El ciudadano solicitó a la Consellería de Sanidade datos sobre las listas de espera del Hospital Povisa (2015-2019). La administración inadmitió la solicitud alegando reelaboración y carácter abusivo. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación porque la administración no motivó debidamente dichas causas y el Sergas debe disponer de esos datos por el contrato con el hospital.
Puntos clave de la argumentación
1
Las excepciones legales al acceso a la información deben interpretarse de forma restrictiva, siendo aceptables solo las limitaciones justificadas y proporcionadas.
2
La causa de inadmisión por reelaboración es aplicable cuando la información debe elaborarse expresamente usando diversas fuentes o cuando se carece de medios técnicos para extraerla.
3
Una solicitud se considera abusiva si se repite en el tiempo sin posibilidades de prosperar, se realiza de mala fe para colapsar los servicios o la información ya está en poder del solicitante.
4
La resolución de la Consellería de Sanidade carece de motivación suficiente al limitarse a mencionar las causas de inadmisión sin justificar su concurrencia en el caso concreto.
5
El Servicio Galego de Saúde debe disponer de los datos solicitados ya que el cumplimiento de los objetivos de listas de espera es un criterio para determinar penalizaciones en el contrato con el Hospital Povisa.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada
ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por , mediante escrito do 20 de
febreiro de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican
a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xuño de 2020,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 20 de febreiro de 2020 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a Resolución da
Consellería de Sanidade do 13 de febreiro de 2020, pala que se inadmite a súa solicitude de
acceso á información referente aos datos das listas de espera do Hospital Povisa para
consultas externas e para probas, desagregados por servizos e tipos de probas, e referidos ao
peche dos anos 2015, 2016, 2017, 2018 e 2019.
O reclamante indicaba que solicitou os datos de lista de espera do Hospital Povisa para
consultas externas e para probas, desagregados por servizos e tipos de probas, e referidos ao
peche dos anos 2015, 2016, 2017, 2018 e 2019, solicitude que foi inadmitida.
O reclamante alega que o Hospital Povisa atende a usuarios da sanidade pública como hospital
de referencia en base a un concerto asinado no ano 2014 co Servizo Galega de Saúde. De
acordo coa Lei 12/2013, de 9 de decembro, de garantías nas prestacións sanitarias, o Servicio
Galega de Saúde facilita información semestral a través do seu portal web, sobre o número
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.tomisiondatransparencia.ga1
de pacientes que figuran en espera e o tempo medio de acceso para os distintos
procedementos realizados por cada unha das especialidades e desagregados por centro
sanitario (intervencións cirúrxicas, consultas co especialista e probas desagregadas por
especialidades). No caso de Povisa, o Sergas publica a lista de espera cirúrxica pero non a de
consultas e probas.
Considera o reclamante que o Servicio Galego de Saúde debe dispoñer deses datos, dado que
o concerto singular con Povisa tramitouse como contrato negociado, e nel se fixa que o
incumprimento dos obxectivos fixados implica unha penalización para o hospital dentro da
cantidade anual que percibe do Sergas. Para medir as penalizacións, o cumprimento dos
obxectivos de lista de espera, supón o 50 %. Así mesmo no concerto, se establece que Povisa
adoptará as medidas oportunas para a integración da información do rexistro de pacientes e
da actividade asistencial do Servizo Galego de Saúde no sistema de información de xestión de
pacientes corporativo do Servizo Galego de Saúde de forma paulatina ata ter rexistrada toda
a actividade asistencial contratada, polo que o Servicio Galego de Saúde dispón dos datos
diarios de lista de espera de Povisa para cirurxía, consultas e probas. O reclamante destaca
que na solicitude de acceso á información, unicamente solicitou o dato do último día do ano.
De feito, segundo o concerto, o Sergas fai anualmente unha avaliación sobre o cumprimento
deses indicadores para decidir se Povisa percibe máis ou menos fondos públicos.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, da resolución e do seu DNI.
Segundo. Con data do 28 de febreiro de 2020 déuselle traslado da documentación achegada
polo reclamante á Consellería de Sanidade para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
A recepción da solicitude pola administración foi o 4 de marzo de 2020, sen que se recibise o
informe e a copia do expediente solicitado
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
i [email protected]! www.comisiondatransparencia.ga l
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea obrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
[email protected] wvJW.comisiondatransparencia.gal
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta na reclamación, a resolución impugnada é de data 13 de febreiro
e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 20 de Febreiro de
2020, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou os datos de lista de espera para consultas externas e para probas
diagnósticas no Hospital Povisa (no que se refire á actividade concertada que este centro
realiza para o Servizo Galego de Saúde), clasificados por servizo e tramos de espera, co
número de pacientes en espera e co dato demora media, do mesmo xeito que se publican
para os hospitais do Sergas, e referidos ao 31 de decembro dos anos 2015, 2016, 2017, 2018
e 2019, é dicir, o dato de listas de espera a último día do ano dende o 2015 a 2019.
A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, inadmite a solicitude por considerar
que que incorre nun suposto de reelaboración e que pode considerarse abusiva xa que a
información solicitada presenta complexidade tanto na extracción dos datos como seu
posterior tratamento, non formando parte dos informes que se podan obter de maneira
automatizada.
Son por tanto dúas causas as que a resolución cita, para inadmitir a solicitude de acceso, a
necesidade de reelaboración e que a solicitude debe entenderse abusiva, sen que xustifique
de xeito ningún, porque concorren estas causas de inadmisión no caso concreto.
(+34) 981 569740 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
A xurisprudencia do Tribunal Supremo, entre outras a sentenza do 1547/2017, establece a
necesidade de interpretar de xeito restritivo as excepcións legais ao acceso á información
contempladas no artigo 18, e debe partirse da premisa de que o dereito de acceso á
información aparece configurado no noso ordenamento cunha formulación ampla, de xeito
que só son aceptables as limitacións que resulten xustificadas e proporcionadas.
Respecto do concepto de reelaboración, o Consejo de Transparencia y Buen Gobierno
pronunciouse en numerosas ocasións e a interpretación que realiza da dita dicha causa de
inadmisión quedou recollido no criterio interpretativo 7/2015 no que se establece que o
concepto de reelaboración, debe entenderse desde o punto de vista literal que reelaborar é
volver elaborar algo, e é esta circunstancia a que é esixible para entender que estamos ante
un suposto de reelaboración.
O concepto de reelaboración como causa de inadmisión pode entenderse aplicable cando a
información que se solicita, pertencendo ao ámbito funcional de actuación do organismo ou
entidade que recibe a solicitude, deba elaborarse expresamente para dar unha resposta,
facendo uso de diversas fontes de información, ou cando o citado organismo ou entidade
careza dos medios técnicos que sexan necesarios para extraer e explotar a información
concreta que se solicita, resultando imposible proporcionar a información solicitada.
Unha solicitude podería entenderse como abusiva se o reclamante a repite no tempo sen
verdadeiras posibilidades de prosperar, debido a que coñece de antemán o sentido da
resolución que a Administración vai tomar, aquela petición realizada de mala fe, cuxa única
intención é colapsar os servizos administrativos ou dificultar o seu normal funcionamento ou
a petición de información cuxo contido xa se atope previamente en poder do reclamante.
A aplicación de toda causa de inadmisión e, concretamente por ser o obxecto da presente
reclamación, as reguladas no artigo 18. 1 c) e e), debe quedar debidamente motivada na
resolución pola que se responda á solicitude de información presentada. No presente caso, a
resolución ditada pola Secretaria Xeral Técnica da Consellería de Sanidade carece de toda
motivación relativa á aplicación das indicadas causas de inadmisión, máis ala da simple
mención de que considera que son de aplicación.
A dita Secretaria non remitiu a copia do expediente e o informe sobre a reclamación solicitado
por esta Comisión, o que obriga a continuar a tramitación do expediente sen os seus
argumentos.
Proporcionar os datos de lista de espera para consultas externas e para probas diagnósticas
da actividade dun hospital co que o Servicio Galego de Saúde ten concertadas prestacións
sanitarias a último día de ano, é un dato que o Servicio Galego de Saúde debe ter, tendo en
conta como retire o solicitante, que no concerto, un dos criterios para determinar o
(+34) 98156 9740 Rúa do Hórreo, 65
info@comísiondatransparencia.gal www.comisiondatransparencia.ga[
cumprimento dos obxectivos fixados (e determinar, de ser o caso, as penalizacións que
procedan), é o cumprimento dos obxectivos de listas de espera. Ademais, se contempla dende
o primeiro concerto do ano o 2014, a integración da información do rexistro de pacientes e
da actividade asistencial da dita entidade no sistema de información de xestión de pacientes
corporativo do Servizo Galego de Saúde de forma paulatina ata ter rexistrada toda a actividade
asistencial contratada.
De acordo co anterior, ao non estar acreditado no expediente a existencia das causas de
inadmisión polas que se inadmitiu a solicitude de acceso á información, referida a os datos de
lista de espera para consultas externas e para probas diagnósticas do referido hospital a data
de 31 de decembro dos anos 2015 a 2019, procede a estimación da reclamación presentada.
Debe lembrarse á Consellería de Sanidade, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei
1/2016, a súa obriga de facilitar á Comisión a información que se lle solicite para o correcto
cumprimento das súas funcións en materia de transparencia.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 20 de
febreiro de 2020, contra a Resolución da Consellería de Sanidade do 13 de febreiro de 2020,
pola que se inadmite a súa solicitude de acceso á información referente aos datos das listas
de espera do Hospital Povisa a 31 de decembro dos anos 2015 a 2019.
Segundo: Instar a Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigas 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar a Consellería de Sanidade, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita
a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
[email protected] www comisiondatransparencia.gal
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Firmado digitalmente por 76706870F MARIA
DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C)
Fecha: 2020.07.01 12:16:06 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.