El ciudadano solicitó a la Consellería de Sanidade el número de usuarios de tarjeta sanitaria desglosado por hospitales y concellos. Tras una respuesta insatisfactoria, presentó reclamación ante la Comisión da Transparencia de Galicia. Esta última decide inadmitir la reclamación por haber sido presentada fuera del plazo legal establecido.
Puntos clave de la argumentación
1
La reclamación se considera extemporánea ya que la notificación del acto impugnado ocurrió el 15 de enero de 2020 y la solicitud se presentó el 19 de febrero de 2020, superando el plazo de un mes previsto en el artículo 28 de la Ley 1/2016.
2
De acuerdo con el artículo 30.4 de la Ley 39/2015, los plazos fijados en meses concluyen el mismo día en que se produjo la notificación en el mes de vencimiento.
3
El transcurso del plazo para la interposición del recurso es causa de inadmisión según el artículo 116 d) de la Ley 39/2015, aplicable a estas reclamaciones por remisión del artículo 24.3 de la Ley 19/2013.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 19 de
febreiro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 19 de febreiro de 2020 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a contestación da
súa solicitude á Consellería de Sanidade sobre o número total de usuarios e usuarias da tarxeta
sanitaria do Servizo Galego de Saúde, asociados a cada un dos hospitais públicos de Galicia e
ó centro hospitalario concertados Povisa de Vigo, actualizados a novembro de 2019, e
desglosadas esas cifras por concellos.
O reclamante indicaba que na información que se lle ofrece a través da web da Consellería, a
información non aparece desglosada por concellos, polo que reitera a súa solicitude.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, da resposta á mesma e do seu
e do seu DNI.
Segundo. Con data do 24 de febreiro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 27 de febreiro de 2020.
(+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
info@cornísiondatransparencia.ga1 www.tomisiondatransparencia.gal
Terceiro. Con data do 8 de maio de 2020, a Consellería de Sanidade contesta a petición
remitindo escrito co que adxunta o arquivo no que se inclúe a información para o período e
datos poboacionais por hospitais e concellos que se solicitou. Fiase constar no mesmo que
que o Sistema de Información de Tarxeta Sanitaria é un rexistro no que están incluídos todos
os cidadáns e cidadás con dereito a asistencia sanitaria pública a cargo do Servizo Galego de
Saúde e que a información cambia diariamente na medida que hai altas e baixas, por novas
entradas, cambios de cupo, saídas a outras comunidades ou falecementos, etc.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
[email protected] www.(om isiondatranspa rene ia.ga l
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Leí estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Leí 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Leí 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nasas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pala súa banda, a Leí galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
Desde a perspectiva do cómputo dos prazos, considérase que a presentación da reclamación
é extemporánea, xa que a notificación da resolución reclamada practicouse o 15 de xaneiro
de 2020 e segundo a documentación remitida polo interesado e a reclamación tivo entrada
no Rexistro do Valedor do Pobo o 19 de febreiro de 2020, é dicir fara do prazo previsto no
artigo 28 da Lei 1/2016, que prevé que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo con
carácter potestativo e previo á súa impugnación en vía contencioso-administrativa, e que a
reclamación se interporá no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación
do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio
administrativo.
Pala súa banda, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das
Administracións Públicas establece no seu artigo 30.4, ao regular os termos e prazos, que se
o prazo se fixa en meses ou anos, estes computaranse a partir do día seguinte a aquel en que
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www c.omisiondatransparencia.gal
teña lugar a notificación ou publicación do acto de que se trate, ou desde o seguinte a aquel
en que se produza a estimación ou desestimación por silencio administrativo. O prazo
concluirá o mesmo día en que se produciu a notificación, publicación ou silencio
administrativo no mes ou o ano de vencemento.
Os efectos da presentación da reclamación fóra de prazo, de conformidade co disposto no
artigo 29 da Lei 39/2015, abrigan non só ás autoridades e persoal ao servizo das
Administracións Públicas competentes para a tramitación dos asuntos, senón tamén aos
interesados nos mesmos. Nas reclamacións potestativas ante a Comisión de Transparencia de
Galicia, debido a que teñen por obxecto a revisión dun acto administrativo, de acordo co
disposto no artigo 116 d) da Lei 39/2015, é causa de inadmisión o transcurso do prazo para a
interposición do recurso, senda esta disposición plenamente aplicable a esta reclamación, de
conformidade co disposto no artigo 24.3 da Lei 19/2013, que establece que a tramitación da
reclamación axustarase ao disposto en materia de recursos na normativa en materia de
procedemento administrativo.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, e en virtude da
delegación de competencias outorgada pala Comisión de Transparencia de Galicia en sesión
do 30 de maio de 2017 (DOG nº 136, do 18 de xullo de 2017),
ACORDA
Único: lnadmitir, por extemporánea, a reclamación presentada por
con data do 19 de febreiro de 2020, contra a contestación da súa solicitude á Consellería de
Sanidade sobre o número total de usuarios e usuarias da tarxeta sanitaria do Servizo Galega
de Saúde, asociados a cada un dos hospitais públicos de Galicia e ó centro hospitalario
concertados Povisa de Vigo, actualizados a novembro de 2019, e desglosadas esas cifras por
concellos.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2020.06.26 09:50:11 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.