Se solicitó acceso a expedientes de explotaciones mineras a la Xefatura Territorial de Lugo (Consellería de Economía, Emprego e Industria). La administración denegó el acceso inmediato alegando que, ante la falta de alegaciones de un tercero, debía esperar al plazo de recurso contencioso. La Comisión da Transparencia estima la reclamación porque el silencio del tercero no constituye oposición.
Puntos clave de la argumentación
1
El artículo 22.2 de la Ley 19/2013 permite demorar el acceso a la información solo cuando existe una oposición expresa de un tercero afectado.
2
La inactividad o falta de presentación de alegaciones por parte de un tercero interesado no puede considerarse como oposición ni consentimiento tácito.
3
La normativa de protección de datos no es aplicable para denegar el acceso en este caso, ya que el tercero es una persona jurídica y no física.
4
La excepción a la ejecutividad inmediata de los actos administrativos requiere una acción expresa del tercero manifestando que la concesión del acceso perjudica sus derechos.
Texto completo
ASUNTO: Resolución da Comisión da Transparencia de Galicia na reclamación
presentada ao amparo do artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de
transparencia e bo goberno
Vista á reclamación presentada por en representación de
mediante escrito do 8 de abril de 2020, e considerando os antecedentes e
fundamentos xurídicos que se especifican a continuación, a Comisión da Transparencia na
sesión celebrada o día 30 de xuño de 2020, adopta a seguinte resolución:
ANTECEDENTES
Primeiro. Con data do 28 de abril de 2020, tivo entrada no Rexistro do Valedor do Pobo correo
electrónico da Xefa do servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo, da
Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa que remite reclamación interposta con
data do 8 de abril de 2020 por contra a Resolución do 18 de marzo
de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria pala
que se dita resolución de acceso á información pública en relación cunha solicitude formulada
pala citada mercantil sobre acceso a expedientes referentes a explotacións mineiras na
provincia de Lugo C.E. 1ª Ampliación a Ria Pas N.º 4739 e C.E. 2ª Ampliación a Ria Pas N.º
4885.
A entidade reclamante en resumo indica que solicitou toma de vista dos expedientes C.E. 1ª
Ampliación a Ria Pas N.º 4739 e C.E. 2ª Ampliación a Ria Pas N.º 4885, e na Resolución ditada
pala Xefatura Territorial en data do 18 de marzo de 2020 sinálase que non prazo conferido,
non presentou alegacións, polo que o prexuízo que se lle ocasionaría
ca acceso á información non pode ser valorado na resolución deste expediente, sen que por
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
15700, Santiago de Compostela
A Coruña
[email protected] www.comisiondatransparencia ga l
elo se poida entender que permitira ou acceso ao mesmo, polo que resulta de aplicación o
artigo 22.2 dá Leí 19/2013, consonte ou cal se existiu oposición de terceiro, ou acceso só terá
lugar cando, concedido dito acceso, teña transcorrido ou prazo para interpor recurso
contencioso administrativo sen que fora formalizado ou teña sido resolto confirmando ou
dereito a recibir a información.
Considera que o acceso á información en relación a documentación solicitada debe rexerse
polo disposto na Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á
información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente,
que no seu artigo 13 establece as excepcións á obrigación de subministración de información
en materia de medio ambiente, entre as que non se atopa o motivo fixado na Resolución
notificada, motivos de denegación que de acordo co apartado 4, deben interpretarse de
forma restritiva. Non resultan de aplicación os motivos establecidos no artigo 18 da Leí
19/2013
A previsión de pendencia da efectividade do acceso á información o establece a leí soamente
naqueles supostos en que se produciu efectiva oposición de terceiro, circunstancia esta que
non tivo lugar neste caso, posto que tal e como se recoñece na Resolución notificada, déuselle
trámite para a formulación de alegacións á mercantil Euroarce Caolines, S. L. que non realizou
alegación algunha ao respecto no prazo concedido, polo cal tal extremo debe ser considerado
como ausencia de oposición ao acceso de información solicitado, e, de ningún xeito
determinante da inviabilidade de permitir tal acceso ata o momento no que transcorra o prazo
de impugnación, ao ser claras as previsións normativas pronunciadas a tal respecto con
relación a aqueles supostos nos que houbese oposición dun terceiro.
Segundo. Con data do 30 de abril de 2020 déuselle traslado da documentación achegada polo
reclamante á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, en cumprimento da
normativa de transparencia, achegase informe e copia completa e ordenada do expediente.
Terceiro. Con data do 26 de maio de 2020 A Consellería de Economía, Emprego e Industria
contesta a petición remitindo o informe e o expediente instruído.
Neste informe, en resumo, indícase que en contra do manifestado pola entidade reclamante,
a solicitude tramitouse ao abeiro da Leí 19/2013 e Leí 1/2016, dado que tal en como consta
no informe da xefatura de servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo, se ben
a entidade solicitante enumera unha serie de expedientes relativos aos dereitos mineiros dos
que solicita información, tales como plans de restauración ou declaracións de impacto
ambiental, que poderían ter un encaixe e consideración como información propiamente
ambiental, esta documentación, dada a antigüidade dos dereitos non existe, polo que a
información á que se pode acceder non tería un contido propiamente ambiental, senón que
quedaría incardinada no réxime xeral de transparencia contemplando na Lei 19/2013.
(+34) 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] Wlt/W.comisiondatransparencia.gal
Respecto da aplicación do disposto no artigo 22.2 da Lei 19/2013, na resolución impugnada
facíase constar que no prazo conferido a non presentou alegacións,
polo que o prexuízo que se lle ocasionaría co acceso á información non pode ser valorado na
resolución deste expediente, sen que por elo se poida entender que permitira o acceso ao
mesmo. Considera que o silencio soamente pode ter relevancia de antemán cando a norma o
prevé expresamente. Considera así mesmo que o Regulamento 2016/679/UE, do 27 de abril,
europeo de protección de datos, o consentimento de interesado, recollido no artigo 4 do
punto 11 ven definido como declaración o unha clara acción afirmativa.
Polo tanto, aos efectos de garantir a seguridade xurídica neste procedemento e a debida
protección de datos persoais e fundamentalmente o dereito á defensa de terceiro en vía de
recurso, o silencio no trámite de audiencia non se considera un consentimento tácito ao
mesmo. Considera que o feito de que non presenta alegacións non significa que non poida
presentar recurso, hai que preservar o dereito do terceiro de presentar o dito recurso sen que
a información solicitada sexa subministrada.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro. Competencia e normativa
O artigo 24 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública
e bo goberno, de carácter básico na súa práctica totalidade, establece que contra toda
resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información, poderá interpoñerse
unha reclamación ante o Canse/lo de Transparencia e Bo Goberno, con carácter potestativo e
previa a súa impugnación en vía contencioso-administrativa. Esa mesma lei, na súa disposición
adicional cuarta, establece que a resolución da reclamación prevista no artigo 24
corresponderá, nos supostos de resolucións ditadas palas Administracións das Comunidades
autónomas e o seu sector público, e palas Entidades Locais comprendidas no seu ámbito
territorial, ao órgano independente que determinen as Comunidades Autónomas.
O artigo 28 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que
contra toda resolución expresa ou presunta en materia de acceso á información pública,
poderá interpoñerse unha reclamación ante o Valedor do Pobo, correspondendo á Comisión
da Transparencia, de acordo co disposto no artigo 33, a resolución das devanditas
reclamacións.
Segundo. Procedemento aplicable
O artigo 28.3 da citada Lei 1/2016 establece que o procedemento de reclamación axustarase
ao previsto nos parágrafos 2, 3, e 4 do artigo 24 da Lei 19/2013, que establece que as
reclamacións contra resolucións en materia de acceso á información, que ten carácter
(+34} 98156 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected]! wv1W.tomisiondatransparencia.gal
potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa, axustarán a súa
tramitación ao disposto na lexislación de procedemento administrativo común en materia de
recursos.
Terceiro. Dereito de acceso á información pública
A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, recoñece no seu artigo 24 o dereito de todas as persoas a
acceder á información pública, entendida esta como os contidos ou documentos, calquera
que sexa o seu formato ou soporte, que consten en poder dalgún dos suxeitos incluídos no
ámbito de aplicación desta lei e que fosen elaborados ou adquiridos en exercicio das súas
funcións, do mesmo xeito que a definición contida no artigo 13 da Lei estatal 19/2013 que ten
carácter básico.
O concepto de información pública e o dereito de acceso á mesma configúranse de forma
ampla tanto na normativa autonómica como na estatal. Os titulares do dereito son todas as
persoas, sen que o solicitante estea abrigado a motivar a súa solicitude de acceso á
información (art. 26.4 Lei 1/2016, do 18 de xaneiro).
O obxecto da Lei 19/2013, é ampliar e reforzar a transparencia da actividade pública e regular
e garantir o dereito de acceso a información relativa a aquela actividade (art. 1). No seu
preámbulo sinala que a transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo
goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política e só cando a acción dos
responsables públicos sométese a escrutinio, cando os cidadáns poden coñecer como se
toman as decisións que lles afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que
criterios actúan as nasas institucións pódese falar do inicio dun proceso no que os poder
públicos comezan a responder a unha sociedade que é crítica, esixente e que demanda
participación dos poder públicos.
Pala súa banda, a Lei galega 1/2016, sinala na súa Exposición de Motivos que a crecente
esixencia cidadá de control público da actuación das administracións aconsella a aprobación
dunha norma que supera os anteriores estándares e que se concreta nun texto legal que
establece esixencias engadidas de transparencia e acceso á información pública.
Cuarto. Prazo para a interposición do recurso
O artigo 28.3 da Lei 1/2016, establece que o procedemento das reclamacións fronte ás
resolucións en materia de acceso á información pública axustarase ao previsto no artigo 24
da Lei 19/2013.
[email protected] www comisíondatransparencia.gal
O artigo 24 da Lei 19/2013 establece que fronte a toda resolución expresa ou presunta en
materia de acceso a información poderá interpoñerse unha reclamación con carácter
potestativo e previo á súa impugnación na vía contencioso-administrativa.
Esta reclamación interpoñerase no prazo dun mes para contar desde o día seguinte ao da
notificación do acto impugnado ou desde o día seguinte a aquel no que se produzan os efectos
do silencio administrativo.
Dado que segundo consta no expediente remitido, ao interesado notificóuselle a resolución
con data do 20 de marzo de 2020 e a reclamación presentouse o 8 de abril de 2020, tendo
entrada no Rexistro do Valedor do Pobo con data do 20 de abril de 2020, remitida pola
Consellería de Economía, Emprego e Industria, e sen prexuízo de que de acordo co disposto
na disposición adicional terceira, do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se
declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo
COVID-19, e a disposición derrogatoria única (parágrafo segundo) do Real Decreto 537/2020,
do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo citado Real Decreto
463/2020, os prazos administrativo estiveron suspendidos desde o 14 de marzo ata o 1 de
xuño de 2020, debe admitirse a reclamación por estar presentada en prazo.
Quinto.- Análise do expediente
O motivo de impugnación da resolución da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de
Economía, Emprego e Industria por é que na tramitación do
expediente, a pesares de que pola empresa empresa que cuxos dereitos
ou intereses poden resultar afectados polo acceso á información, non presentou alegacións
no trámite que se lle conferiu ao efecto, a Xefatura Territorial demora o acceso á información
ao momento no que transcorra o prazo para interpor recurso contencioso-administrativo sen
que se formalizase, ou fose resolto confirmando o dereito de acceso á información, en
aplicación do artigo 22.2, por considerar que o silencio da empresa
equivale a súa oposición.
Como é sabido, a documentación que un particular presente ante unha Administración e que
pase a formar parte dun expediente, fai que adquira a condición de información pública, que
por tanto pode ser solicitada por calquera persoa, e que que unicamente pode ser limitado o
seu acceso, para protexer outros dereitos ou intereses de terceiros máis dignos de protección,
sempre que o órgano competente o motive adecuadamente.
A información ou documentación pública non só contén datos públicos senón que, tamén,
pode ter datos que correspondan ás persoas privadas, sendo esta información ou
documentación adquiridas neste caso pola Administración no exercicio das súas
competencias.
(+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
[email protected] www.c.omisiondatransparencia.gal
O artigo 19.3 da Lei 19/2013, nos casos nos que o acceso á información solicitada pode afectar
a dereitos ou intereses de terceiros, debidamente identificados, establece a obriga de darlles
audiencia para que poidan realizar as alegacións que estimen oportunas. O obxecto do
trámite de audiencia é que o terceiro poida realizar as alegacións que estimen oportunas, e
que a Administración poida valorar todos os dereitos e intereses subxectivos que poidan verse
afectados pola resolución.
O artigo 22.2 da Lei 19/2013 prevé que no caso de que existise oposición de terceiro, o acceso
só terá lugar cando, concedéndose este acceso, transcorrese o prazo para interpoñer recurso
contencioso administrativo sen que se formalizou ou fose resolto confirmando o dereito para
recibir a información.
A incorporación desta previsión na Lei non foi do todo pacífica, rexeitándose por unha parte
da doutrina esta solución lexislativa de condicionar o acceso á información pública solicitada
á firmeza da resolución estimatoria nos supostos nos que houbese oposición de terceiros
afectados, xa que fai depender o acceso, xa acordado polo órgano competente, da eventual
decisión de impugnación que poida emprender un terceiro, o que equivale a alterar de
maneira radical o principio de dereito administrativo que recoñece a eficacia inmediata dos
actos.
Na maior parte das ocasións o auténtico valor do dereito de acceso á información reside en
que os solicitantes de acceso van poder obter con inmediatez unha información que só lles
outorga unha vantaxe exclusiva se non existen importantes dilacións na súa subministración.
Por este motivo, tanto a norma básica estatal como a autonómica, establecen a obriga das
Administracións de resolver sobre as solicitudes de acceso no prazo dun mes. A excepción ao
principio de executividade inmediata dos actos administrativos e de accesibilidade máxima
que inspira a transparencia establecida no artigo 22.2, esixe un requisito fundamental, que é
a existencia de oposición dun terceiro cuxos dereitos ou intereses poidan resultar afectados
pola concesión da información.
A desconformidade dun terceiro solicitado, pode demorar o acceso concedido tan en exceso
que a resolución estimatoria e o consecuente dereito recoñecido, pode chegar a quedar
baleira de contido, pero está xustificada polo obxectivo de evitar que as posibles vías de
recurso se vexan impedidas, ao carecer de obxecto un eventual recurso contencioso
administrativo ou unha reclamación ante a Comisión dá Transparencia se a información xa
estivera en poder do solicitante.
Por este motivo, ao terceiro cuxos dereitos ou solicites poden resultar afectados pola
solicitude de acceso, se lle dá a oportunidade de presentar as alegacións que estime
oportunas, que non caso de ser presentadas, deben ser valoradas polo órgano administrativo
e en función dá dita valoración, resolver ou que proceda sobre ou acceso.
[email protected] www.comisiondatransparencia.ga!
Se aberto ou trámite de audiencia a un terceiro interesado, este non presenta alegacións,
sería contrario á Lei de transparencia demorar o acceso á información do solicitante, ao
carecer absolutamente de fundamento considerar esa inactividade do terceiro como
oposición, demorando o acceso á información recoñecida expresamente por resolución
administrativa sen oposición. Neste senso, a recente resolución da Xefatura Territorial de
Pontevedra do 24 de marzo de 2020, da propia Consellería de Economía, Emprego e Industria
nun caso similar, non considera a falla de presentación de alegacións como oposición.
A excepción ao principio de executividade inmediata dás resolucións administrativas e ao
principio de máxima accesibilidade establecida no artigo 22.2 dá Lei 19/2013, require unha
oposición expresa dese terceiro, é dicir, unha acción expresa na que o terceiro interesado
manifeste, con maior ou menor fundamento, que a concesión do acceso á información
solicitada pode prexudicar os seus dereitos ou intereses, oposición que neste caso non se
produciu, como expresamente manifesta a Administración no seu informe.
Non é de aplicación ao presente caso o concepto e requisitos do consentimento establecido
na normativa vixente en materia de protección de datos como pretende a Consellería, dado
que a resolución impugnada por unha banda concede o acceso previa disociación dos datos
de carácter persoal que poidan figurar na documentación á que se concede o acceso, e por
outra o suxeito ao que a que a Consellería considera que non outorgou o consentimento é
unha persoa xurídica e non física, polo que non se lle aplica a normativa en materia de
protección de datos de carácter persoal.
Por outra banda, son de aplicación ao presente caso as sentencias citadas no informe da
Dirección Xeral de Enerxía e Minas respecto do sentido do silencio, dado que se trata de
sentencias no ámbito civil, non referidas por tanto ao sentido do silencio en procedementos
administrativos, senón ao sentido do silencio en materia negocia! en contratos bancarios, e
en materia de consentimento sobre realización dunhas obras nunha comunidade de
propietarios.
De acordo co anterior, dado que non existiu oposición por parte de terceiro, procede a
estimación dá reclamación presentada, debendo a Consellería de Economía, Emprego e
Industria conceder ou acceso de forma inmediata, ao non ser de aplicación ao caso o disposto
non artigo 22.2 dá Lei 19/2013.
En base aos feitos e fundamentos de dereito anteriormente expresados, a Comisión da
Transparencia,
(+34) 981 56 97 40 Rúa do Hórreo, 65
info@comísiondatransparencia.gal www.comisiondatransparencia.ga1
ACORDA
Primeiro: Estimar a reclamación presentada por en
representación de con data do 8 de abril de 2020, contra a
Resolución do 18 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de
Economía, Emprego e Industria pala que se dita resolución de acceso á información pública
en relación cunha solicitude formulada por sobre acceso a
expedientes referentes a explotacións mineiras na provincia de Lugo C.E. 1ª Ampliación a Ria
Pas N.º 4739 e C.E. 2ª Ampliación a Ria Pas N.º 4885.
Segundo: Instar a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a que de acceso de forma
inmediata á empresa á información que figura na resolución do 18
de marzo de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, da Consellería de Economía, Emprego e
Industria.
Terceiro: Instar a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a que, no prazo máximo de
10 días hábiles, remita a esta Comisión da Transparencia copia do envío ao reclamante da
información solicitada.
Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa unicamente cabe, en caso de
desconformidade, interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses,
contados desde o día seguinte á notificación desta resolución, ante a Sala do contencioso
administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co previsto no
artigo 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso
administrativa.
Firmado digitalmente por 76706870F
MARIA DOLORES FERNANDEZ (R:
S6500009C)
Fecha: 2020.07.01 12:27:39 +02'00'
María Dolores Fernández Galiño
Presidenta da Comisión da Transparencia.