Una asociación solicitó a la Consellería de Economía, Emprego e Industria información sobre medidas correctoras del parque eólico Silvarredonda. Tras un silencio administrativo y una demora injustificada, la Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración acabó facilitando la información el 10 de febrero de 2020.
Puntos clave de la argumentación
1
La administración no puede justificar la demora en la resolución alegando que la solicitud era genérica o imprecisa sin haber requerido previamente al solicitante que la concretara según el art. 19.2.
2
Se considera incorrecto exigir el pago de tasas antes de iniciar la fase de audiencia a terceros, ya que la determinación de la información accesible puede alterar la cuantía o la procedencia de dicha tasa.
3
La reclamación es admitida por haber sido presentada en plazo, considerando que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
en representación da
mediante escrito do 16 de
xaneiro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xuño de 2020,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
presentou mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 16 de xaneiro de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Leí 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a desestimación
por silencio administrativo, da súa solicitude presentada con data do 7 de xuño de 2019, á
Consellería de Economía, Emprego e Industria (Dirección Xeral de Enerxía e Minas) de acceso
á información en formato dixital, relativa ao parque eólico Silvarredonda (expediente IN661A
03/01).
:f ,, ;_
0 (+34)981569740 O RúadoHórreo,65
15700, Santiagod«: Compostcl.,
-i¡ tr2nspar01Kié1 ACorui\a
·i:
· C,a!icio. C; [email protected] @ www.comisiondatransparenciagal
O reclamante indicaba que con data do 15 de novembro de 2019 se lle solicitou por parte da
Consellería de Economía, Emprego e Industria o pago dunha taxa, e con data do 22 de
novembro de 2019, a entidade remitiu xustificante de pago da mesma, sen que ata a data
obtivera a información solicitada.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, do xustificante de abono da
taxa e de copia de declaración ambiental do referido parque eólico.
Segundo. Con data do 20 de xaneiro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento
da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do
expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 23 de xaneiro de 2020.
Terceiro. Con data do 28 de febreiro de 2020 ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo
informe da Dirección Xeral de Enerxía e Minas e copia do expediente tramitado.
No informe do 13 de febreiro de 2020, a citada Dirección Xeral informa que con data do 10 de
febreiro de 2020 ditouse a Resolución pola que se permite o acceso á documentación
solicitada. A demora na resolución foi debida aos termos xenéricos e imprecisos nos que se
formulou a solicitude, así coma ao feíto de que a documentación solicitada estaba arquivada
no Arquivo de Galicia.
Cuarto. Con data do 4 de marzo de 2020, comunicouse a
recepción da copia do expediente no que consta a resolución do
Minas do 10 de febreiro de 2020, sobre o acceso á información
solicitado, abríndose un trámite de audiencia para que a citada asociación puidera presentar
as alegacións ou documentos que estimase convinte. A dita comunicación recibiuse pola
asociación con data d 6 de marzo de 2020.
Finalizado o dito prazo, non se recibiu escrito de alegacións pola citada asociación.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
(+34} 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] WV'JW.tomisíondatransparencia.gal
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.c.omisíondatransparencia.ga[
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pala súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo
Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas
contidas nos artigas 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e
reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte
a actos que non sexan expresos.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria non resolveu a solicitude de acceso á
información dentro do prazo establecido no artigo 27.4 da Lei 1/2016, polo que polo que debe
admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O dereito de acceso á información é un dereito fundamental recoñecido a nivel internacional
como tal, é un dereito esencial para promover a transparencia das institucións públicas e para
fomentar a participación cidadá na toma de decisións. Ademais as Administracións Públicas
fináncianse con fondos procedentes dos contribuíntes e a súa misión principal consiste en
servir aos cidadáns polo que toda a información que xeran e posúen pertence á cidadanía.
O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da
Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información,
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
1 1
[email protected] www.comisiondatransparencia.gal
implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, e no prazo
que a Lei establece, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para
poder exercer o control da actuación pública.
A asociación interesada solicitou con data do 7 de xuño de 2019, á Consellería de Economía,
Emprego e Industria acceso á información, relativa ás medidas correctoras en relación á
Mámoa do Monte Perrol relativas ao proxecto do parque eólico Silvarredonda. Con data do
22 de outubro de 2019, se lle solicitou o abono da correspondente taxa, que a asociación
aboou, e unha vez aboada, abriuse período de audiencia a Gas Natural Fenosa Renovables,
S.L. titular da instalación.
A tramitación da solicitude de acceso á información demorouse de forma inxustificada, xa que
a solicitude é de 7 de xuño de 2019, e ata o 15 de outubro de mesmo ano, no que se solicita
o pago de taxas á asociación e se remite copia do expediente á Consellería de Cultura e
Turismo, non consta a existencia de trámite algún.
Este retraso non se pode xustificar no feíto de que a solicitude se considere pola Dirección
Xeral como formulada en termos xenéricos e imprecisos: se se considera que a información
solicitada non esta identificada de forma suficiente, debe requirirse ao solicitante que a
concrete de acordo co establecido no artigo 19.2 sen mais demora.
Por outra banda, non se considera correcta a solicitude de pago da taxa con anterioridade á
iniciación da fase de audiencia ao terceiro interesado, por canto valoración das alegacións que
poida presentar ou doutras circunstancias que se poidan derivar do expediente, pode
concluírse a existencia dunha causa de inadmisión ou da existencia dun límite ao acceso que
leve a resolver conceder unicamente unha parte da información, e por tanto non se deba esixir
pago de taxa ou deba esixirse en contía diferente da xa requirida e abonada. Considérase que
a taxa debe esixirse no momento no que estea determinada a información sobre a que se vai
conceder o acceso.
Se ben a tramitación da solicitude demorouse de forma inxustificada, a Dirección Xeral
resolveu sobre a solicitude con data do 10 de febreiro de 2020. Pola Secretaría da Comisión
da Transparencia déuselle trámite de audiencia á asociación para que fixera as alegacións que
considerase convinte, sen que se recibise alegación algunha, polo que debe considerarse que
a asociación se considera satisfeita coa información recibida.
De acordo co anterior, procede a estimación, por motivos formais, da reclamación
presentada.
En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
,,
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 6S
. ,,¡}
¡,ll 15700, Santiago de Comp()stela
.
... e
,,-i¡;
.,
ti [email protected] wvJW.comisiondatransparencia.gal
ACORDA
Único: Estimar, por motivos formais, a reclamación presentada por
- en representación con
data do 16 de xaneiro de 2020, contra a desestimación por silencio administrativo da súa
solicitude, presentada con data do 7 de xuño de 2019, á Consellería de Economía, Emprego e
Industria (Dirección Xeral de Enerxía e Minas) relativa ás medidas correctoras a aplicar en
relación coa mámoa do Monte Perrol.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Leí 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Firmado digitalmente por
76706870F MARIA DOLORES
FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2020.07.01 12:10:32 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.