Estimada 01/07/2020 · 117 días en resolverse

Acceso a información sobre horas extraordinarias de la Policía Local del Concello de Pontevedra en 2018 y 2019

El ciudadano solicitó al Concello de Pontevedra información sobre horas extraordinarias de la Policía Local (2018-2019). Ante el silencio administrativo, presentó reclamación. La Comisión da Transparencia estima la reclamación por motivos formales, ya que la administración acabó facilitando la información fuera de plazo.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación es admitida pese al silencio administrativo basándose en la doctrina de que los recursos contra resoluciones presuntas pueden interponerse en cualquier momento.
2 Se constata que el Concello de Pontevedra no resolvió la solicitud en el plazo legal de un mes establecido en la Ley 1/2016.
3 La estimación es por motivos formales debido a que el solicitante confirmó haber recibido la información solicitada durante la tramitación de la reclamación.
4 Se advierte al Ayuntamiento que el incumplimiento reiterado de la obligación de resolver en plazo constituye una infracción grave según el art. 20.6 de la Ley 19/2013.

Texto completo

(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www comisiondatransparencia ga l Con data de entrada no Rexistro do Valedor do Pobo do 11 de marzo de 2020, ten entrada escrito do interesado co que remite escritura de poder con nQ de protocolo 2.127 do Notario , Notario do Ilustre Colexio de Galicia polo que se lle outorga poder para, entre outras facultades, interpor recursos administrativos ante calquera organismo. Segundo. Con data do 6 de marzo de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante ao Concello de Pontevedra para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. A recepción da solicitude pola administración foi o 10 de marzo de 2020. Terceiro. Con data de entrada no Rexistro do Valedor do Pobo do 15 de maio de 2020, o interesado remitiu un correo electrónico no que comunica que recibiu (fora de prazo) a información solicitada ao Concello de Pontevedra que motivou a súa reclamación, agradecendo a colaboración da Comisión da Transparencia. Cuarto. Con data do 25 de maio de 202, o Concello de Pontevedra remite informe e copia do expediente solicitado. En resumo, o Concello informa de que realizou os trámites oportunos para recabar a información solicitada e puxo á súa disposición do a información que lle facilitaron os diferentes servizos afectados con data do 12 de maio de 2020. A información solicitada non era doado de contestar pois referíase a documentación relativa a expedientes mensuais referidos a dous anos completos (2018 e 2019) así como ás nóminas efectuadas a consecuencia das resolucións emitidas en cada un destes expedientes. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Consel/o de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www comisiondatransparencia.ga1 O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondencia á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. A disposición adicional quinta da lei establece que resolver esas reclamacións corresponderá, no suposto de resolucións ditadas palas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo, ao que se adscribe a Comisión da Transparencia, que por tanto é a competente para resolver. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nasas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.tomisiondatransparencia.ga1 públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. Cuarto. Prazo para a interposición do recurso O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24 da Lei 19/2013. O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa. Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos do silencio administrativo. Tal e como establece o Criterio Interpretativo 1/2016, do Consello de Transparencia e Bo Goberno, de acordo con reiterada doutrina xurisprudencial e coas previsións normativas contidas nos artigas 122 e 124 da Lei 39/2015, poderanse interpoñer recursos de alzada e reposición, respectivamente, respecto de resolucións presuntas en calquera momento fronte a actos que non sexan expresos. O Concello de Pontevedra non resolveu a solicitude de acceso á información expresamente, polo que polo que debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo. Quinto.- Análise do expediente O interesado solicitou unha información da que non obtivo resposta dentro do prazo dun mes establecido no artigo 27.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro. Con data de entrada no Rexistro do Valedor do Pobo do 15 de maio de 2020, remitiu un correo electrónico no que comunica que recibiu (fora de prazo) a información solicitada ao Concello de Pontevedra que motivou a súa reclamación, agradecendo a colaboración da Comisión da Transparencia. Co seu escrito, acompaña Informe da Intervención do Concello de Pontevedra relativo á cotización das horas extraordinarias realizadas polo servizo da policía local, (Rfa. Expediente: 2019/ESCORGASIND/000015), así como informe complementario ao anterior. Nestes [email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga l informes faise constar que ás cotizacións das horas extraordinarias realizadas polo servizo da Policía Local, lle son de aplicación a Orden TMS/83/2019, de 31 de xaneiro, pola que se desenvolve as normas legais de cotización á Seguridade Social, desemprego, protección por cese de actividade, Fondo de Garantía Salarial e formación profesional para o exercicio 2019 e as devanditas cotizacións veñen reflectidas nos recibos de salarios. Nos recibos figura, de acordo coa Orde ESS/2098/2014 a cotización empresarial (a maiores da obreira) á Seguridade Social, quedando reflectido deste xeito o custo total que supón ao Concello calquera empregado público. Con posterioridade, o Concello de Pontevedra remitiu o informe e copia do expediente solicitado, no que confirma a remisión da información ao solicitante. De acordo co anterior, por constar remitida a información solicitada ao interesado, procede a estimación por motivos formais da reclamación presentada, lembrando ao Concello de Pontevedra que, de acordo co disposto no artigo 20.6 da Lei 19/2013, o incumprimento reiterado da obrigación de resolver en prazo ten a consideración de infracción grave para os efectos da aplicación aos responsables do réxime disciplinario previsto na correspondente normativa reguladora. En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Única: Estimar por motivos formais, a reclamación presentada por e con data do 6 de marzo de 2020, contra a desestimación por silencio administrativo da súa solicitude de acceso á información ante o Concello de Pontevedra, referente ao número de horas extraordinarias realizadas pola Policía Local do Concello de Pontevedra nos anos 2018 e 2019. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso­ administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso­ administrativa. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2020.07.01 12:19:26 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.