Inadmitida 30/06/2020 · 92 días en resolverse

Reclamación por falta de ejecución de acceso a los Planes de Labores de la expropiación minera Trinidade Nº257

Se solicitó a la Consellería de Economía, Emprego e Industria el acceso a los Planes de Labores de la expropiación minera Trinidade Nº257 (2006-2008). El solicitante alegó falta de ejecución de una resolución previa que ya concedía el acceso. La Comisión da Transparencia de Galicia inadmitió la reclamación por no ser competente para resolver sobre la ejecución de resoluciones.

Puntos clave de la argumentación

1 La reclamación no tiene por objeto la impugnación de la resolución que concedió el acceso, sino la falta de ejecución de la entrega de documentación.
2 La Comisión da Transparencia de Galicia no es competente, según el artículo 33 de la Ley 1/2016, para resolver sobre la ejecución de resoluciones ya dictadas.
3 Se aplica el artículo 116.1. a) de la Ley 39/2015 para inadmitir la reclamación por falta de competencia del órgano.

Texto completo

ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno Vista á reclamación presentada por en representación da , mediante escrito do 30 de marzo de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xuño de 2020, adopta a seguinte resolución: ANTECEDENTES Primeiro. en representación da , presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do Valedor do Pobo o 30 de marzo de 2020 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra a falla de execución da Resolución do 23 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se resolve conceder o acceso á aos Plans de Labores da expropiación mineira Trinidade Nº257 (Mondoñedo) relativas anos 2006, 2007, 2008. O reclamante indicaba que a Consellería de Industria comunicoulles no seu día que resolveran darlles acceso aceso á información solicitada, pero nove meses despois da solicitude non teñen acceso, polo que consideran que é unha obstrución ao seu dereito de acceso. A entidade interesada remite resolución da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 23 de agosto de 2019, na que considera que os plans de (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 15700, Santiago de Compostela A Coruña [email protected] www comisiondatransparencia.ga l labores, en canto documentos técnicos que definen tecnicamente a actividade, non constitúen documentos ambientais propiamente ditas, polo que resultan sometidos ao réxime xeral de transparencia e acceso á información, e resolve permitir o acceso aos plans º de labores correspondentes aos anos 2006, 2007 e 2008 da explotación mineira Trinidade n 257, e dado que existiu oposición de terceiros interesados, o acceso á información terá lugar unha vez que transcorra o prazo que sinala o artigo 22.2 da citada lei. Segundo. Con data do 31 de marzo de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo reclamante á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente. Terceiro. Con data do 1 de xuño de 2020 A Consellería de Economía, Emprego e Industria contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído. Neste informe, en resumo, indícase que a reclamación por unha banda debe ser inadmitida por extemporánea dado que a resolución notificouse con data do 19 de setembro de 2019 e a reclamación interpúxose con data do 30 de marzo de 2020. Por outra banda, en atención ao seu obxecto, o escrito non pode ser cualificado como recurso dado que non pretende a impugnación da resolución ditada senón que constitúe unha queixa ante o que a asociación considera falta de execución da resolución. No que respecta ao fondo do asunto, a Consellería xustifica os motivos polos que non se executou a resolución. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro. Competencia e normativa O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24 corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas polas Administracións das Comunidades autónomas e o seu sector público, e palas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas. O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública, (+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65 [email protected] www.comisiondatransparencia.gal poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas reclamacións. Segundo. Procedemento aplicable O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de recursos. Terceiro. Dereito de acceso á información pública A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten carácter básico. O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro). O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda participación dos poder públicos. Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública. (+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65 info@comísiondatransparencia.ga1 www.comisiondatransparencia.ga1 Cuarto. Análise do expediente A reclamación presentada , non ten por obxecto a impugnación da Resolución de 23 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se lle concede o acceso á información solicitada, senón impugnar a súa falla de execución, mediante a entrega da documentación sobre á que se lle recoñeceu o dereito de acceso. De acordo co anterior, ao non ser competente a Comisión da Transparencia de Galicia, de acordo co disposto no artigo 33 da Leí 1/2016 para resolver sobre a execución da resolución ditada, procede, de conformidade co artigo 116.1. a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, inadmitir a reclamación presentada. En base aos feítos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da Transparencia, ACORDA Único: lnadmitir a reclamación presentada por en representación con data do 30 de marzo de 2020, contra a falla de execución da Resolución do 23 de agosto de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se resolve conceder o acceso á aos Plans de Labores da expropiación mineira Trinidade Nº257 {Mondoñedo) relativas anos 2006, 2007, 2008. Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso­ administrativa. Firmado digitalmente por 76706870F MARIA DOLORES FERNANDEZ (R: S6500009C) Fecha: 2020.07.01 12:23:16 +02'00' María Dolores Fernández Galiño Presidenta da Comisión da Transparencia.