El solicitante pidió a la Fundación Deporte Galego un certificado de la Federación Galega de Tenis de Mesa sobre el Club lilas Cíes. La administración denegó el acceso alegando que era material auxiliar. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, considerando que un certificado es un documento acreditativo y no información auxiliar.
Puntos clave de la argumentación
1
La naturaleza de información auxiliar o de apoyo debe interpretarse restrictivamente en favor del derecho de acceso.
2
El hecho de que un documento no forme parte de un expediente administrativo no implica automáticamente que sea información auxiliar.
3
Un certificado es un documento acreditativo de una realidad fehaciente y no puede considerarse material auxiliar solo por ser previo a la versión final del expediente.
4
La actualización de certificaciones durante un proceso permite conocer cómo se tomó una decisión pública, lo que refuerza su relevancia para la rendición de cuentas.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por , en representación
, mediante escrito do 27 de marzo de 2020, e
considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a
Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xuño de 2020, adopta a seguinte
resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. , presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 27 de marzo de 2020, unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, Comunicación do 27 de
febreiro de 2020, do Director Xerente da Fundación Deporte Galego, referente á solicitude de
Certificación presentada pola Federación Galega de Tenis de mesa do 12 de febreiro de 2020.
O reclamante indicaba que solicitou á Fundación Deporte Galego, o pasado 6 de febreiro de
2020 diversa documentación, entre a que se atopaba os certificados da Federación Galega de
Tenis de Mesa presentados no procedemento relacionado co patrocinio do Club lllas Cíes de
Tenis de Mesa do equipo da División de Honra Feminina de Tenis de Mesa, que figura no
escrito recibido e presentado pola presidenta de lllas Cíes TM o pasado 24 de setembro de
2019 na documentación do expediente, onde fai figurar ese certificado no correo electrónico
que envía o Director Xerente o día 8 de febreiro como contestación á súa petición do día 6 de
febreiro. Nese correo electrónico se considera como material auxiliar ou de apoio, calquera
documento comunicado ou informe remitido con anterioridade pola Federación.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www comisiondatransparencia.ga l
O interesado, ante a negativa a facilitar o certificado, presento por escrito no Rexistro da
Fundación Deporte Galega o 12 de febreiro de 2020, o certificado da Federación Galega de
Tenis de Mesa previo ao enviado na documentación solicitada e que figura en correos
electrónicos anteriores.
Con data do 27 de febreiro de 2020 recibiu como resposta á súa solicitude un correo
electrónico no que se lle comunica que a súa solicitude xa foi atendida en diferentes peticións.
Segundo escrito recibido na Fundación Deporte Galega remitido pala presidenta de lllas Cíes
TM de data 29 de abril de 2019, que lle remitiron ao agora reclamante se din que o "Que o
presidente do club Agrupacion Deportiva Vincios de tenis de mesa, ,
trasladoume esta maña (29.04.2019) que nunha conversa con da Fundación
Deporte Galega, e no transcurso da mesma este lle manifestou que no certificado federativo
(Certificado da FGTM) recibido para os convenios de patrocinio deportivo dos clubs galegas
que militan na primeira e segunda ligas nacionais, pon que a praza que ocupa el equipo de
División de Honra Feminina (DHF) do lllas Cíes, está pendente dunha sentenza xudicial. E con
esa anotación no certificado non poden invitarnos a participar no Plan Publicitario dos Equipos
de Alta Competición de Galicia (Exercicio 2019)".
De acordo co anterior, o reclamante solicita que pala a Fundación Deporte Galega, se lle
remita copia do certificado da Federación Galega de Tenis de Mesa, previo o enviado dentro
do Expediente solicitado polo reclamante.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada e do seu DNI, de copia dun
escrito da presidenta do Club de Tenis de Mesa lilas Cíes á Fundación Deporte Galega de
certificado do 7 de maio de 2019 do Presidente da Federación Galega de Tenis de Mesa, de
informe da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia sobre a procedencia de incluirá ao Club
lilas Cíes no Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de alta competición de Galicia, copia
de diversos correos electrónicos e copia da Resolución do Plan de Patrocinio publicitario dos
equipos de alta competición de Galicia do exercicio 2019.
Segundo. Con data do 30 de abril de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Fundación Deporte Galega para que, en cumprimento da normativa de
transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 1 de xuño de 2020 a Fundación Deporte Galega contesta a petición
remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que para o Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de
Alta Competición solicítase ás Federacións deportivas galegas a súa colaboración para que
certifiquen os equipos que potencialmente poden ser beneficiarios do mesmo.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
info@comísiondatransparencia.gal www comisiondatransparencia.ga l
Os días 13 e 18 de xaneiro de 2019, entra no rexistro da Fundación un escritos e
documentación presentada por solicitando á paralización da solicitude
de convenio de patrocinio por parte do Club de Tenis de Mesa lilas Cíes en referencia ao
equipo de División de Honra Feminina de Tenis de Mesa da tempada 2018-2019.
Debido ao retraso no proceso administrativo do procedemento de patrocinio, as dúbidas
xeradas polos escritos presentados en rexistro por , e tido en conta
que pasara moito tempo dende a primeira certificación, o 3 de abril de 2019 volve a
solicitárselle ás diferentes Federacións deportivas galegas unha nova certificación por si neste
tempo se dera algunha modificación. A Federación Galega de Tenis de Mesa envía a
certificación solicitada.
O día 8 de maio, previo ao envío do correo de invitación para formalizar a solicitude do plan
de patrocinio a través da sede electrónica, solicítaselle por teléfono ao Presidente da
Federación Galega de Tenis de Mesa un certificado individual da situación do Club de Tenis de
Mesa lilas Cíes para valorar a posibilidade de invitar ou non a esta entidade. A Federación
envía o documento solicitado.
En data de 14 de xuño de 2019, publicouse a resolución do padroado da Fundación pola que
se eleva a definitiva a resolución provisional da adxudicación dos convenios de patrocinio. Tida
en conta toda a documentación presentada por e outras entidades
implicadas no proceso de estudo e formalización das invitacións, publícase nesta resolución
un apartado de incidencias detectadas, entre as que figura a relacionada con o expediente do
lilas Cíes Tenis de Mesa e sobre o que se decide, entre outros asuntos, solicitar á Federación
Galega de Tenis de Mesa un certificado adicional que acredite, no seu caso, que o equipo de
división de honra feminino do lilas Cíes competiu na temporada 2018-2019, solicitarlle ao Club
Vincios información acerca da cesión dos dereitos federativos ao Club de Tenis de Mesa lilas
Cíes, para no caso de non presentar a documentación ou de ser esta insuficiente, proceder a
adoptar unha resolución excluíndo ao lilas Cíes Tenis de Mesa.
, presentou o 8 de agosto de 2020 (debe entenderse que é un erro e
retírese a 2019), o acceso como parte interesada, á documentación presentada polos
diferentes actores neste procedemento.
O padroado da Fundación Deporte Galego, en data 31 de xaneiro de 2020, resolve
positivamente o expediente, incluíndo ao equipo feminino do Club de Tenis de Mesa lilas Cíes
no Plan de Patrocinio Publicitario dos equipos de Alta Competición de Galicia (Exercicio 2019).
En data do 4 de febreiro de 2020, o director-xerente da Fundación Deporte Galega dá traslado
mediante correo electrónico a da documentación publica referida na
súa solicitude do pasado 8 de agosto de 2019.
info@comís.iondatransparencia.gat www.tomisiondatransparencia.ga1
O mesmo día, recíbese resposta do e solicitando aclaración do erro
cometido ao no remitir a resposta do club lllas Cíes Tenis de Mesa ao requirimento da
Fundación de 14 de xuño de 2019. O solicita que se lle remitan, entre outros
documentos, certificacións da Federación Galega de Tenis de Mesa do expediente do propio
Plan de Patrocinio, previo ao requirimento de aclaracións do 14 de xuño, que lle son remitidos
con data do 6 de febreiro de 2020 e entre os que se inclúe ao club lllas Cíes Tenis de Mesa.
Dado que se cometeu un erro no envío da documentación, o mesmo día 6 de febreiro recíbese
correo do solicitando de novo a documentación correcta para comprobar se o Club
lllas Cíes Tenis de mesa presentou a documentación fóra de prazo e adicionalmente solicita
un certificado da Federación galega de Tenis de Mesa ao que se fai referencia no escrito da
Presidenta do Club lilas Cíes de 29.04.2019, que lle foi remitido por erro pala Fundación o 6
de febreiro de 2020.
En relación co certificado solicitado se lle indicou ao que o certificado federativo
remitido pala FGTM é o que forma parte do procedemento para a inclusión de todos os
equipos de tenis de mesa de Galicia no plan de patrocinio 2019 e o que solicita non forma
parte do expediente, senón que unicamente se menciona nun escrito dunha persoa allea á
Fundación, cando solicita que o seu club sexa tido en canta no Plan de patrocinio da
Fundación.
O inicio do expediente do plan de patrocinio o conforman as últimas certificacións das
federación galegas das modalidades deportivas incluídas, calquera outra documentación
previa (documentación previa das federacións, os calendarios estudados, e outras
comunicacións previas) é documentación de estudo e análise, que non forma parte do
expediente. En todo caso, aínda que non forma parte do expediente do Plan de Patrocinio,
xúntase como documento 2 ao presente informe a certificación previa de estudo presentada
pala Federación Galega de Tenis de Mesa (certificación que, en calquera caso, non ten o
contido indicado no escrito do Club lllas Cíes).
Ante a reiteración do na súa petición do certificado da Federación Galega de Tenis
de Mesa previo ao entregado nos correos anteriores, o director-xerente da Fundación en data
8 de febreiro lle comunica que o documento ao que se refire na súa petición foi utilizado como
material auxiliar ou de apoio nunha fase moi preliminar de preparación do expediente do Plan
de Patrocinio e non forma parte do mesmo, o que constitúe causa de inadmisión da petición
de acceso a información pública de acordo co artigo 18 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de
transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Ante nova reiteración da solicitude
do interesado, con data do 27 de febreiro de 2020 se lle reiteran as anteriores respostas.
[email protected] www comisiondatransparencia.ga l
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e polas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
(+34) 9815697 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución
con data do 27 de febreiro de 2020 e a reclamación tivo entrada no Rexistro do Valedor do
Pobo con data do 27 de marzo de 2020, debe admitirse a reclamación por estar presentada
en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O documento obxecto de solicitude segundo manifesta o reclamante, é un certificado da
Federación Galega de Tenis de Mesa recibido para os convenios de patrocinio deportivo dos
clubs galegos que militan na primeira e segunda ligas nacionais, no que figura que a praza que
(+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
;; [email protected] www.c.omisíondatransparencia.gal
ocupa el equipo de División de Honra Feminina (DHF) do lilas Cíes, está pendente dunha
sentenza xudicial.
Segundo o informe remitido pola Fundación Deporte Galego, o inicio do expediente do plan
de patrocinio o conforman as últimas certificacións das federación galegas das modalidades
deportivas incluídas, e calquera outra documentación previa (documentación previa das
federacións, os calendarios estudados, e outras comunicacións previas) é documentación de
estudo e análise, que non forma parte do expediente, polo que se considera como material
auxiliar ou de apoio, sendo esta unha causa de inadmisión de conformidade co disposto no
artigo 18.1.b) da Lei 19/2013. O certificado solicitado existe, é a Fundación o remite a esta
Comisión, facendo constar que o dito certificado non ten o contido indicado polo solicitante.
O artigo 18.1.b) da Lei 19/2013, permite a inadmisión das solicitudes de acceso referidas a
información que teña carácter auxiliar ou de apoio como a contida en notas, borradores,
opinións, resumos, comunicacións e informes internos ou entre órganos ou entidades
administrativas.
Documentación auxiliar ou de apoio é un concepto xurídico indeterminado que ha de ser
resolto atendendo a criterios de sentido común, en relación co contexto en que se sitúa e esta
causa de inadmisión, como o resto das que figuran no artigo 18, deben interpretarse
restritivamente, en favor dunha interpretación abertamente favorable ao exercicio do dereito
de acceso.
A condición de auxiliar ou de apoio da información, e non a denominación formal que a
mesma poida recibir, é o elemento determinante para a aplicación da causa de inadmisión.
lmponse, pois, o exame, en cada caso, da información cuxo carácter auxiliar se alegue, ao
obxecto de decidir si, efectivamente, conta ou non coa devandita natureza.
Débese ter en conta que a enumeración do artigo 18.1.b) é unha mera exemplificación que,
en ningún caso, afecta a todos os conceptos enumerados, senón unicamente aos que
realmente teñan a dita condición principal de auxiliar ou de apoio. Por tanto, pode darse o
caso de que a información contida nalgún dos documentos desa listaxe (nota, borrador,
resumo, .. ) careza, para os efectos do seu acceso, de natureza de auxiliar ou de apoio, da
mesma forma que pola contra, non cabe excluír a posibilidade de que sexa información
auxiliar ou de apoio, información plasmada noutros posibles documentos ou en soportes
diferentes.
O feito de que a información solicitada non constitúa un trámite do procedemento non é en
ningún caso elemento determinante da súa natureza auxiliar ou de apoio. É necesario ter en
conta neste sentido, que na normativa de transparencia o dereito de acceso non está
supeditado á inclusión da información nun expediente administrativo, polo que non se pode
j
(+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
afirmar que a información que non forma parte do expediente é sempre auxiliar e está á
marxe do dereito de acceso.
O Criterio interpretativo 6/2015 do Consejo de Transparencia y Buen Gobierno concreta que
se pode considerar información auxiliar ou de apoio a que conteña opinións ou valoracións
persoais do autor que non manifesten a posición dun órgano ou entidade, cando o solicitado
sexa un texto preliminar ou borrador sen a consideración de final, cando se trate de
información preparatoria da actividade do órgano ou entidade que recibe a solicitude, cando
a solicitude se refira a comunicacións internas que non constitúan trámites do procedemento
ou cando se trate de informes non preceptivos e que non sexan incorporados como
motivación dunha decisión final.
O punto de conexión dos motivos para considerar que unha información é auxiliar ou de apoio
e por tanto o que determina a exclusión do acceso á mesma, ven dado en conexión coa propia
finalidade da Lei manifestada no seu Preámbulo, é dicir, pala súa relevancia para a rendición
de cantas, para o coñecemento da toma de decisións públicas, e a súa aplicación. Como se
establece no criterio interpretativo citado, a motivación que esixe a Lei para que operen as
causas de inadmisión ten como finalidade de evitar que se denegue información que teña
relevancia na tramitación do expediente ou na conformación da vontade pública do órgano,
información que, en ningún caso, terá a condición de información de carácter auxiliar ou de
apoio que, por definición, supón unha limitada incidencia ou relevancia nunha decisión
pública; liña na que igualmente apuntan os primeiros pronunciamentos xudiciais na materia.
Pode así concluírse que a natureza auxiliar ou de apoio de determinada información non
deriva de ningún dato ou elemento cualitativo, das súas posibles características obxectivas,
senón que depende, en último termo, da significación que poida ter para o coñecemento de
como se adoptou determinada decisión nunha valoración na que ha de recoñecerse que as
autoridades de transparencia dispoñen dunha ampla marxe de apreciación na súa decisión,
pero que debe interpretarse no senso favorable ao exercicio do dereito, facendo unha
interpretación restritiva da causa de inadmisión do artigo 18.1.b) da Lei 19/2013.
Un certificado, que é o obxecto da petición, é un documento acreditativo dunha situación ou
unha realidade, que consta fehacientemente á persoa que a emite. O feíto de que a Fundación
Deporte Galega o considere un documento previo ao expediente, é que considere que non
forme parte do mesmo, non o pode converter nun documento auxiliar ou de apoio, é por
tanto vedar o acceso ao mesmo a calquera persoa que teña interese en coñecelo. O feíto de
que o documento en cuestión non teña o contido que o solicitante cree que ten, tampouco é
motivo para denegar o acceso ao mesmo.
Tal e como figura no informe da Fundación Deporte Galega, durante a tramitación do
expediente se solicitan unha serie de certificacións que, por diversos motivos se van
[email protected] www c.omisiondatransparencia.gal
actualizando. Todas estas certificacións, son documentos adquiridos pola Fundación no
exercicio das súas funcións, e polo tanto son documentos que entran dentro do concepto de
información pública de acordo co establecido no artigo 24 da Lei 1/2016, sen que polo feito
de que se actualicen, ou non teñan o contido que o solicitante cree que ten, se lle poda
considerar que se trata de información auxiliar ou de apoio.
De acordo co anterior, non se pode dar a un certificado inicial a consideración de información
auxiliar ou de apoio, dado que, o feito de que a Fundación considerase necesaria a súa
actualización, permite coñecer como se tomou unha decisión pública, neste caso a aprobación
dun plan de financiación de entidades deportivas con fondos públicos. Por tanto procede a
estimación da reclamación presentada por considerar o documento solicitado como
información pública.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por , en representación do
con data do 27 de marzo de 2020, contra a
denegación de Comunicación do 27 de febreiro de 2020, do Director Xerente da Fundación
Deporte Galego, referente á solicitude de Certificación presentada pola Federación Galega de
Tenis de mesa do 12 de febreiro de 2020.
Segundo: Instar a Fundación Deporte Galego, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles,
responda á petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da
Lei 19/2013, do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do
acceso.
Terceiro: Instar a Fundación Deporte Galego, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles,
remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información
solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
info@comísiondatransparencia.gal www.c.omisiondatransparencia.ga l
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2020.07.01 12:22:09 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.
]O