Se solicitó al Concello de Vigo el número de denuncias por exceso de velocidad de radares fijos y móviles (2017-2019). El Ayuntamiento denegó el acceso alegando perjuicio a la prevención de ilícitos. La Comisión da Transparencia de Galicia estima la reclamación, considerando que la administración no justificó el perjuicio concreto y que datos similares son públicos en la DGT.
Puntos clave de la argumentación
1
La aplicación de los límites al derecho de acceso debe ser restrictiva y procede solo cuando la concesión de la información suponga un perjuicio claro, concreto y superior al interés de su acceso.
2
La Administración debe demostrar, y no simplemente alegar, que el acceso a la información supone un perjuicio para la prevención, investigación y sanción de ilícitos administrativos.
3
El conocimiento del número de denuncias realizadas por cada radar no puede considerarse como una justificación suficiente para denegar la información, ya que la ubicación de los radares fijos es pública y no se solicita la ubicación de los móviles.
4
La Dirección General de Tráfico publica estadísticas de sanciones por radares fijos, considerando que dicha información es un instrumento útil para concienciar a la ciudadanía y disminuir accidentes.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por mediante escrito do 23 de abril
de 2020, e considerando os antecedentes e fundamentos xurídicos que se especifican a
continuación, a Comisión da Transparencia na sesión celebrada o día 30 de xuño de 2020,
adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. presentou, mediante escrito con entrada no rexistro do
Valedor do Pobo o 23 de abril de 2020 , unha reclamación ao amparo do disposto no artigo
28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, contra o Decreto do 13 de
marzo de 2020, da 3º Tenente de Alcalde e concelleira de seguridade do concello de Vigo,
polo que se denega a súa solicitude de información sobre o número de denuncias por exceso
de velocidade tramitadas a partir dos datos de cada un dos radares fixos e móbiles de Vigo
nos anos 2017, 2018 e 2019.
O reclamante en resumen, indicaba que a tras a súa solicitude, o concello respondeulle
avanzando que lle denegaría a información porque entendía que supoñía un prexuízo para a
prevención, investigación e sanción de ilícitos penais e concedeulle un prazo para que alegase
o interese público da información solicitada, que o interesado entende que vulnera o espírito
da lei de transparencia. O interesado fixo as correspondentes alegacións nas que manifestou
que os datos son de interese público, expoñendo que o feito de dar o dato agregado da
proposta de sancións de cada radar en ningún caso pode poñer trabas á prevención,
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected]! www.tomisiondatransparencia.gat
investigación e sanción dos ilícitos penais, pois se solicitaban os datos dun ano enteiro, e non
de procesos concretos. O concello recoñece que os datos forman parte da política que lle
corresponde, e precisamente monitorizar o labor político é un dos fundamentos da leis de
transparencia. Considera que publicar o dato agregado de multas que impón un radar
torpedea o seu labor de prevención é como dicir que publicar o número de axentes da Policía
Local impide resolver delitos e a Dirección General de Tráfico publica estatísticas, sen que iso
supoña unha merma na persecución das infraccións de tráfico por exceso de velocidade, e de
feito, a ubicación dos radares é pública.
Chama a atención que o propio Concello no seu primeiro escrito suxira que podería informar
do dato agregado de todos os radares e despois non conceda un acceso parcial á información.
O escrito viña acompañado de copia da solicitude presentada, do seu seu DNI, da
comunicación do período de alegacións e do decreto recorrido.
Segundo. Con data do 24 de abril de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante ao Concello de Vigo para que, en cumprimento da normativa de transparencia,
achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 29 de abril de 2020 o Concello de Vigo contesta a petición remitindo o
informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que con data do 28 de febreiro de 2020 realizouse un
requirimento motivado ao interesado expresivo da concorrencia dunha causa legal obstativa
do acceso nos termos da solicitude, deixando a salvo a posibilidade de acceso aos datos
agregados. O interesado presentou alegacións discrepantes da concorrencia da expresada
causa legal e con data do 13 de marzo a Concelleira delegada de Seguridade dita a Resolución
obxecto da reclamación.
Na resposta á solicitude de propúxose o acceso á información
agregada, non específica por unidades de control, sobre a que o interesado gardou silencio e
no fundamento de dereito cuarto da resolución discutida advertiuse que a limitación de
acceso á información pública regulada na Lei 19/2013, xa que esta materia é un ámbito de
conflito entre o interese público e o particular, que en boa parte ten reflexo normativo no
réxime sancionador en materia de tráfico art. 76 letra g), art. 77 letra h) da Lei de Tráfico
aprobada polo ROL 6/15 .
A xeneralización do uso das tecnoloxías da información e as comunicacións leva implícito un
incremento exponencial dos riscos derivados do acceso á información estratéxica da política
de seguridade viaria, considerando así plenamente xustificada a aplicación do expresado
límite legal.
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga l
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas palas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e palas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga1
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nosas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pola súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta na reclamación, a resolución contra a que se recorre notificouse o
15 de marzo de 2020, e tendo en conta que de acordo co disposto na disposición adicional
terceira, do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma
para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, os prazos
administrativo están suspendidos ata ou momento no que perda vixencia o citado Real
Decreto, renovándose o cómputo de prazos nese momento, e a reclamación tivo entrada no
Rexistro do Valedor do Pobo o 23 de abril de 2020, debe admitirse a reclamación por estar
presentada en prazo.
(+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
info@comislondatransµarencia.ga! www.cornisiondatransparencia.gal
Quinto.- Análise do expediente
O interesado solicitou do Concello de Vigo que lle informase sobre o número de denuncias
por exceso de velocidade tramitadas a partir dos datos de cada un dos radares fixos e móbiles
do Concello de Vigo nos anos 2017, 2018 e 2019, información que tras concederlle un prazo
para que alegase o interese público da información solicitada, denegóuselle o acceso á
información por entender o concello que concorre o límite de acceso á información
establecido no artigo 14.1.e) da Lei 19/2013, referido á prevención de ilícitos administrativos.
Considera o interesado que o feito de que se lle concedera un prazo para que alegase o
interese público da información solicitada vulnera o espírito da lei de transparencia. Non se
pode compartir esa afirmación, por canto o que a Lei establece é que a motivación non é
obrigatoria, e por si soa non pode ser causa de rexeitamento da solicitude, pero esta, de
existir, si pode ser tida en conta cando se dite a resolución, especialmente para valorar a
concorrencia dun interese privado ou público superior que xustifique o acceso.
Respecto á causa de denegación da información solicitada, isto é, a consideración por parte
do concello da existencia dun límite no acceso á información solicitada, débese partir da base
de que en materia de acceso á información pública, a regra xeral é a de permitir o acceso,
mentres que a aplicación dos límites debe entenderse de forma restritiva e procede
unicamente nos casos nos que a concesión da información supoña un prexuízo claro, concreto
e superior ao interese do seu acceso.
Tal e como xa afirmou a xurisprudencia (por todas, sentencia do Tribunal Supremo
1547/2017), as causas enumeradas no artigo 14, como a que neste caso nos ocupa, non están
definidas, senón que constitúen conceptos xurídicos indeterminados cuxa relevancia e
transcendencia deben ser concretadas en cada caso, ponderando os intereses en conflito,
como a norma indica. Por tanto para a aplicación deste límite, a Administración que denega o
acceso, debe demostrar, e non simplemente alegar, que o acceso á información solicitada
supón un prexuízo para a prevención, investigación e sanción dos ilícitos administrativos,
neste caso en materia de tráfico.
Tanto as normas xurídicas aplicables, a xurisprudencia e a doutrina non ofrecen dúbida de que
á hora de limitar o dereito de acceso a información pública, o relevante é a xustificación que
realiza a administración, que debe estar baseada nunha ponderación de intereses, o interese
no acceso e o interese concreto que se protexe co límite e aplicada ao suposto concreto que
se axuíza.
O Concello de Vigo basea o seu razoamento en afirmar que concorre o límite establecido no
artigo 14.1.e) a salvo da concorrencia dun interese público ou privado superior. Afirma o
concello na súa dilixencia asinada pola xefa de seguridade e o xefe de área que figura no
(+34)981569740 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga1
expediente, que a prevención, investigación e sanción destas condutas, implica actuar sobre
a mera oportunidade de incorrer nas mesmas, e por tanto sobre a eventual disposición do
condutor a infrinxir a norma e o segredo sobre o estado de funcionamento dos radares actúa
preventiva e permanentemente (incremento da percepción do risco de detección) sobre a
disposición (eventual) do condutor á comisión da infracción e contribúe á creación dun
sentimento permanente e xeneralizado de seguridade na comunidade de persoas usuarias, e
que nesta materia existe un ámbito de conflito entre o interese público e o particular, que en
boa parte ten reflexo normativo no réxime sancionador en materia de tráfico -art. 76 letra g),
art. 77 letra h) do Real Decreto Lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o
texto refundido da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial.
Non se chega a entender o alcance do conflito existente entre o interese público e o privado
que o concello ve reflectido na normativa, por canto o artigo 76 g) do citado Real Decreto Lei,
tipifica como infracción grave conducir utilizando manualmente dispositivos de telefonía
móbil, navegadores ou calquera outro medio ou sistema de comunicación, así como utilizar
mecanismos de detección de radares ou cinemómetros e ou 77 h) tipifica como infracción moi
grave conducir vehículos que teñan instalados inhibidores de radares ou cinemómetros ou
calquera outros mecanismos encamiñados a interferir no correcto funcionamento dos
sistemas de vixilancia do tráfico, artigos estes que poden estar relacionados coa ocultación da
ubicación dos radares, pero non co número de denuncias que realizan.
Non pode considerarse como xustificación suficiente a mera alegación xenenca de que
coñecer o número de denuncias realizadas por cada radar poida prexudicar a prevención dos
ilícitos en materia de circulación, e que o número total de denuncias (datos agregados) non o
prexudique, dato este último que o concello ofreceu ao interesado, tendo en conta que a
ubicación dos aparellos de radar fixos é un dato público, e dos radares móbiles, a información
que se solicita é o número de infraccións detectadas, e non o lugar no que se detectaron.
Tal e como apunta o reclamante, a Dirección General de Tráfico incorpora na súa web
información estatística de sancións dentro do marco da súa política de transparencia e
achegamento ao cidadán, habilitando un apartado no que da a coñecer, con acceso libre a
todos os cidadáns, estatísticas de sancións nas que recolle os datos relacionados co número
de denuncias e a evolución das mesmas, a estatística sobre os importes ingresados, excesos
de velocidade, as fases de recurso ou datos sobre denuncias que acaban na vía contenciosa
administrativa. Nela figuran táboas coa evolución do número de sancións en xeral e evolución
do número de sancións impostas por radares fixos, Importes por sancións en xeral e importes
ingresados de sancións por radares fixos, radares fixos que máis denuncias xeraron,
especificando na mesma que o coñecemento destes e outros datos por parte dos cidadáns,
poden servir para concienciar que os accidentes de tráfico non son sucesos imprevisibles, senón
que se poden evitar se se cumpren as normas de circulación.
(+34} 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal
Considera por tanto a Dirección General de Tráfico que o coñecemento de datos sobre
denuncias efectuadas por radares, é un instrumento útil para concienciar á cidadanía sobre a
necesidade de cumprimento das normas de circulación, que contribúe á diminución dos
accidentes.
De acordo co anterior, a mera alegación polo concello de que o segredo sobre o estado de
funciona mento dos radares actúa preventiva e permanentemente (incremento da percepción
do risco de detección) sobre a disposición (eventual) do condutor á comisión da infracción e
contribúe á creación dun sentimento permanente e xeneralizado de seguridade na
comunidade de persoas, non se considera xustificación suficiente para a denegación da
información solicitada por considerar que concorre o límite de acceso establecido no artigo
14.le) da Lei 19/2013, polo que procede a estimación da reclamación presentada, debendo o
concello proporcionar os datos solicitados polo reclamante.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por con data do 23 de
abril de 2020, contra a Decreto do 13 de marzo de 2020, da 3º Ten ente de Alcalde e concelleira
de seguridade do concello de Vigo, polo que se denega a súa solicitude de información sobre
o número de denuncias por exceso de velocidade tramitadas a partir dos datos de cada un
dos radares fixos e móbiles de Vigo nos anos 2017, 2018 e 2019.
Segundo: Instar ao Concello de Vigo, a que, no prazo máximo de 10 días hábiles, responda á
petición de información solicitada, respectando os límites dos artigos 14 e 15 da Lei 19/2013,
do 9 de decembro, e o artigo 22 da mesma lei, no que fai á formalización do acceso.
Terceiro: Instar ao Concello de Vigo, a que, no prazo máximo de 15 días hábiles, remita a esta
Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
(+34) 981569740 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.ga1
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2020.07.01 12:25:58 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.