de notas e fichas que esixe un proceso de reelaboración, mediante a revisión, clasificación e depuración das diversas notas, fichas e documentos auxiliares en formato papel que conteñen os datos para a súa plasmación nun documento administrativo. Este proceso, por dificultades de carácter organizativo non é posible realizar nestes momentos, e se ben figura dentro das previsións do servicio, queda supeditada á realización de obxectivos prioritarios no desenvolvemento habitual del servicio. Con precedentes claros nos artigos 4.1.d) da Directiva 2003/4 do 28 de xaneiro, de acceso do público á información ambiental e 13.1.d) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, de acceso á información, participación pública e acceso á xustiza en materia de medio ambiente, o artigo 18.1.a) da Lei 19/2013 recolle, como fundamento dunha posible inadmisión da solicitude de acceso, o feito de que a información requirida se atope en curso de elaboración. O Consejo de Transparencia y Buen Gobierno, estima que esta causa de inadmisión concorre nos supostos en que non se pode proporcionar a información porque materialmente non se ten no momento exacto no que a solicitude é presentada, ao estar a elaborarse, en proceso de creación, de tal maneira que poderá ser accesible cando este culmine nun prazo de tempo máis ou menos próximo, polo que ao non ter adquirida a forma definitiva, non pode ser proporcionada. No presente caso, non se trata, ao contrario do que alega o reclamante, dunha confusión entre información en curso de elaboración con un expediente que non estea terminado, senón que da información concreta que pide, unha parte que é a correspondente ao ano 2019 está finalizada, e se lle dá acceso á mesma e a correspondente a anos anteriores non está elaborada, está en proceso de elaboración, polo que, sen prexuízo da obriga do concello de proporcionarlla unha vez finalizado o proceso, considérase que a resolución impugnada é conforme a dereito, xa que deu acceso á parte da información da que se dispón, e demorando o acceso á restante información ao momento no que se dispoña dela. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: Desestimar a reclamación presentada por con data do 20 de febreiro de 2020, contra Resolución do 31 de xaneiro de 2020, do Director de Réxime Interior de VigoZoo, polo que se estima parcialmente a súa solicitude de acceso á información pública referida ao número de especies e individuos de cada especie albergados no Palma Aquarium de Vigo. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses 1, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso- administrativa. María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia. 1 Debese ter en conta que de acordo co disposto na disposición adicional segunda do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, os prazos procesuais están interrompidos e suspendidos para todas as ordes xurisdicionais, ata que non que perda vixencia o citado Real Decreto, renovándose o cómputo de prazos nese momento.