Inadmitida 30/06/2020 · 151 días en resolverse

Reclamación por silencio administrativo ante la solicitud de copia del expediente de citación de la Inspección Médica de la Consellería de Sanidade

El ciudadano solicitó a la Inspección Médica de la Consellería de Sanidade copia de su expediente de citación. Ante el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia de Galicia decidió inadmitir la reclamación porque, al ser la solicitante parte interesada en un procedimiento administrativo en curso, debe aplicarse la normativa reguladora de dicho procedimiento y no la de transparencia.

Puntos clave de la argumentación

1 La solicitud de acceso se refiere a un procedimiento administrativo en curso en el que la solicitante tiene la condición de interesada.
2 Según la disposición adicional primera de la Ley 19/2013, cuando el solicitante es interesado en el procedimiento, prevalece la normativa reguladora de dicho procedimiento sobre la normativa general de transparencia.
3 Al concurrir la condición de interesada, no es aplicable la vía de la transparencia para acceder a la información del expediente, lo que conlleva la inadmisión de la reclamación.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por , med iante escrito do 31 de xaneiro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xuño de 2020, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 31 de xaneiro de 2020, unha recla mación ao amparo do disposto no artigo 28 da lei 1/ 2016, do 18 de xaneiro, de t ransparencia e bo goberno, desestimación por silencio administrativo da súa solicit ude de acceso ante a Inspección M édica da Consellería de Sanidade de copia do seu expediente de citación por parte desa Inspección. A reclamante ind icaba que o 27 de decembro de 2019 a inspección médica de Pontevedra lle realizou un recoñecemento médico, xustificado en que transcorreran máis de cen días dende a súa incapacidade t emporal. Dado que varies compañeiros da súa empresa levan máis t empo sen que se lles citara, solicit ou copia do expediente de citación por parte da inspección médica do Sergas a súa revisión médica, con especial indicación dos motivos da mesma . O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI. Segundo. Con data do 6 de febreiro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de t ransparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña info@comísiondatransparencia.gat www.c.omisiondatransparencia.ga l A recepción da solicitude pola administración foi o 12 de febreiro de 2020, sen que se recibise o informe e a copia do expediente solicitado. Terceiro. Con data do 29 de xuño de 2020, ten entrada no Rexistro do Valedor do Pobo copia do expediente e o informe solicitado. Nese informe, en resumo, a Consellería comunica que con data do 28 de decembro de 2019, a interesada escrito no que solicita copia do expediente de citación e especial indicación dos motivos da dita citación, solicitude que reitera con data do 22 de xaneiro de 2020. Dado que as ditas actuacións son de carácter interno se opta polo silencio como resposta á solicitude a espera da interposición do procedemento reglado existente da impugnación da alta médica. Con data 27 de xaneiro de 2020, a interesada formula reclamación previa da alta que dirixe ao Instituto Nacional da Seguridade Social. Con data do 7 de febreiro de 2020, remítese á interesada comunicación da desestimación da reclamación previa contra a alta. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consello de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www.comisiondatransparencia.ga1 reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercício das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro}. O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1}. No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutínio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. [email protected] www.tomisiondatransparencia.ga l O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio lnterpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigos 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. A Consellería de Sanidade non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O dereito dos cidadáns de solicitar aos suxeitos incluídos dentro do ámbito de aplicación da Lei básica e da Lei autonómica en materia de Transparencia calquera tipo de información, implica o dereito a recibir unha resposta documentada, completa e satisfactoria, dado que a resposta deste tipo supón unha ferramenta indispensable para poder exercer o control da actuación pública. No presente caso a interesada solicitou o acceso a copia do seu expediente de citación ante a Inspección Médica da Consellería de Sanidade. Tal e como figura no informe da Inspección de Servizos Sanitarios remitido pola Consellería de Sanidade, a interesada presentou unha solicitude de acceso a unha información referente a un procedemento administrativo que se atopaba en curso no momento da solicitude de acceso á información, e no que ela é interesada, posto que foi citada a un recoñecemento médico o día 28 de decembro de 2019, e o día 29 do mesmo mes, solicitou o acceso. De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Lei 19/2013, debe ser a normativa reguladora dese procedemento administrativo e non a normativa xeral de transparencia, a aplicable ao acceso por parte de quen teña a condición de interesada no mesmo, polo que procede a inadmisión da reclamación presentada sobre a solicitude de información que forma parte deste expediente. En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ,~ (+34) 98156 97 40 Rva do Hórreo, 6S J 5700, Santiago de Compostela A Coniña (:':'· ¼J inío@<;omisiondatransparencia.ga1 www,oomlsiondatran:.parencia.gal ACORDA Única: lnadmitir a reclamación presentada por con data do 31 de xaneiro de 2020, contra a desestimación por silencio administrativo da súa sol icitude de acceso ante a Inspección Médica da Consellería de Sanidade de copia do seu expediente de citación por parte desa Inspección. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ant e a Sala do contencioso- administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regu ladora da xurisdición contencioso- administrativa. Santiago de Compostela, Haga clic aq uí para escr ibir una fecha. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2020.07.01 12:08:51 +02'00' María Dolores Ferná ndez Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.